Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS623E
Axudas para a realización de actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para a realización de actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións en vivendas dos concellos de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e proceder á súa convocatoria para o período 2024-2025.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan á súa disposición un inmoble que cumpra as condicións exixidas por esta convocatoria.
Este proxecto promove recursos residenciais estables na atención ao senfogarismo e outras tipoloxías de exclusión residencial, polo que as ditas edificacións para vivendas estarán afectadas e destinaranse á atención ás persoas sen fogar, impulsando a aplicación de modelos de atención e metodoloxía de acompañamento integral centrados na persoa e desde un enfoque baseado na vivenda (housing-led e housing-first).
As entidades locais deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Servizos Sociais Comunitarios e Xestión Económica
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957693
Email: sxsscomunitarios@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
04/07/2024 00:00 - 05/08/2024 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Solicitudes.
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser entidade beneficiaria dela.
Documentación complementaria.
1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Certificación da entidade en que conste o acordo ou a resolución da entidade local en que se exprese a intención de acometer a actuación obxecto da solicitude de axuda.
b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude.
c) Compromiso, asinado pola persoa titular da intervención da entidade local, do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida.
d) Anexo II, relativo á memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención, en que se indique a adecuación ao obxectivo proposto, descrición de actividades concretas que se pretenden realizar, calendario de realización, adecuación dos medios estruturais, materiais e técnicos para o desenvolvemento e xestión do proxecto.
e) Anexo IV, declaración do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
f) Anexo V, declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución das actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
g) Certificado co número de intervencións asociadas a «persoas sen fogar» (sector de referencia nº 10) no seu sistema de información de servizos sociais, no caso de non usar o sistema de información de usuarios/as de servizos sociais (SIUSS).
h) Documentación técnica segundo a natureza da actuación sobre a cal se solicita a subvención, que deberá comprender:
1º. Para a execución de obras deberase achegar a seguinte documentación:
1º.1. Proxecto, anteproxecto ou memoria valorada de obra, axustados á normativa vixente de conformidade coas especificacións legais, técnicas e arquitectónicas, adecuadas ás persoas usuarias do centro.
1º.2. Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble ou, no caso de que sexan inmobles arrendados ou cedidos, contrato de arrendamento ou documento acreditativo de cesión durante o período subvencionado e autorización do propietario.
1º.3. Declaración responsable de que solicitarán as licenzas e permisos necesarios.
2º. Para a adquisición de subministracións e equipamento, deberase achegar o orzamento das persoas provedoras, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados con anterioridade ante calquera Administración. Neste caso, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitáselle novamente á entidade solicitante a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades solicitantes presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou das distintas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración tributaria.
d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificación de estar inscrito no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
g) Certificación de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.
h) Actos de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades solicitantes se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade solicitante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades solicitantes que presenten os documentos correspondentes.
- Fase de Solicitude
- Criterios de Valoración e Memoria Explicativa sobre o Proxecto obxecto da solicitude (Anexo II)
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
- Fase de Solicitude
- Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do plan de recuperación transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo IV)
- Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución das actuacións do plan de recuperación, ransformación e resiliencia (PRTR) (Anexo V)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Solicitude de Pagamento (Anexo III)
- Renuncia de la Subvención (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Estatal
-
Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no Sector da Construción (BOE nº 250 de 19 de outubro de 2006).
-
Real Decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (BOE nº 204, de 25 de agosto de 2007).
-
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións en vivendas dos concellos de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (DOG nº 128 do 3 de xullo de 2024).
-
Extracto da Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións en vivendas dos concellos de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (DOG nº 128 do 3 de xullo de 2024).
-
Resolución do 17 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (DOG nº 213 do 5 de novembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano