Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS423D
Programa de axudas económicas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas a familias numerosas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
1. Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2017 o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O outorgamento das axudas á que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos na aplicación orzamentaria 12.02.312B.481.0 dos orzamentos do ano 2017, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, cunha contía global de 20.000 €.
As familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. As persoas beneficiarias das axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, especificamente, o seguinte:
a) Cumprir o obxectivo e executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións.
b) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios. Para este fin achegarase canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
2. Todas as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias de subvencións estarán obrigadas a lle subministrar á Administración actuante, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
No caso de que o requirimento de información non sexa atendido en prazo poderanse aplicar multas coercitivas. A multa de 100 a 1.000 euros será reiterada por períodos mensuais ata o cumprimento. O total da multa non poderá exceder o 5 % do importe do contrato, subvención ou instrumento administrativo que habilite para o exercicio das funcións públicas ou a prestación dos servizos. No suposto de que no devandito instrumento non figure unha contía concreta, a multa non excederá os 3.000 euros. Para a determinación do importe atenderase á gravidade do incumprimento e ao principio de proporcionalidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544622
Fax: 981544634
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/06/2017 00:00 - 21/07/2017 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Ademais dos requisitos determinados no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.
A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos
Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación sinalada, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 21 da dita lei.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II debidamente cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
c) Copia do título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiros da persoa solicitante.
b) Documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiros da persoa titular ou cotitular do título de familia numerosa que non apareza como solicitante das axudas.
c) Título de familia numerosa expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2015, da persoa solicitante.
e) Declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2015, da persoa titular ou cotitular do título de familia numerosa.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2017 (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano