Guía de procedementos e servizos

BS310Q

Xuventude Crea.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 23/07/2019 00:00 - 30/08/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Xuventude Crea, e proceder a súa convocatoria para o ano 2019 (procedemento BS310Q), e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna.

Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2019 agás o establecido no capítulo II segundo para cada especialidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541689

Fax: 981545843

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

23/07/2019 00:00 - 30/08/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de agosto de 2019.

1. Enténdese por profesional, aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.

2. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, a participación será sempre a título individual.

3. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.

4. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas, e unicamente a Consellería de Política Social queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes previa comunicación a estas persoas.

5. A información contida neste artigo debe ser cumprimentada co disposto no capítulo II (parte específica).

  • A solicitude das persoas participantes deberá facerse no impreso de solicitude (anexo I).

As solicitudes deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar co impreso de solicitude (anexo I) o seguinte:

    • Un sobre pechado en cuxo exterior figurará exclusivamente o título da obra e o pseudónimo do autor ou da autora, e no que irá o boletín de inscrición (anexo II) e a obra e documentación que corresponda de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta, ademáis da seguinte documentación de ser o caso:

      • No caso de que a persoa participante sexa menor de idade precísase autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.

      • Anexo III para a comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (no caso de grupos).

      • No caso dunha pluralidade de solicitantes deberá achegarse coa solicitude (anexo II) a listaxe completa de persoas solicitantes, xunto coa autorización no caso de menores de idade e o anexo III (no caso de grupos) de ser o caso.

Calquera soporte audiovisual que se envíe (CD, DVD...) deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravado.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa solicitante ou dos membros do grupo de ser o caso.

  • b) DNI/NIE da persoa representante.

  • c) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou dos membros do grupo de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo II (impreso de solicitude) e anexo III (en caso de grupos) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites posteriores ás solicitudes deberán realizarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexen o programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 138 do 22 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano