Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS402B
Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Política Social e Igualdade
1. Esta resolución ten por obxecto convocar, para o curso 2022/23, o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico en escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (en diante, Agass) da localidade onde presta servizos (código de procedemento BS402B). As ditas escolas infantís son as seguintes:
a) Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.
b) Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.
c) Escola infantil Catabois en Ferrol.
d) Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.
e) Escola infantil Antela en Ourense.
f) Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.
g) Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.
2. Para os efectos desta resolución, considérase persoal ao servizo do sector público autonómico o persoal que presta servizos no ámbito central e periférico na Presidencia, nas consellerías da Xunta de Galicia e nas súas entidades instrumentais.
Calendario e horario de apertura das escolas.
1. Nas escolas infantís 0-3 a que se refire esta resolución, o curso escolar dará comezo o luns día 5 de setembro de 2022.
Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro de 2022.
Así mesmo, con carácter xeral, todos os centros permanecerán pechados durante os períodos seguintes:
– Os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022.
– Os días 3, 4, e 5 de abril de 2023.
– O mes de agosto correspondente ao curso.
No caso da evolución positiva da situación epidemiolóxica, de conformidade co establecido pola autoridade sanitaria, a Dirección da Agass poderá ditar as oportunas instrucións para a apertura dun centro por localidade.
No mes de agosto de 2023, no caso de producirse a apertura dun centro por localidade, esta efectuarase sempre que exista unha demanda igual ou superior a 15 alumnos/as. Nestes casos, o seu peche diario realizarase ás 17.00 horas.
Neste suposto, a familia deberá xustificar con base en motivos laborais ou de saúde a necesidade de levalo ao centro durante o citado período do mes de agosto.
O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2022/23.
2. A permanencia do alumnado no centro será con carácter xeral dun máximo de 8 horas diarias, coincidentes co horario laboral da persoa solicitante, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas.
Fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico en escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (en diante, Agass) da localidade onde presta servizos.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
Servizo de Conciliación Familiar
Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545666
Fax: 981544634
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185755
Fax: 981185737
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
2707 Lugo (Lugo)
Teléfono: 981294354
Fax: 982294386
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386595
Fax: 988386131
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8-1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817704
Fax: 986817049
Prazo de presentación: PECHADO
31/03/2022 00:00 - 13/04/2022 23:59
14/04/2022 00:00 - 15/03/2023 23:59
1. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 13 de abril de 2022.
2. Admitiranse, con carácter excepcional ata o día 15 de marzo de 2023, as solicitudes, pasado o prazo establecido no número 1, nos seguintes casos:
a) Nacemento, acollemento ou adopción da nena ou do neno con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
b) Cambio de concello por cambio de destino da persoa solicitante.
c) Outras circunstancias que motivadamente aprecie a persoa titular da Dirección da Agass ou da xefatura territorial que corresponda en función da localidade de prestación de servizos da persoa solicitante.
Estas solicitudes deberán ir acompañadas coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro onde se solicita a praza.
Serán requisitos para ser persoa adxudicataria de praza nas escolas infantís 0-3 obxecto desta resolución:
a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e sexa fillo ou filla, calquera que sexa a súa filiación, ou estea en situación legal de acollemento.
b) Que o neno ou nena teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2022.
c) Estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, respecto daquelas familias que xa escolarizaron un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul integrada polas escolas 0-3 dependentes da Agass e do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar.
Solicitudes.
1. As solicitudes para a renovación de praza do alumnado escolarizado durante o curso 2021/22, así como as de novo ingreso (código de procedemento BS402B), presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), marcando a opción que corresponda, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria.
1. Para a renovación de praza, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II, relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.
b) Anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.
c) Documentos que acrediten cambios de carácter socioeconómico na unidade familiar, de ser o caso.
2. Para novo ingreso as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II, relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.
b) Anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.
c) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
d) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se é o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil, acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
f) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.
g) Se procede, outros documentos en que consten incidencias sociofamiliares, computables no baremo:
1º. Xustificante de ocupación actualizada da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso, no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.
2º. Certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma ou, na súa falta, certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais.
3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade/número de identificación de estranxeiro (DNI/NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.
c) Situación física do posto de traballo do Rexistro Central de Persoal da Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda.
2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- No caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza (Anexo III)
- Comprobación de datos da persoa cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2022/23 (DOG nº 62 do 30 de marzo de 2022).
-
Resolución do 20 de maio de 2022 pola que se publican as resolucións do 19 de maio de 2022 polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico admitidas/os e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia (DOG nº 103 do 31 de maio de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59