Guía de procedementos e servizos

BS403B

Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A Tarxeta Benvida é unha axuda económica para familias que teñan fillos/as, adopten, estean en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a menores de ata tres anos ou se atopen na semana 21 ou posterior de embarazo.

Esta axuda farase efectiva coa entrega dunha tarxeta moedeiro física que se remitirá por correo postal ao domicilio da persoa solicitante, e poderá empregarse para mercar produtos destinados ao coidado dos nenos/as en farmacias, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación, librarías ou establecementos de puericultura de Galicia.

- Ás mulleres embarazadas que se atopen na semana 21 ou seguintes de embarazo durante o ano 2025.

- Aos pais e nais con fillos/as nacidos no ano 2025.

- A quen adopte, acolla de xeito permanente ou teña en garda con fins adoptivos a un menor de ata 3 anos durante o ano 2025.

 - Aos galegos ou galegas, e os seus descendentes que se atopen nalgún dos dous supostos anteriores e retornen a Galicia no ano 2025.

- As familias que non optaran á axuda por superar os ingresos establecidos na convocatoria anterior ou familias beneficiarias da axuda de carácter xeral de 1.200€ nas convocatorias do ano 2023 e 2024, e que non renovaran a axuda por exceder dos ingresos establecidos, poderán beneficiarse da axuda  no caso de diminución da renda familiar.

- As familias en situación de especial vulnerabilidade cando non perciban ningún tipo de ingreso e  a dita situación sexa declarada polo servizos sociais comunitarios básicos.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Compl. Adtvo. San Caetano, Edif. 8B

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 012/ 981900643

Email: tarxetabenvida.familia@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: ABERTO

30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que se produce o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente.

No suposto de muller embarazada en calquera momento do ano 2025, sempre que se atope na semana 21 ou seguintes de embarazo.

No suposto de retornados/as, tres meses a partir do día seguinte á data oficial de retorno a España.

1.- Ter a residencia habitual en Galicia.

2.- Renda da unidade familiar igual ou inferior a 45.000€ anuais, ou sendo superior, que non supere os 13.500€ per cápita ao ano.

3.- No suposto de persoas retornadas, que teñan a nacionalidade española antes do retorno.

4.- No suposto de familias vulnerables, que fosen declarados como tal polos servizos sociais comunitarios básicos e teñan un recurso económico público pendente de concesión.

Supostos de incremento da contía:

- Ter fixada a residencia habitual nun concello de menos de 5.000 habitantes.

Suposto de ampliación ata 3 anos:

- Que a renda familiar non supere os 22.000€ anuais.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes electrónicas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As persoas interesadas na axuda, deberán presentar a solicitude (Anexo I), e achegar a seguinte documentación segundo o suposto no que se atope:

No suposto de embarazo:

1.- Informe médico asinado por persoa colexiada na Comunidade Autónoma galega, conforme se atopa, alomenos, na semana 21 de embarazo, no caso de non autorizar a súa consulta ao SERGAS. 

2.- Libro de familia.

3.- No seu caso:

Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade Autónoma galega.

- Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

No suposto de nacemento de fillos/as:

1.- Libro de Familia.

2.- No seu caso:

- Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade Autónoma galega.

- Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

No suposto de adopción:

1.- Libro de Familia.

2.- Copia da resolución xudicial que declare a adopción dun o máis menores de ata tres anos de idade.

3.- No seu caso:

- Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

- Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade Autónoma galega.

No suposto de garda con fins adoptivos:

1.- Libro de Familia.

2.- No seu caso:

- Copia da resolución xudicial ou administrativa do acollemento familiar con fins adoptivos dun o máis menores de ata tres anos de idade, cando se trate de procedementos formalizados fóra da Comunidade autónoma de Galicia.

Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade autónoma galega.

No suposto de acollemento:

1.- Libro de Familia.

2.- No seu caso:

- Copia da resolución xudicial ou administrativa do acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade, cando se trate de procedementos formalizados fóra da Comunidade autónoma de Galicia.

Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade autónoma galega.

No suposto de variación da renda:

1.- Anexo III e Anexo II.

2.- No seu caso:

Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

No suposto de retornados:

1.- Libro de Familia.

2.- Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España.

3.- No seu caso:

Pasaporte en vigor da persoa cónxuxe ou parella, para o suposto de que esta estea en trámite de autorización de residencia.

Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, acompañados dun certificado de organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos.

Documentos xustificativos do nacemento en Galicia ou de ser descendente dunha persoa galega.

- Pasaporte da persoa galega emigrante retornada solicitante para o caso de que non teñan DNI.

Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade autónoma galega.

No suposto de persoas en situación de especial vulnerabilidade:

1.- Anexo IV e Anexo II.

2.- Informe técnico dos servizos sociais comunitarios básicos que acredite a situación de especial vulnerabilidade e que se está sendo atendido/a polo sistema público de servizos sociais, con indicación das solicitudes de prestacións ou axudas económicas en fase de tramitación.

3.- No seu caso:

Sentenza nulidade, separación ou divorcio con medidas paterno-filiais.

Certificado de familia monoparental no suposto de que non fora expedido pola Comunidade autónoma galega.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59