Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS623C
Subvencións a entidades locais para programas de inclusión social , cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
A concesión de axudas ás entidades locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal durante os exercicios 2025 ao 2027, que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral.
Terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e, particularmente, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana en Galicia, a poboación inmigrante residente en Galicia e as persoas sen fogar, cando se trate de participantes nos programas e nas actuacións previstas nos artigos 4 e 5.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións que se convocan nesta orde as entidades locais que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1.
2. Enténdense incluídas no número anterior as agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, de acordo co título III da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia.
Non obstante o anterior e, en relación con aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de entidades locais, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos considerarase que non queda suficientemente acreditado este aspecto cando as persoas usuarias participantes do programa estean empadroadas nun único concello dos integrantes da devandita agrupación ou o servizo a estes non se preste a través dun único dispositivo. Esta última característica non será aplicable no caso de programas de natureza inequívoca e exclusivamente formativa.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión
Edificio Administrativo de San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545564
Fax: 981545638
Email: subvencions-inclusion.politicasocial@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545615
Fax: 981545638
Email: subvencions-inclusion.politicasocial@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
20/08/2025 00:00 - 19/09/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Os sábados e os festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.
Aquelas entidades locais solicitantes de subvencións para un programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada segundo as seguintes regras:
1º. Para os concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante e un mínimo de 150 persoas inmigrantes empadroadas no concello. No caso de non cumprir a porcentaxe anterior, deberán ter polo menos 1.000 persoas estranxeiras empadroadas no municipio.
2º. Para os consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter 200 persoas inmigrantes empadroadas.
O dito cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e a poboación inmigrante empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución desta convocatoria.
As entidades locais solicitantes da subvención para un programa da tipoloxía recollida no artigo 4.1.c) dirixido á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa a prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, agás que o contido do programa solicitado inclúa só o servizo independente de reforzo socioeducativo para menores.
Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
As entidades solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención, excepto a porcentaxe de poboación inmigrante empadroada sobre a poboación total empadroada.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude presentada por calquera tipo de agrupación de concellos para o desenvolvemento dun programa exclúe a posibilidade de solicitude por parte dun concello que forme parte da agrupación para o mesmo programa.
Documentación complementaria.
1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do órgano competente da entidade en que conste o acordo ou a resolución da entidade local de solicitar a subvención.
b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/sa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.
c) Compromiso, asinado pola persoa interventora da entidade local do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida.
d) Documentos específicos para a descrición dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables nos anexos II (poboación xitana), III (poboación inmigrante), IV (persoas en situación de risco ou exclusión social), V (persoas sen fogar) e VI (programas complementarios de educación e apoio familiar), segundo a tipoloxía do programa que se vai presentar. Deberase presentar un anexo por cada un dos programas solicitados. A información mínima contida nestes anexos poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante da subvención, nunha memoria complementaria. En todo caso, deberanse indicar as actuacións previstas en cada anualidade do período de imputación previsto no artigo 7.3.
e) En caso de solicitudes formuladas por calquera tipo de agrupación de concellos, deberán achegar:
1º. Para os efectos establecidos no artigo 3, as mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, que pretendan acreditar a realización conxunta de programas, deberán presentar unha memoria de actuación na que conste unha relación de posibles destinatarios na cal figure o seu empadroamento actual e a sede do servizo onde se lles vaia a dispensar a atención.
2º. O convenio onde se faga constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada concello membro da agrupación, e a persoa apoderada única.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Numero de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) Documento nacional de identidade ou número de identidade estranxeiro da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Grupo de cotización dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados á execución dos programas subvencionados.
g) Situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de anexo I de solicitude e/ou no anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Documento específico para descrición de programas dirixido persoas sen fogar (anexo V)
- Documento específico para descrición de programas dirixido a inclusión social de persoas en risco de exclusión (Anexo IV)
- Documento específico para descrición de programas dirixido a inclusión social da comunidade xitana (Anexo II)
- Documento específico para descrición de programas complementarios de educación e apoio familiar (anexo VI)
- Documento específico para descrición de programas dirixido a inclusión social da poboación inmigrante (Anexo III)
Prazo de resolución:
3 meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2025).
-
Extracto da Orde do 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2025).
-
Resolución do 14 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se procede á publicación da Resolución do 13 de novembro de 2025, que finaliza os procedementos da Orde do 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 231 do 28 de novembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano