Guía de procedementos e servizos

CO300B

Programa de dinamización comercial dirixido a federacións ou asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 19/05/2026 09:00 - 19/06/2026 20:00

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do Programa de dinamización comercial dirixido a federacións ou asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal.

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:

a) As asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación supere o municipal e se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos desta orde, entenderase que teñen un ámbito de actuación superior ao municipal cando, polo menos, o vinte por cento dos comercios polo miúdo asociados se atopen en dous ou máis concellos diferentes a aquel onde radique a sede da asociación.

b) As federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos desta orde, as federacións de asociacións de comerciantes deberán ter un mínimo de tres asociacións asociadas.

No caso de que o ámbito territorial da federación non supere o municipio, este deberá contar con máis de 68.000 habitantes.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos de San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545419

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Complexo Administrativo de San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545557

Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

19/05/2026 09:00 - 19/06/2026 20:00

 O prazo para a presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde as 9.00 horas do 5º día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

1. En todo caso, as asociacións e federacións de comerciantes deberán:

a) Estar debidamente constituída no momento da publicación desta orde no DOG.

b) Estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a orde de convocatoria.

2. Para os efectos desta orde, consideraranse asociacións e federacións de comerciantes aquelas en que o número total dos comercios retallistas integrados nelas sexa igual ou superior ao 50 % do número total de membros da entidade. Para estes efectos teranse en conta os comercios asociados incluídos nos IAE establecidos no anexo VII.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as federacións de carácter provincial integradas nunha federación de ámbito autonómico.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.

b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.

c) Anexo III. Declaración pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade solicitante que acredite:

– A composición actualizada da Xunta Directiva da entidade asociativa.

– O número total de membros asociados.

– O número de comercios retallistas asociados.

– Orzamento de exercicio corrente da entidade asociativa aprobado polo órgano competente.

d) Anexo IV. Certificado de ter aprobadas as contas anuais pola Xunta Directiva da entidade solicitante no exercicio inmediato anterior á convocatoria, e no caso de que aínda non estivesen aprobadas, no exercicio anterior a este.

e) Memoria asinada sobre o proxecto de dinamización e incentivación do consumo, segundo o modelo que consta na sede electrónica, que deberá incluír respecto de cada unha das actividades para as cales se solicita a subvención (mínimo 4):

– A denominación da actividade.

– A descrición individualizada, pormenorizada e detallada da actividade con indicación dos seus obxectivos xerais e específicos.

– A localización e as datas previstas para a súa realización.

– O número e as características dos/das participantes e beneficiarios/as.

– O orzamento desagregado e detallado dos gastos con indicación das fontes de financiamento e, se é o caso, a porcentaxe e contías achegadas por cada unha das partes.

f) Copia da acta da sesión en que se informen as persoas comerciantes asociadas do proxecto para o cal se solicita a subvención.

g) De ser o caso, documentación que acredite que a entidade ten concedida a exención prevista no artigo 20.un.12º da Lei 37/1992, sobre o imposto de valor engadido.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, para os efectos de percibir subvencións.

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social, para os efectos de percibir subvencións.

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia, para os efectos de percibir subvencións.

g) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa solicitante ou a persoa representante para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuadas electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa de dinamización comercial dirixido a federacións ou asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 87 do 12 de Maio de 2026).

    • Extracto da Orde do 28 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa de dinamización comercial dirixido a federacións ou asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 87 do 12 de Maio de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 27/03/2026 00:00 - 15/12/2026 23:59

IN214C

Premios do Comercio Galego

Tramitar en liña

Prazo aberto: 14/05/2026 00:00 - 15/06/2026 23:59

IN223B

Obtención e renovación do selo de Mercado Excelente

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR360B

Autorización para o visado dos documentos de acompañamento R(CE) 436/2009.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano