Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS310Q
Xuventude Crea.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e convocalos para o ano 2021.
2. Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
3. O código de procedemento administrativo é o BS310Q.
Convocatoria e especialidades.
1. A Consellería de Política Social convoca estes premios para o ano 2021. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos no artigo 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En todo o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes modalidades:
a) Artes plásticas.
b) Banda deseñada.
c) Cociña.
d) Creación de videoxogos.
e) Danza moderna.
f) Deseño de xoias.
g) Fotografía.
h) Graffiti.
i) Moda.
j) Música.
k) Novela curta.
l) Poesía.
ll) Teatro.
m) Videocreación.
As persoas galegas ou residentes en Galicia.
Obrigas das persoas seleccionadas para a fase final e das persoas premiadas.
1. As persoas participantes seleccionadas para a fase final e as persoas premiadas deberán subministrar á Consellería de Política Social os arquivos de código fonte necesarios para que os proxectos finalistas e premiados poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.
2. As persoas participantes seleccionadas para a fase final nos termos dos artigos 25, 31, 35, 37, 39 e 43 e as persoas premiadas deberán:
a) Acreditar, previamente á concesión e pagamento das axudas previstas para a participación na fase final e para os premios, que están ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
b) Reintegrar, total ou parcialmente, o importe da axuda da fase final e do premio no suposto de incumprimento dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión e das demais obrigas contidas nesta orde, na Lei 9/2007 ou na restante normativa que sexa de aplicación. Para a efectividade da devolución, tramitarase o correspondente procedemento de reintegro segundo o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
d) Cumprir os requisitos e obrigas recollidas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa aplicable.
3. As persoas premiadas, ademais das obrigas establecidas nos números 1 e 2, deberán:
a) Colaborar nas accións de difusión que se organicen así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos a disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.
c) No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541689
Fax: 981545843
Prazo de presentación: PECHADO
12/07/2021 00:00 - 20/08/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021 agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
2. Enténdese por profesional, aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta en que solicita participar, levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
3. A participación será sempre a título individual, salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, creación de videoxogos, cociña e danza moderna.
Nestas especialidades, poderán presentarse asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas ou grupos informais, nos cales unha das persoas integrantes asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman.
4. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
5. A información contida neste artigo debe ser consignada de acordo co disposto no capítulo II (parte específica).
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).
A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Os grupos informais e demais persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Os grupos informais presentarán unha única solicitude (anexo I) e deberán xuntar relación das persoas integrantes do grupo (anexo III), de acordo co previsto no artigo seguinte. As comunicacións efectuarase coa persoa que conste como representante único/a do grupo informal no dito anexo III, cos poderes establecido no artigo 5.3 desta Orde.
3. Para poder optar aos premios do programa Xuventude Crea, as persoas participantes deberán presentar a documentación establecida no artigo seguinte desta orde.
4. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria. Unicamente a Consellería de Política Social queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas bases, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non se acadar unha participación mínima de catro proxectos.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) No caso de que calquera persoa participante, a título individual ou colectivo, sexa menor de idade precísase autorización do/da pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.
b) A obra e documentación que corresponda, de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta.
En todo caso, calquera soporte audiovisual que se envíe (memoria USB, CD, DVD...) deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravado.
c) No caso de grupos informais, ademais:
1º. Anexo II, para a comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
2º. Anexo III, en que constará a relación de persoas que compoñen o grupo e o poder de representación para unha das persoas integrantes.
d) No caso de asociacións privadas sen ánimo de lucro, ademais:
Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente da persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, en especial, as especialidades de creación de videoxogos, danza moderna, moda, música, teatro e videocreación, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento acreditativo da identidade da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso, consistente no número de identificación fiscal (NIF) no caso de persoas xurídicas e no documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) no caso de persoas físicas.
b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.
c) Datos de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán facer constar a súa oposición expresa no cadro habilitado para o efecto no anexo I (solicitude) e anexo II (en caso de grupos) e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 130 do 9 de xullo de 2021).
-
Extracto da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 130 do 9 de xullo de 2021).
-
Resolución do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2021, de premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Resolución do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2021, de premios da especialidade de creación de videoxogos do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Resolución do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 8 de novembro de 2021, de premios da especialidade de poesía do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Resolución do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2021, de premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021(DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Resolución do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2021, de premios e axudas para a fase final da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 247 do 27 de decembro de 2021).
-
Resolución do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2021, de premios da especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 247 do 27 de decembro de 2021).
-
Resolución do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2021, de premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 247 do 27 de decembro de 2021)
-
Resolución do 15 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 26 de novembro de 2021, de premios e axudas para a fase final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 247 do 27 de decembro de 2021).
-
Resolución do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 8 de novembro de 2021, de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Resolución do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de decembro de 2021 de premios e axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2021 de premios e axudas para a fase final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022)
-
Resolución do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de decembro de 2021 de premios da especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2021 de premios da especialidade de danza moderna do programa Xuventude Crea da Orde do 29 de xuño de 2021 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 3 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2021 de premios e axudas para a fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán.
Prazo aberto: 02/05/2025 00:00 - 15/05/2025 23:59
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano