Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS623D - Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades
Convocar para o ano 2023 as axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.
Entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumprir os requisitos específicos establecidos no artigo 5 para cada liña de actuacións que se subvencionan, se é o caso:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
A/as entidade/s solicitante/s de axudas para realización de programas recollidos nas liñas I, II, III e VII, e/ou execución de proxectos de investimento recollidos nas liñas IV e VIII deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Xuventude.
A/as entidade/s solicitantes de axudas para a realización de programas recollidos na liña V deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís (REX) da Consellería de Política Social e Xuventude, agás no caso de entidades solicitantes de natureza fundacional legalmente constituídas que entre o seu obxecto social e finalidade inclúan especificamente a realización de actuacións destinadas á protección, promoción e mellora da xuventude.
A/as entidade/s solicitante/s de programas da liña VI deberán estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (RAV) da Consellería de Política Social e Xuventude.
O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio polo órgano da Administración convocante.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpran cada unha das entidades que a integran e a dita agrupación presente a solicitude de inscrición no rexistro correspondente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de entidades de nova creación legalmente constituídas que se subroguen nos dereitos e obrigas de entidades que xa estivesen constituídas legalmente, entenderase cumprido o requisito sempre que a entidade trasmitente estivese constituída con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, no Rexistro de Entidades Xuvenís ou no Rexistro de Acción Voluntaria, de ser o caso. A nova entidade, en todo caso, deberá solicitar a súa inscrición no rexistro correspondente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, a entidade solicitante acreditará que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos números 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Figurar nos estatutos da/das entidade/s solicitante/s que os seus fins institucionais son a realización e a execución de programas sociais de similar natureza á dos programas de interese xeral para fins de carácter social para os que solicita/n a subvención.
e) Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na mesma liña do anexo I a que concorre, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso mediante declaración responsable do representante legal.
No caso de que se solicite axuda para un proxecto de investimento da liña IV, deberá acreditar a citada experiencia e especialización na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na liña III do dito anexo I.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpra cada unha das entidades que a integran.
No caso de entidades de nova creación legalmente constituídas que se subroguen nos dereitos e obrigas de entidades constituídas legalmente entenderase cumprido o requisito se o cumpría a entidade trasmitente.
2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
3. No caso de entidades que formen parte de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico, a solicitude das axudas realizarase sempre a través da entidade en que estea integrada e non de forma individual.
No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias delas para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante. En todo caso, cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1.
4. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades sen personalidade xurídica que recollan nos seus acordos de constitución similares fins institucionais nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1.
b) As entidades agrupadas deberán achegar un acordo no cal se indiquen os compromisos de execución asumidos por cada unha delas como membro da agrupación, así como o importe da subvención que se aplicará igualmente por cada unha delas, que terán igualmente a condición de entidades beneficiarias.
c) Deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Na execución de cada un dos programas presentados debe participar, cando menos, o 50 % das entidades que concorren agrupadas.
5. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Requisitos e importe dos programas e actuacións subvencionables .
1. As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social. O contido dos programas deberá axustarse aos requisitos establecidos para as liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa.
Os programas desenvolveranse no ano 2024, e a data límite de presentación da documentación xustificativa é o 15 de marzo de 2025, segundo o estipulado no artigo 23.
2. O orzamento mínimo de cada programa será de 5.000 €. O número máximo de programas para os que se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada uns dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas de actuación, será o seguinte:
a) Para a liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 60.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 5 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 130.000 €.
b) Para a liña II: actuacións de inclusión social:
1º. Programas dirixidos a cubrir necesidades básicas:
1º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 programa como máximo dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 60.000 €.
1º.2. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 1 programa dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 350.000 €.
2º. Programas dirixidos a persoas sen fogar:
2º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 programa como máximo dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 200.000 €.
2º.2. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 200.000 €.
3º. Resto de programas dirixidos á inclusión social das persoas en situación ou risco de exclusión social:
3º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
3º.2. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 200.000 €.
c) Para a liña III (actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade) e liña VII (actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores):
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 40.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións de ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 8 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 300.000 €.
d) Para a liña IV (proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade) e liña VIII (proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores):
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. O proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións de ámbito autonómico poderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integren. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 150.000 €.
e) Para a liña V: actuacións destinadas á xuventude:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 20.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 30.000 €.
f) Para a liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 3 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 15.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
3. Para os efectos desta orde entenderase que unha agrupación, entidade ou asociación ten ámbito autonómico cando esta, ou ben de xeito conxunto as entidades que a conforman, acredite que ten xestionado e executado programas sociais similares aos definidos no anexo I no ámbito das catro provincias galegas, durante un prazo mínimo de 2 anos.
4. Será requisito común para todos os programas das liñas de actuación subvencionables comprendidos nesta orde en que participe persoal voluntario a subscrición e vixencia dunha póliza de seguro de accidentes e de responsabilidade civil por parte da entidade a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados, de conformidade co previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, durante toda a súa duración e que respondan dos prexuízos que se poidan causar durante o desenvolvemento da actuación subvencionable.
5. Para todos os programas destinados ás actuacións de inclusión da liña II serán requisitos comúns:
a) Os programas desenvolveranse de conformidade coas prioridades e obxectivos previstos na anterior Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020, e no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión.
b) Será requisito necesario que as persoas beneficiarias se encontren en risco ou situación de exclusión social, entendendo que a persoa se atopa nesta situación cando cumpra os requisitos previstos no artigo 3 da lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, ausencia ou déficit grave de recursos económicos, así como concorrencia dalgún factor de exclusión. As entidades beneficiarias acreditarán o cumprimento deste requisito mediante declaración responsable.
c) Os programas deberán describir concreta e amplamente como se van desenvolver as actuacións, indicando a denominación da actividade, o número de horas, o número de participantes, as accións de adquisición de hábitos sociais e laborais, que serán adecuadas ás necesidades do mercado e das propias persoas beneficiarias, e, de ser o caso, as accións concretas que se realizarán para acadar a inserción laboral das persoas beneficiarias. Ademais, deberán concretar o número de persoas beneficiarias, as súas características en relación coas accións que se van desenvolver e os criterios establecidos para a súa selección.
d) As persoas profesionais que leven a cabo estes programas, deberán contar con experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que se vai realizar.
e) Os programas que se realicen en centros penais deberán contar coa preceptiva autorización da dirección dos centros de que se trate.
6. Para os programas destinados ás actuacións de inclusión da liña II serán requisitos específicos:
a) En relación cos programas de apoio á inclusión sociolaboral (letra b) da liña II: os itinerarios deberán incluír, cando menos, as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión de Galicia considera indispensables e obrigatorias para a realización dun itinerario de inclusión de conformidade do Decreto 61/2016, do 11 de febreiro.
Nos casos de itinerarios de inclusión básica deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social, acompañamento social, acción de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.
Nos casos de itinerarios de inclusión e transición ao emprego deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social, acompañamento social, acción de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais e as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral, entendendo que son as que a Carteira de servizos de inclusión define como tales: actuacións de formación prelaboral, orientación laboral, formación ocupacional, acompañamento laboral e todas aquelas que promovan a mellora da empregabilidade.
As persoas traballadoras que estean contratados a xornada completa terán que acreditar a atención a un mínimo de 40 persoas, das cales 24 deberán ter realizadas polo menos as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias.
O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.
Se as persoas atendidas son persoas sen fogar ou se atopan en situación de exclusión severa, circunstancia que se fará constar no momento da solicitude, exixirase, para unha dedicación a xornada completa, a atención de 15 persoas que deberán ter realizadas, polo menos, as prestacións obrigatorias elixidas, do mesmo xeito que no punto anterior, así como prestacións do servizo de apoio á inclusión residencial. En caso de xornadas distintas, farase o cálculo proporcional.
As persoas atendidas nos programas de apoio á inclusión socio laboral non poderán participar noutros programas de apoio á inclusión sociolaboral financiados pola Consellería de Política Social e Xuventude que teñan a mesma finalidade.
A acreditación do cumprimento destes requisitos farase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade e da persoa responsable da prestación, que acompañará a memoria da actuación segundo o modelo establecido pola dirección xeral competente en materia de inclusión social.
b) En relación cos programas dirixidos a persoas sen fogar e en exclusión residencial grave (liña II.2): de conformidade coa descrición contida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, enténdense que son programas dirixidos ás persoas sen teito, sen vivenda, con vivendas inseguras ou inadecuadas que non poden acceder ou conservar un aloxamento axeitado, adaptado á súa situación persoal, permanente e que proporcione un marco estable de convivencia, xa sexa por razóns económicas ou outras barreiras sociais ou porque presentan dificultades persoais para levar unha vida autónoma ou se trate de persoas que precisan apoio para a súa inclusión residencial.
Os programas integrais de inclusión sociolaboral de inclusión básica deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral, acompañamento social, aloxamento completo, manutención, accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.
Os programas integrais de inclusión sociolaboral de inclusión e transición ao emprego deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral, acompañamento social, aloxamento completo, manutención, accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais e accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.
c) En relación cos programas de formación e de reforzo socioeducativo (letras c) e d) da liña II.1): no caso de que a entidade solicitante de axuda para a realización de programas de formación solicite tamén axuda para a realización dalgún programa de apoio á inclusión sociolaboral, ou ben teña concedida algunha axuda para a realización dun programa de apoio á inclusión sociolaboral con financiamento doutra convocatoria de axudas xestionada pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, deberá acreditar que os programas de formación solicitados non están integrados entre as prestacións incluídas nos devanditos programas de apoio á inclusión sociolaboral.
7. Para os programas referidos ás actuacións destinadas ao voluntariado na liña VI serán requisitos específicos:
a) Indicar o número de persoas voluntarias.
b) Indicar o número de persoas beneficiarias.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995437
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2023).
Extracto da Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2023).
Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (DOG nº 243 do 26 de decembro de 2023).
Resolución do 2 de xaneiro de 2024 pola que se publica a Resolución do 29 de decembro de 2023 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
19/07/2023 00:00 - 18/08/2023 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
1. A/as entidade/s deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo II dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, á cal se lle xuntará a documentación complementaria indicada no artigo seguinte. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No formulario de solicitude, anexo II, asinado polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:
a) Identificación da entidade solicitante, da persoa representante, enderezo, datos bancarios.
b) Os datos do/dos programa/s ou investimento respecto do/dos cales se solicita subvención: liña, actuación, denominación e importe solicitado expresado en euros.
c) Declaracións sobre:
1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas: a entidade deberá declarar se solicitou ou se lle concederon outras axudas para o/os programa/s ou investimento/s para o/os cales se solicita subvención, con expresión do organismo concedente, ano, importe expresado en euros e disposición reguladora da axuda solicitada ou concedida. En caso contrario, a entidade deberá declarar que non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para o/os programa/s para o/os que se solicita subvención.
2º. Veracidade dos datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.
3º. Inexistencia de causa que implique prohibición para ser entidade beneficiaria; estar ao día no pagamento de obrigas por reintegros de subvencións e, ao mesmo tempo, estar ao día no pagamento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
4º. Cumprimento de requisitos establecidos na normativa vixente e da dispoñibilidade da documentación que así o acredite no caso de que sexa requirida pola Administración.
5º. Que a/as actuación/s para a/as que solicita subvención se desenvolven de maneira real e efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
6º. Condicións do persoal contratado que vai participar no programa: inexistencia de sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil.
Polo que se refire ás persoas voluntarias que van participar nel e que estean relacionadas con menores de idade, non poderán ter antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, do voluntariado.
7º. Coñecemento das obrigas derivadas desta orde e demais normativa aplicable.
8º. No caso de programas orientados a actuacións de inclusión social das persoas incluídos no anexo I (liña II), que todas as persoas destinatarias das referidas actuacións dos programas están en situación ou risco de exclusión social, ou ben nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de persoa inmigrante.
Ao mesmo tempo, declararase que a entidade solicitante dispón da documentación que acredite as circunstancias anteriores e da dispoñibilidade que así o acredite no caso de que sexa requirida pola Administración.
9º. Que nos programas de apoio á inclusión sociolaboral (letra b) da liña II os itinerarios incluirán, cando menos, as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión de Galicia considera indispensables e obrigatorias para a realización dun itinerario de inclusión, de conformidade do Decreto 61/2016, do 11 de febreiro.
10º. Que os programas de formación e de reforzo socioeducativo (letras c) e d) da liña II.1) para os cales solicitan, de ser o caso, subvención, non están incluídos entre as prestacións dos programas de apoio á inclusión sociolaboral financiados dentro doutra convocatoria de axudas xestionada pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
11º. Que nos programas que conten coa participación de persoal voluntario, a entidade subscribiu un seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cobre as persoas voluntarias durante a duración da actuación subvencionable.
12º. Que a entidade solicitante posúe, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, experiencia e especialización durante un prazo mínimo de dous anos na xestión e execución dos programas definidos do anexo I que se solicitan, así como os medios persoais e materias necesarios para o desenvolvemento destes.
13º. Que a entidade se comprometese a manter o cumprimento das anteriores obrigas durante o período de tempo inherente ao devandito recoñecemento ou exercicio.
14º. Que nos proxectos de execución de obras das liñas IV e VIII disponse da titularidade suficiente sobre o inmoble por un prazo non inferior a 10 anos, contado desde a data de publicación da convocatoria.
15º. Que nos proxectos de execución de obras das liñas IV e VIII o representante da entidade solicitará as licenzas e permisos, no caso de que estes sexan exixidos pola normativa vixente de aplicación, segundo o tipo de obra de que se trate.
d) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1 desde orde.
Documentación complementaria .
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa sobre o programa obxecto da solicitude de subvención (anexo III) para todos os programas relativos a todas as liñas de actuación descritas no anexo I (no caso de achegar memoria complementaria da memoria explicativa está terá unha extensión máxima de 10 folios), agás os programas relativos ás liñas IV e VIII.
b) Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV), no caso de programas incluídos dentro das liña IV e VIII do anexo I.
c) Información para a valoración das entidades (anexo V).
d) Estatutos debidamente legalizados, co obxecto de verificar que a entidade carece de ánimo de lucro e que os seus fins institucionais corresponden á realización e á execución de programas sociais de similar natureza á dos programas para os cales se solicita subvención, entre outros requisitos exixidos no artigo 4.
e) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade.
f) No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro e o importe da subvención que se aplica a cada un.
g) Documentación acreditativa dos requisitos establecidos no anexo I:
1º. En relación coas subvencións para a liña II, actuacións de inclusión social, no caso de que os programas se realicen en centros penais, autorización da dirección dos centros de que se trate, para o desenvolvemento e execución do programa.
2º. En relación coas subvencións para as liñas IV e VIII:
2º.1. Para a execución de obras:
2º.1.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.1.2. Proxecto ou anteproxecto de obras, axustado á normativa vixente de acordo coas especificacións legais, técnicas e arquitectónicas, adecuadas aos usuarios do centro.
Cando se trate de obras de menor contía de acordo co establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos del sector público, deberá presentarse, no seu lugar, un orzamento detallado e unha memoria abreviada asinada polo contratista.
2º.2. Para a adquisición de bens inmobles:
2º.2.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.2.2. Orzamento detallado.
2º.2.3. Certificado do taxador independente debidamente acreditado, inscrito no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, en que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.
2º.3. Para a adquisición de subministracións, equipamentos ou vehículos:
2º.3.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.3.2. Orzamento da casa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.
3º. No caso de solicitudes presentadas por federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico achegarase unha declaración responsable en que consten relacionadas as respectivas entidades asociadas que representan.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola/s persoa/s interesada/s para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da/das persoa/s interesada/s para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitarlle á/ás persoa/s interesada/s a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Axudas para a realización de actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar.