Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS315A - Declaración responsable de inicio da actividade. Prestación de servizos nas instalacións xuvenis.
Obxecto
A declaración responsable de inicio de actividade constitúe un documento subscrito pola persoa prestadora do servizo, de acordo cos modelos normalizados que figuran nos anexos deste decreto, no cal declara baixo a súa responsabilidade:
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo correspondente deste decreto, en función da natureza do servizo.
b) Que, en función da natureza do servizo que vai prestar, cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos para ese servizo.
c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
3. De producirse un cambio na titularidade do servizo, a nova persoa titular deberá subscribir unha nova declaración responsable co mesmo contido que se detalla no punto segundo deste artigo. Esta nova declaración deberá presentarse nun prazo non superior a quince días dende que se produza o cambio de titularidade.
A quen vai dirixido?
Requisitos
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Instituto da Xuventude de Galicia
Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957057/ 981544866
Fax: 981545843
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294599
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Concepción Arenal, 8-1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817781/ 986817782
Fax: 986817082
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817781/ 986817782
Fax: 986817082
Órgano responsable
Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2012).
Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49 do 10 de marzo do 2000).
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Dende o 29 de febreiro de 2012
Documentación para a presentación
- Toda persoa física ou xurídica que desexe iniciar a prestación dos servizos á xuventude regulados no título I deste decreto, no momento de emitir a declaración responsable de inicio de actividade, segundo o modelo oficial que figura no anexo I deste decreto, deberá estar en posesión da seguinte documentación:
a) Memoria descritiva das instalacións onde se especifique o período de funcionamento ao longo do ano, naqueles supostos de instalacións de carácter temporal, así como a indicación de que cumpre coa normativa de accesibilidade vixente.
b) Certificado final de obra, no caso de instalacións de nova construción, ou certificado de solidez e seguridade, no caso de edificacións preexistentes, asinados por un tecnico competente, así como planos a escala que reflictan o estado definitivo da instalación.
c) Documentación que acredite que cumpre os requisitos sanitarios sobre a potabilidade da auga destinada a consumo humano, o estado sanitario xeral dos equipamentos, o sistema de evacuación de augas residuais, cando non sexa a traves da rede municipal de sumidoiros, a eliminación de residuos, as condicións hixienico-sanitarias dos servizos hixienicos e o cumprimento da regulamentación aplicable sobre comedores colectivos.
d) Boletín electrico entregado por un instalador autorizado e selado pola consellería competente en materia de economía e industria.
e) Contrato de subministración ou certificación expedido polo órgano competente de adecuación da instalación de gas á normativa aplicable, no suposto de existir a devandita subministración.
f) Documentación acreditativa da personalidade do promotor que emitiu a declaración responsable e, no suposto de persoas xurídicas, documentación que acredite que a persoa que asinou a declaración responsable e a súa representante legal.
g) Documentación acreditativa da identidade e da titulación do director ou directora da instalación exixida por este decreto.
h) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
- Ademais da documentación xeral exixida no artigo anterior, nos supostos de granxas escola, a persoa prestadora deberá estar en posesión da documentación que acredite que se cumpren os requisitos da normativa sobre sanidade animal. Así mesmo, xunto aos requisitos exixibles con carácter xeral ás instalacións xuvenís recollidos na sección terceira do capítulo II do título I deste decreto, deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) A suficiente separación entre o lugar destinado ás cortes dos animais e o lugar de residencia dos usuarios e usuarias, co fin de evitar os cheiros excesivos e a proximidade dos insectos.
b) A suficiente limpeza e as condicións hixienico-sanitarias dos animais de granxa.
c) O peche do recinto dos animais e das cortes, co fin de evitar que os usuarios e as usuarias poidan entrar nelas de forma indiscriminada.
d) O uso de vestiario específico por parte das persoas usuarias e do persoal da instalación, para utilizar cando estean no recinto dos animais ou na corte.
e) A existencia de persoal tecnico cualificado en número suficiente para o traballo cos animais e para o desenvolvemento de actividades didácticas.
f) No caso de que a instalación dispoña de salas ou recintos para a transformación dos produtos da granxa, deberán cumprir a normativa tecnico-sanitaria que lle sexa de aplicación.
As aulas de natureza, sen prexuízo doutra normativa que lles poida ser de aplicación, deberán garantir:
a) A existencia dun equipamento suficiente e axeitado.
b) A disposición dos recursos didácticos necesarios para exercer a súa función.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"