Guía de procedementos e servizos

BS700A

Subvencións a entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 07/10/2025 00:00 - 06/11/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

A concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia destinadas á prestación de servizos nos anos  2025 e 2026, ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas que se relacionan a continuación:

a) Para a xestión individual:

Concellos, incluídos os que resulten dunha fusión municipal, que conten cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2023, segundo a fonte do Instituto Galego de Estatística.

b) Para a xestión compartida:

1º. Agrupacións de concellos e/ou agrupacións de mancomunidades de concellos.

2º. Mancomunidades de concellos.

3º. Consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos. Quedan excluídas as deputacións provinciais.

2. Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento disto dará lugar á inadmisión da solicitude individual; considerarase como efectiva a de xestión compartida.

3. Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

Servizo de Programas para a Discapacidade

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544640

Email: programas.discapacidade@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

Servizo de Programas para a Discapacidade

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544640

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/10/2025 00:00 - 06/11/2025 23:59

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

1. As entidades interesadas deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I dirixida á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Igualdade en que se farán constar a totalidade de datos reflectidos naquel e que acreditan os aspectos relacionados no número 4 do artigo 12 das bases reguladoras. Coa solicitude acompañarase a documentación complementaria indicada no artigo 13 das bases reguladoras.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos establecidos na Orde do 27 de xullo de 2024 e na segunda convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así no o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

4. Na solicitude, anexo I, asinada polo/a representante da entidade ou no caso de agrupacións pola persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º das bases reguladoras, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nos artigos 5, 6 e 7 das bases reguladoras e demais normativa aplicable, concretamente:

a) Identificación da entidade solicitante, do/da representante, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.

b) Declaracións sobre outras subvencións, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser entidade beneficiaria, coñecemento do cofinanciamento do FSE+, obrigas e acordo coas actuacións de control.

c) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición ou consentimento expreso, segundo o caso, á consulta dos documentos sinalados no artigo 14.1 das bases reguladoras.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación conforme o previsto nas bases reguladoras:

a) Documentación acreditativa da representación (no caso de agrupacións, artigo 7.1.c).2º das bases reguladoras, acreditarase coa presentación da copia do convenio en que figure a designación).

b) Unicamente para agrupacións: copia do correspondente convenio de colaboración, que deberá ter o contido sinalado no artigo 7.1.c).2º e, se é o caso, documento complementario a aquel en que se reflictan os datos especificados no ordinal 2º.1, 2º. 2 e 2º. 3 do artigo 7.1.c) das bases reguladoras.

c) Anexo II. Certificación sobre acordo e datos. Deberá estar expedida polo/a secretario/a da entidade ou o representante da entidade ou agrupación segundo o previsto no convenio (artigo 7.1.c).2º) das bases reguladoras e nela constará, en función dos termos da solicitude, a acreditación dos requisitos e datos susceptibles de valoración:

1º. Datos relativos ao acordo sobre solicitude de subvención ou, se é o caso, ao convenio, en que se reflicta a aceptación das condicións e requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como os compromisos de cofinanciamento da actuación.

Concretamente especificaranse: órgano/s competente/s, data de adopción do acordo ou, se é o caso, do convenio en que se inclúa o acordo, tipo de xestión, individual ou compartida, directa ou indirecta, prazo de execución incluído dentro do período susceptible de subvención, número de integrantes do equipo, número de horas totais de traballo segundo grupos profesionais, calculadas de acordo co previsto no artigo 10.3 das bases reguladoras. No caso de inicio do prazo de execución con anterioridade á presentación da solicitude, a declaración de prestación nos termos do artigo 8 das bases reguladoras debe abranguer desde esa data, sen prexuízo da excepción reflectida no seu número 2.

2º. Exclusivamente para a xestión compartida: declaración sobre a xestión conxunta, mancomunada ou consorciada.

3º. Unicamente para mancomunidades e consorcios: determinación dos concellos membros que participan na prestación.

4º. Declaración sobre a data de posta en marcha do servizo configurado como tal polas entidades que presentan a solicitude.

5º. Declaración relativa á remisión de contas ao Consello de Contas de Galicia. Abrangue a obriga de todos e cada un dos concellos que formulan a solicitude ou que integran a/s entidade/s que a subscribe/n.

6º. Indicación da porcentaxe de persoas con discapacidade no/s respectivo/s cadro/s de persoal do/s concello/s sobre os que se prestará o servizo. No caso de seren varios, figurará a media das citadas porcentaxes.

7º. Declaración sobre cumprimento da normativa respecto da contratación do persoal ou da aplicable en materia de subvencións e contratación administrativa, de ser o caso.

8º. Unicamente para agrupacións: indicación da data de subscrición do convenio.

d) Anexo III. Certificación sobre o equipo de atención temperá e descrición do funcionamento do servizo. Deberá estar expedida polo/a secretario/a da entidade ou o representante da entidade ou agrupación segundo o previsto no convenio (artigo 7.1.c).2º das bases reguladoras) e nela constará o seguinte en función da acreditación dos requisitos e datos valorables referidos ao prazo de execución obxecto de solicitude:

1º. Indicación dos integrantes do equipo, datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo dedicadas ao servizo. No caso de contratación ou xestión indirecta futuras, cubriranse a totalidade dos datos, agás os persoais, e indicarase esta circunstancia.

2º. Datos relativos ás instalacións, réxime de prestación en función do horario semanal e número estimado de usuarios/as.

e) Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo VII).

f) Conforme o disposto na Orde TES/106/2024 pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE+ para o período de programación 2021-2027, será preciso acreditar, mediante un informe ou documento equivalente, que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente á Seguridade Social. No caso de ter bonificada a cota correspondente á Seguridade Social, para o cálculo do importe elixible descontarase do custo unitario por hora a parte proporcional correspondente ás bonificacións ou reducións que puideran estar asociadas ao pagamento das cotizacións sociais.

2. Sen prexuízo do disposto no número anterior, poderanse sinalar datos complementarios ou achegar calquera outra documentación que o solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración. Así mesmo, por parte da unidade tramitadora destas subvencións poderase solicitar a documentación complementaria aclaratoria que se considere pertinente.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

No caso de agrupación consultaranse os documentos sinalados nas letras a), b), c), d) e e) de cada un dos concellos e/ou mancomunidades integrantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orden de 27 de junio de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones a las entidades locales de la Comunidad Autónoma de Galicia para la prestación de servicios en lo marco de la Red gallega de atención temprana en los años 2024 a 2026, cofinanciada por la Unión Europea en el marco del Programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se convocan (DOG nº 132 del 9 de julio de 2024).

    • Resolución de 16 de octubre de 2024, de la Dirección General de Personas con Discapacidad, por la que se publica la Resolución de 15 de octubre de 2024 que pone fin al procedimiento de concesión de subvenciones a las entidades locales de la Comunidad Autónoma de Galicia para la prestación de servicios en el marco de la Red gallega de atención temprana en los años 2024 a 2026, cofinanciada por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se procede a su convocatoria (DOG nº 208 del 28 de octubre de 2024).

    • Extracto de la Orden de 27 de junio de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones a las entidades locales de la Comunidad Autónoma de Galicia para la prestación de servicios en lo marco de la Red gallega de atención temprana en los años 2024 a 2026, cofinanciada por la Unión Europea en el marco del Programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se convocan (DOG nº 132 del 9 de julio de 2024).

    • Orde do 24 de setembro de 2025 pola que se efectúa a segunda convocatoria de axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027(DOG nº 192 do 06 de outubro de 2025).

    • Extracto da Orde do 24 de setembro de 2025 pola que se efectúa a segunda convocatoria de axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (DOG nº 192 do 06 de outubro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano