Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS423A - Título de familia numerosa / Certificado Lei 3/2011.
Tramitación do Título de Familia Numerosa.
As familias numerosas.
Pódese obter o Título de Familia Numerosa sempre e cando a composición da unidade familiar sexa algunha das seguintes:
a) Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns.
b) Un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns, sempre que alomenos un destes sexa incapacitado ou discapacitado para traballar.
c) Dous ascendentes, cando ambos fosen discapacitados ou estivesen incapacitados para traballar ou alomenos un destes tivese unha discapacidade superior ó 65 %, con dous fillos, sexan ou non comúns.
d) O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica, aínda que non vivan no domicilio conxugal.
f) Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai, maiores de dezaoito anos, ou dous, se un deles é discapacitado, que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
g) O pai ou a nai con dous fillos, cando faleza o outro proxenitor.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995437
Fax: 981544634
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185750
Fax: 981185737
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294442
Fax: 982294386
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386121
Fax: 988386131
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817044
Fax: 986817049
Servizo de Conciliación Familiar
Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas (BOE nº 277 do 19 de novembro de 2003).
Real Decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 15 do 18 de xaneiro de 2006).
Real Decreto 1918/2008, do 21 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 289 da 1 de decembro de 2008).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
- Copia do DNI ou NIE da persoa cónxuxe ou parella de feito e todas as persoas que integran a familia numerosa, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
- Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificado de residencia da persoa cónxuxe ou parella de feito e de todas as persoas que integran a familia numerosa, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Certificado de residencia, só no caso de menores sen DNI.
- Certificado da renda do derradeiro exercicio da persoa solicitante, só no caso de denegar a súa consulta.
- Certificado da renda do derradeiro exercicio da persoa cónxuxe ou parella de feito e de todas as persoas que integran a familia numerosa maiores de 16 anos, só no caso de denegar a súa consulta.
- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa cónxuxe ou parella de feito e de todas as persoas que integran a familia numerosa, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Anexo II.
- Anexo III, só cando proceda.
- Anexo IV, só cando proceda.
- Xustificante de estar cursando no momento da solicitude estudos no caso de fillas ou fillos maiores de 21 anos.
- Certificación literal de nacemento da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificación literal de nacemento da persoa cónxuxe ou parella de feito e de todas as persoas que integran a familia numerosa, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Copia do libro de familia, só no caso de menores sen DNI.
- Certificado de inscrición no Rexistro de parellas de feito, cando proceda e só no caso de parellas de feito de rexistradas fora da CCAA de Galicia ou no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificado de vida laboral da persoa solicitante.
- Certificado de vida laboral da persoa cónxuxe ou parella de feito e de todas as persoas que integran a familia numerosa.
- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa cónxuxe ou parella de feito e de todas as persoas que integran a familia numerosa , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma no Anexo II.
- Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, cando proceda.
- Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento permanente, cando proceda.
- Copia da resolución xudicial que declare a tutela das persoas maiores de idade, cando proceda.
- Certificado de defunción das persoas integrantes da familia numerosa, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Outros documentos.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"