Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS700A - Subvencións a entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, susceptible de ser cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Obxecto
1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e aproba a convocatoria para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia destinadas á prestación de servizos nos anos 2022, 2023 e 2024, ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá (código de procedemento BS700A).
2. Serán subvencionables os servizos desta natureza constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 8 que se desenvolvan no período que abrangue desde o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2024, segundo o que nel se indica.
3. A prestación poderá realizarse mediante xestión individual ou compartida segundo o previsto no artigo 6 e ser directa ou indirecta mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación.
4. As subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:
a) Programa I, destinado á consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.
Serán obxecto deste programa os proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades locais ou agrupacións destas que sexan continuidade daqueles que foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería e que garantan a continuidade na atención ás persoas destinatarias no seu respectivo ámbito territorial.
b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.
Serán obxecto deste programa os novos proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades locais ou agrupacións destas, que non foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería.
5. O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non-discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
6. Dado que a presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, respectarase, de ser o caso, o previsto no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013; no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e Política de Visados, así como nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.
Tamén é de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
7. O procedemento de concesión de subvencións regulado na presente orde ten o código BS700A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios de inicio específicos, de uso obrigatorio para os interesados.
Actuacións e período subvencionable .
1. Considéranse subvencionables, de acordo co establecido no artigo 1, a prestación de servizos de atención temperá ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, e sempre que concorran as seguintes circunstancias, con independencia de que a xestión sexa directa ou indirecta:
a) O obxecto daquela estará exclusivamente integrado polo conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e a súa contorna, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. A atención estenderase ata a data de finalización do curso escolar cando o cumprimento da idade de 6 anos sexa anterior a esta.
b) O período máximo subvencionable abranguerá desde o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2024; polo tanto, son 24 meses.
c) O equipo humano responsable da prestación deberá:
1º. Contar cun mínimo de tres integrantes.
2º. Ser interdisciplinar e estar integrado por profesionais diferentes de entre os seguintes graos: Pedagoxía, Psicopedagoxía, Psicoloxía, Logopedia, Educación Social, Traballo Social, Maxisterio, Enfermaría, Terapia Ocupacional, Fisioterapia e Medicina. O persoal deberá estar especializado en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou en apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente nestas materias para realizar as súas funcións.
d) De acordo co establecido no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais, para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, os servizos de atención temperá deberán comprender as prestacións de:
1º. Diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as.
2º. Desenvolvemento psicomotor.
3º. Desenvolvemento cognitivo.
4º. Desenvolvemento da linguaxe e comunicación.
5º. Desenvolvemento da autonomía.
6º. Desenvolvemento da área social e afectiva.
7º. Apoio, información, habilitación e formación da familia.
e) A prestación do servizo deberá realizarse sen interrupcións durante todo o período subvencionado en horario de mañá todos os días hábiles da semana e, ademais, un mínimo de dous días á semana, en horario de tarde, cun mínimo de dúas horas cada tarde (desde as 15.30 horas en diante).
2. No caso de inicio do prazo de execución con anterioridade á presentación da solicitude, para que a actuación se considere subvencionable debe terse prestado desde o inicio do dito prazo de execución e nos termos expostos no número anterior, agás os requisitos establecidos nas letras c) e e), que serán exixibles unha vez vencido o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución de concesión da axuda.
Gastos subvencionables .
1. Consideraranse gastos subvencionables os derivados da execución do servizo de atención temperá nos prazos e períodos de referencia e segundo o seguinte:
a) Gastos directos: inequivocamente identificables coa actividade subvencionada e cuxo nexo poida demostrarse de maneira indubidable:
1º. Custos de persoal:
1º.1. As retribucións brutas pactadas coa empresa ou establecidas en convenio colectivo. Inclúense neste concepto as percepcións salariais seguintes: o salario base, os complementos por antigüidade, os complementos por coñecementos especiais, complemento de quendas, nocturnidade, penosidade ou outros complementos derivados da actividade, as pagas extraordinarias, os incentivos á produción, as horas extraordinarias e os complementos de residencia.
1º.2. As percepcións extrasalariais pactadas coa empresa ou establecidas en convenio colectivo para os conceptos de complemento de distancia e transporte, aboadas pola empresa aos traballadores para os efectos de minorar ou sufragar o seu desprazamento ata o centro de traballo habitual.
1º.3. A indemnización por finalización do servizo prestado que se regula no artigo 49.1.c) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cando o servizo estea vinculado á operación susceptible de ser cofinanciada polo FSE+.
1º.4. As cotizacións sociais e impostos a cargo do traballador e a Seguridade Social a cargo da empresa.
1º.5. Os custos de persoal que formen parte da prestación de servizos externos, sempre que na factura emitida polo provedor dos servizos se identifique claramente a parte correspondente a custos de persoal.
1º.6. No suposto de persoal propio, a identidade da actuación deberá constar no contrato de traballo ou nunha asignación previa de funcións directas e, ademais, no caso de dedicación parcial, deberá constar na xustificación documental a totalidade das horas de traballo, con pormenorización das dedicadas á actividade subvencionada, así como ás demais funcións.
1º.7. No caso de xestión indirecta mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, deberá figurar documentalmente a vinculación coa prestación da actividade subvencionada, tempo de dedicación, horarios e retribucións. Así pois, nas facturas emitidas pola entidade prestadora deberán figurar os datos persoais de cada un dos integrantes do equipo de traballo, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número total de horas de traballo de cada técnico.
2º. Outros: axudas de custo e gastos de locomoción do persoal adscrito ao servizo que deriven das actuacións de coordinación con outros ámbitos, como o educativo, o sanitario ou outros ámbitos dos servizos sociais, visitas domiciliarias e outros desprazamentos relacionados coa execución das correspondentes tarefas.
b) Gastos indirectos: non vinculados directamente coa actividade subvencionada, mais necesarios para a súa execución. Gastos en bens consumibles e en material funxible, alugueiro de instalacións e de funcionamento: luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade, e outros custos xerais de estrutura necesarios para que esta actividade se realice.
2. Os citados gastos deberán estar realizados dentro do prazo establecido no artigo 1.2 e estar efectivamente pagados nas datas límite de xustificación, concretamente:
a) O 15 de novembro de 2023, para o período comprendido ente o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023.
b) O 15 de novembro de 2024, para o período comprendido entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.
De acordo co disposto no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para os efectos da consideración como subvencionable considerarase efectivamente pagado o gasto cando quede xustificado o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola entidade beneficiaria. No caso de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación destas.
3. Non serán subvencionables os gastos derivados de ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non recuperable.
4. No caso de que as actuacións determinadas no artigo 8 sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013; no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e Política de Visados; e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.
5. Os concellos beneficiarios da subvención poderán concertar, total ou parcialmente, a prestación de servizos de atención temperá con entidades de iniciativa social debidamente autorizadas, de acordo co establecido nos artigos 33 bis a 33 septies da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servicios sociais de Galicia; o Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e someterse ao establecido no artigo 215 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, ou, en caso de non estar dentro do seu ámbito de aplicación, ao establecido no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Estas entidades de servizos sociais, ademais de acreditaren a disposición de medios e recursos suficientes para garantir o cumprimento das condicións establecidas nesta convocatoria, deberán figurar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais e cumprir os demais requisitos exixidos pola normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa de aplicación.
6. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas que se relacionan a continuación:
a) Para a xestión individual: concellos, incluídos os que resulten dunha fusión municipal, que conten cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data 1 de xaneiro de 2021 (fonte Instituto Galego de Estatística).
b) Para a xestión compartida:
1º. Agrupacións de concellos e/ou agrupacións de mancomunidades de concellos.
2º. Mancomunidades de concellos.
3º. Consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos. Quedan excluídas as deputacións provinciais.
2. Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento disto dará lugar á inadmisión da solicitude individual; considerarase como efectiva a de xestión compartida.
3. Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Requisitos
Requisitos específicos .
1. Para ser admitida a solicitude ao abeiro desta orde, sen prexuízo da totalidade da normativa aplicable, deberán cumprirse os seguintes requisitos específicos, que se acreditarán na forma establecida nos artigos 12 e 13 desta orde:
a) Requisitos aplicables a todos os solicitantes:
1º. Estar a/as entidade/s ou a totalidade dos concellos integrantes inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.
2º. Ter adoptado polo órgano competente acordo de solicitude de subvención respecto do servizo de atención temperá de que se trate e nas condicións en que este se preste, aceptación das condicións e demais requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como o compromiso de cofinanciamento para a execución no período que se sinale, que deberá estar incluído no intervalo sinalado no artigo 8.1.b).
No caso de agrupacións, o acordo pode figurar no texto do convenio sinalado na letra c), ordinal 2º, ou de xeito independente, sempre que sexa subscrito por todos os asinantes daquel.
3º. Ter cumprida a entidade ou a totalidade de concellos integrantes, no caso de xestión compartida, a obriga establecida nos artigos 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, referida á remisión da conta xeral do exercicio orzamentario que corresponda ao Consello de Contas.
4º. Cumprir as condicións establecidas no artigo 8 respecto da prestación do servizo para que a actuación sexa susceptible de subvención.
b) No caso de solicitude para xestión individual: contar co censo mínimo sinalado no artigo 6.1.a).
c) No suposto de solicitude para xestión compartida:
1º. Deberá xestionar o servizo de forma conxunta a agrupación ou, se é o caso, de forma mancomunada ou consorciada e implicar aforro de custos respecto dos que suporía a prestación individual por parte dos/das concellos e/ou mancomunidades integrantes. En ningún caso poderá consistir en actuacións independentes daqueles.
2º. No caso de agrupacións de concellos, ter subscrito un convenio de colaboración entre todos os integrantes cuxo obxecto sexa a prestación do servizo, nos termos especificados nos artigos 1 e 8 e con vixencia durante todo o período respecto do cal se solicita subvención e ata que transcorra o prazo establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Ademais, deberá reflectir os seguintes datos:
2º.1. Determinación do concello encargado de xustificar a subvención, que será a nome do que, se é o caso, se ingresen os fondos.
2º.2. Nomeamento de representante.
2º.3. Determinación dos compromisos de execución asumidos por cada un dos concellos, así como a porcentaxe de subvención que lles corresponderá a cada un deles.
De ter subscrito un convenio anterior á publicación desta orde con tal obxecto e vixencia, admitirase documento anexo a el no cal se reflictan os datos sinalados neste ordinal 2º.1, 2 e 3, debidamente asinado polos correspondentes representantes.
Figurará na páxina web da Consellería (http://politicasocial.xunta.gal), na epígrafe relativa á información da presente orde, un modelo de convenio.
3º. No suposto de agrupación de concellos e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos, deberán determinar os concellos membros daqueles que participan na prestación do servizo.
2. Os citados requisitos deberán estar cumpridos en función das seguintes datas de referencia:
a) En data 1 de xaneiro de 2021, o recollido no número 1.b) para o caso de xestión individual.
b) Con carácter previo ao inicio do prazo de execución respecto do cal se solicita a subvención:
1º. Os establecidos no número 1.a), ordinais 1º e 4º, sen prexuízo do reflectido no artigo 8.2.
2º. Os sinalados no número 1.c), ordinais 1º, 2º e 3º, sen prexuízo da necesidade de existencia de convenio na dita data nas condicións especificadas. Os datos do número 1.c), no ordinal 2º.1, 2 e 3, poderán ser determinados con data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
c) Na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes os especificados no número 1.a), ordinais 2º e 3º.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540142/ 981546736/ 981547398
Fax: 981545691
Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es
Órgano responsable
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2022).
Extracto da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2022).
Resolución do 31 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2023).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
01/11/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes .
Documentación para a presentación
Solicitudes .
1. As entidades interesadas deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I dirixida á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Xuventude, na cal se fará constar a totalidade de datos reflectidos naquel e que acreditan os aspectos relacionados no número 4. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable. Coa solicitude xuntarase a documentación complementaria indicada no artigo seguinte.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude, anexo I, asinada polo/a representante da entidade, ou no caso de agrupacións, pola persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nos artigos 5, 6 e 7 desta orde e demais normativa aplicable:
a) Identificación do solicitante, do/da representante, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.
b) Declaracións sobre outras subvencións, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, coñecemento do cofinanciamento do FSE+, de ser o caso, obrigas e acordo coas actuacións de control.
c) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente, con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición ou consentimento expreso, segundo o caso, á consulta dos documentos sinalados no artigo 14.1 desta orde.
Documentación complementaria .
1. Coa solicitude xuntarase a documentación acreditativa da representación e dos requisitos establecidos no artigo 7.1, dos datos de execución concretos e dos susceptibles de valoración e, se é o caso, da personalidade e cumprimento de obrigas:
a) Unicamente para o caso previsto no artigo 14.2, os documentos sinalados no seu número 1.
b) Documentación acreditativa da representación (no caso de agrupacións –artigo 7.1.c).2º– acreditarase coa presentación da copia do convenio en que figure a designación).
c) Unicamente para agrupacións: copia do correspondente convenio de colaboración, que deberá ter o contido sinalado no artigo 7.1.c).2º e, se é o caso, documento complementario a aquel en que se reflictan os datos especificados no ordinal 2º.1, 2 e 3.
d) Anexo II. Certificación sobre acordo e datos. Deberá estar expedida polo/a secretario/a da entidade ou o representante da entidade ou agrupación, segundo o previsto no convenio, (artigo 7.1.c).2º) e nela constará o seguinte, en función dos termos da solicitude, a acreditación dos requisitos e datos susceptibles de valoración:
1º. Datos relativos ao acordo sobre solicitude de subvención ou, se é o caso, ao convenio, no que se reflicta a aceptación das condicións e requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como os compromisos de cofinanciamento da actuación.
Especificaranse: órgano/s competente/s; data de adopción daquel ou, se é o caso, do convenio en que se inclúa o acordo; tipo de xestión, individual ou compartida, directa ou indirecta; prazo de execución incluído dentro do período susceptible de subvención; número de integrantes do equipo; número de horas totais de traballo segundo grupos profesionais, calculadas de acordo co previsto no artigo 10.3. No caso de inicio do prazo de execución con anterioridade á presentación da solicitude, a declaración de prestación nos termos do artigo 8 debe abranguer desde esa data, sen prexuízo da excepción reflectida no seu número 2.
2º. Exclusivamente para a xestión compartida: declaración sobre a xestión conxunta, mancomunada ou consorciada.
3º. Unicamente para mancomunidades e consorcios: determinación dos concellos membros que participan na prestación.
4º. Declaración sobre a data de posta en marcha do servizo configurado como tal polas entidades que presentan a solicitude.
5º. Declaración relativa á remisión de contas ao Consello de Contas de Galicia. Abrangue a obriga de todos e cada un dos concellos que formulan a solicitude ou que integran a/as entidade/s que a subscribe/n.
6º. Indicación da porcentaxe de persoas con discapacidade no/nos respectivo/s cadro/s de persoal do/dos concello/s sobre os cales se prestará o servizo. No caso de seren varios, figurará a media das citadas porcentaxes.
7º. Declaración sobre cumprimento da normativa respecto da contratación do persoal ou da aplicable en materia de subvencións e contratación administrativa, de ser o caso.
8º. Unicamente para agrupacións: indicación da data de subscrición do convenio.
e) Anexo III. Certificación sobre o equipo de atención temperá e descrición do funcionamento do servizo. Deberá estar expedida polo/a secretario/a da entidade ou o representante da entidade ou agrupación segundo o previsto no convenio (artigo 7.1.c).2º), e nela constará o seguinte en función da acreditación dos requisitos e datos valorables referidos ao prazo de execución obxecto de solicitude:
1º. Indicación dos integrantes do equipo, datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo dedicadas ao servizo. No caso de contratación ou xestión indirecta futuras, cubrirase a totalidade dos datos, agás os persoais, e indicarase esta circunstancia.
2º. Datos relativos ás instalacións, réxime de prestación en función do horario semanal e número estimado de usuarios/as.
f) Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo VII).
2. Sen prexuízo do disposto no número anterior, poderanse sinalar datos complementarios ou achegar calquera outra documentación que o solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración. Así mesmo, a unidade tramitadora destas subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que considere pertinente.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de agrupación, consultaranse os documentos sinalados nas letras a), b), c), d) e e) de cada un dos concellos e/ou mancomunidades integrantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexos asociados
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"