Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS420A - Axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas para escolas infantís 0-3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social coa finalidade de consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral en que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias (código de procedemento BS420A).
Estas axudas, dirixidas ao sostemento dos centros de educación infantil 0-3 anos existentes e á mellora da súa calidade, constan de dúas liñas: a liña 1 financiará gastos de mantemento destes centros e a liña 2 compensaraos pola aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa de segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar e pola gratuidade da matrícula relativa ás prazas ocupadas por quen reúnan a dita condición para o curso 2021/22.
O período subvencionable en ambas as dúas liñas é o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de agosto de 2022.
2. Para os efectos da aplicación da bonificación do 100 % do prezo, entenderase por atención educativa a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario. Así mesmo, os nenos e nenas deben ter a súa residencia en Galicia e entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s, ou a persoa proxenitora e o/a cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, e mais:
1º. As fillas e os fillos agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.
2º. As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos ou en situación de acollemento familiar por tempo superior a un ano.
Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das entidades beneficiarias
1. As entidades beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ademais especificamente a:
a) Manter actualizados no RUEPSS todos os datos exixidos pola normativa de aplicación e, nomeadamente, os seguintes: relación nominal de traballadores/as, rexistro de persoas usuarias e prazas vacantes.
b) Asegurar o cumprimento do proxecto educativo na/s escola/s subvencionadas.
c) Remitir os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.
d) Facilitar a inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Política Social respecto dos centros subvencionados.
e) Realizar a selección de solicitudes para a adxudicación de prazas na escola infantil 0-3 de acordo co baremo e puntuación establecido no anexo VIII.
f) Ter a disposición da Consellería de Política Social a documentación acreditativa de que todos os nenos e nenas matriculados na escola infantil 0-3 cumpren o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación e teñen a súa residencia na Comunidade autónoma de Galicia.
g) Prestar servizo cinco días á semana durante todo o ano, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral ou salvo causa xustificada, logo da autorización da Consellería de Política Social. Nos supostos en que se vexa afectada a actividade presencial por indicación da autoridade sanitaria observarase o disposto no artigo 21.
h) Asegurar na prestación do servizo de comedor que se proporciona unha dieta equilibrada e axeitada á idade dos nenos e nenas e poñer á disposición dos pais e das nais a relación semanal de menús; ter á disposición da Consellería de Política Social a documentación acreditativa do consumo cotián de produtos de proximidade, de ser o caso.
i) Cumprir cos contidos exixidos para o proxecto lingüístico, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
j) Enviar á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica os seguintes certificados de ingresos e gastos (anexo III):
1º Un certificado compresivo de todo o ano 2021, que deberá ser remitido antes do 31 de xaneiro de 2022.
2º Un certificado compresivo do período subvencionable do ano 2022, que deberá ser remitido antes do 10 de setembro de 2022.
k) En relación coas solicitudes de novo ingreso para o curso 2021/22:
1º. Facilitar unha copia do modelo de solicitude de axudas que figura como anexo IV a esta orde ás persoas que lles soliciten praza, co obxecto de que poidan exercer a opción por unha axuda do Bono Concilia no caso de figurar en lista de espera no centro.
2º. Remitir á xefatura territorial da Consellería de Política Social da súa provincia, con data límite do 19 de xuño de 2021, a relación de solicitantes de prazas do centro que se encontren en lista de espera para o curso 2021/22 e que, pola súa vez, optan polo Bono Concilia. A esta relación xuntaranse todas as solicitudes de axuda do Bono Concilia (anexo IV).
l) Aplicar a bonificación do 100 % do custo por atención educativa e matrícula a todos os segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar residentes en Galicia matriculados na escola infantil 0-3 e conservar á disposición da Consellería de Política Social a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos para ter acceso á dita bonificación e mais da entrega ás familias dos xustificantes mensuais de pagamento e de matriculación, emitidos nos termos establecidos no número 5 do artigo 4.
m) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
n) Dar a adecuada publicidade das axudas percibidas a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.
o) Dar adecuada publicidade ao número de solicitudes de praza recibidas e o baremo aplicado para a súa selección a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.
2. As entidades beneficiarias teñen a obriga de subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Que a escola infantil 0-3 para a que se solicitan as axudas cumpra os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e mais no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como na normativa de desenvolvemento.
c) Que a escola infantil 0-3 pola que solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que a escola infantil para a que se solicitan as axudas estea aplicando no curso 2020/21 un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
Servizo de Conciliación Familiar
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957029/ 981545666
Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2021).
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2021).
Orde do 9 de abril de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 70 do 15 de abril de 202).
Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021).
Extracto da Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021).
Orde do 18 de novembro de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
13/11/2021 00:00 - 13/12/2021 23:59
Segundo a Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021), ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación, publicación ou silencio administrativo no mes ou ano de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As solicitudes presentadas segundo o establecido no parágrafo anterior tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).
As entidades que presentaran solicitude ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2020 non terán que presentar unha nova solicitude para percibiren a axuda que lle corresponda de acordo cos módulos recollidos no artigo 4.2.c).
- As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Acreditación da personalidade e representación da persoa que solicita a axuda.
b) Datos do/s centro/s para os que se solicita a subvención (anexo II).
c) Tarifa de prezos do curso 2020/21, adaptada ao disposto na letra d) do artigo 3.
2. Documentación específica para a liña 1. Axudas para gastos de mantemento:
a) Resumo da memoria do centro do curso escolar 2019/20 (máximo de 10 páxinas) onde se aborden os seguintes contidos:
1º. Horarios e servizos que presta.
2º. Unidades en funcionamento detallando os grupos de idade, ocupación e adscrición do persoal educativo ás ditas unidades.
3º. Persoal adscrito ao centro diferenciado por categorías profesionais e xornada laboral.
4º. Descrición xeral das actividades realizadas co alumnado.
5º. Relación de protocolos con que conta.
6º. Mención ás actividades de formación do persoal, de ser o caso.
b) Proxecto lingüístico do centro.
3. Documentación específica para a liña 2. Compensación da bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa e da gratuidade da matrícula:
a) Certificado do número de prazas ocupadas por segundos fillos ou fillas e sucesivos/as á data de presentación da solicitude e da contía global mensual do prezo que corresponda pola atención educativa dos segundos fillos/as e sucesivos matriculados/as segundo o previsto no número 3 do artigo 4, asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante (anexo VI).
b) Relación nominal dos segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da escola á data de presentación da solicitude (anexo VII). Para a elaboración deste documento o órgano concedente facilitaralles ás entidades beneficiarias o modelo de ficheiro en formato adecuado para xuntar coa certificación anterior.
As entidades solicitantes beneficiarias de axuda ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420A) só terán que presentar a documentación complementaria prevista neste número no suposto de terse producido variacións respecto da que conste no expediente da dita axuda.
4. Ademais, na epígrafe correspondente do anexo I faranse constar as seguintes declaracións:
a) O conxunto de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade da solicitada ao abeiro desta orde.
b) Que a escola infantil indicada dispón de proxecto educativo e proposta pedagóxica, de acordo co currículo de educación infantil de Galicia, e que se encontra á disposición da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para calquera comprobación que sexa precisa.
c) Que dispón da documentación acreditativa do cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación dos nenos e nenas que asisten á escola infantil e do requisito de residencia en Galicia respecto dos que acceden á bonificación.
d) Que a escola infantil está aplicando no curso 2020/21 un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro.
e) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan coa solicitude son certos.
f) Que non se está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
g) Que non se está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
h) Que se está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
i) Que a entidade solicitante se compromete a manter o cumprimento destes requisitos durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados con anterioridade pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
8. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Inhabilitación para obter subvencións ou axudas.
d) Concesións de subvencións ou axudas.
e) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias emitida pola Axencia estatal de Administración tributaria (AEAT).
f) Certificación de estar ao día das obrigas coa Seguridade Social.
g) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Certificado de prazas ocupadas por segundos e sucesivos fillos/as da escola infantil 0-3 - xustificación (Anexo VI)
- Relación nominal de segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da escola infantil 0-3 - xustificación (Anexo VII)
- Solicitude de pagamento anual da subvención (Anexo V)
- Certificación de ingresos e gastos (Anexo III)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.
Axudas para o funcionamento e fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal
Axudas correspondentes ao programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Axudas a entidades privadas de iniciativa social para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3.