Guía de procedementos e servizos

BS312A

Inicio da actividade de prestación de servizos de información xuvenil

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Próxima apertura: 22/11/2026 00:00

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Os servizos de información xuvenil promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro deberán presentar unha declaración responsable ante o órgano de dirección competente en materia de xuventude, con carácter previo ao inicio da actividade de información. A presentación da declaración responsable comportará a inscrición do servizo na sección de entidades integrantes da Rede Galega de Información xuvenil.

Servizos de información xuvenil promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

San Lázaro, s/n - 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 957 057/ 981 544 735/ 981 544 866

Email: escola.xuventude@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881 881 238

Email: xuventude.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294 599

Email: xuventudelugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988 386 120/ 988 386 113

Email: ervicio.xuventude.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Concepción Arenal, 8-1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986 817 781/ 986 817 782

Email: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal

Instituto da Xuventude de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

O servizo de información xuvenil deberá estar en posesión da seguinte documentación, que será requirida para os efectos de verificar a declaración responsable presentada:

a) Unha memoria que recolla a conveniencia da creación do servizo de información xuvenil no ámbito territorial no que se vai desenvolver a actividade, a infraestrutura e medios humanos de que dispón, especificando as titulacións e características da relación laboral, o orzamento anual e as previsións do seu financiamento e o plan de actividades de dinamización da información que se desenvolverán dende o servizo.

b) Certificación, emitida polo órgano competente segundo os seus estatutos ou a normativa reguladora, de que quen presenta a declaración é o órgano facultado para iso.

  • Presentación de declaracións responsables de inicio de actividade ( 32.07.22)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Forma de presentación das declaracións responsables, solicitudes e comunicacións previas

1. As declaracións responsables, solicitudes e comunicacións previas presentaranse preferentemente por vía electrónica, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, estes documentos poderanse presentar en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Para a presentación das declaracións responsables, solicitudes e comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica de documentación.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente (código da taxa 32.07.22), salvo que este se efectúe a través da sede electrónica, caso no que o xustificante se xerará automaticamente.

Comprobación de datos

  • DNI/NIE da persoa representante

Consentimento para a comprobación de datos

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade declarante

Despois de presentar

Prazo de resolución:

A presentación da declaración responsable habilitará á persoa prestadora do servizo, para os efectos previstos neste decreto e sen prexuízo doutras exixencias legais, para o exercicio da actividade dende a súa presentación.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).

    • Decreto 115/2026, do 13 de outubro, polo que se desenvolve o título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 209 do 2 de novembro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano