Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS303C - Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
A presente orde ten por obxecto convocar en réxime de concorrencia competitiva a adxudicación de prazas e de bolsas, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2021/22, e establecer as bases para a súa concesión.
Prazas convocadas .
1. O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución por residencias é o seguinte:
-78 prazas no Centro Residencial Xuvenil "LUG" en Lugo.
-60 prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.
-85 prazas na residencia Altamar en Vigo.
2. Do total de prazas resérvase un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. A distribución de prazas para esta reserva é:
-7 prazas no Centro Residencial Xuvenil "LUG" en Lugo.
-5 prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
-7 prazas na residencia Altamar en Vigo.
Ademais, na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
Para o caso de que non se cubran todas as prazas reservadas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes sumaranse ás anteriores.
Período de estadía .
1. O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
2. Todas as as persoas residentes que teñan a condición de estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia xuvenil coincidindo co correspondente curso académico no cal estivesen matriculadas, respectando sempre o período máximo antes indicado e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
3. En calquera caso, as persoas residentes deberán iniciar a súa estadía na residencia xuvenil como prazo máximo o 31 de outubro do ano da presente convocatoria, a excepción do suposto de prazas vacantes que se irán cubrindo seguindo a data de entrada de acordo aos criterios establecidos no artigo 11.
Persoas mozas estudantes, de 16 a 30 anos.
1. Poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude.
b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
2. Requisitos especificos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras :
a) Ter os 18 anos cumpridos e non superar os 30 a data 31 de decembro de 2021.
b) Non ter perdido a condición de persoa colaboradora bolseira da que foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á persoa solicitante.
c) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
d) Ter unha renda media familiar inferior ao 150% do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 11.2.a).
e) Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas persoas que non se encontren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294599
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120 / 988386113
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817781 / 986817782
Fax: 986817082
Dirección Xeral de Xuventude
Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2021).
Extracto da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2021).
Resolución do 8 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de adxudicación de prazas e concesión de bolsas nas residencias xuvenís, ao abeiro da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 207 do 27 de outubro de 2021).
Orde do 2 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladores para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2021/22 (DOG nº 216 do 10 de novembro de 2021).
Resolución do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade da Resolución do 14 de decembro de 2021 de adxudicación de prazas na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense), ao abeiro da Orde do 2 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
30/07/2021 00:00 - 30/08/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas solicitantes estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, que estean cursando estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou estudos de mestrados universitarios oficiais ou doutorados, as persoas solicitantes traballadoras por conta propia e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea que sexan persoal empregado das administracións públicas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A dita Chave365 pode obterse:
a) De maneira electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento de alta en Chave365 (PR001A). Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesita ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou o DNI electrónico.
b) De maneira presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/chave365/solicitude, e entre os que se atopan os Espazos Xove dependentes da Consellería de Política Social, o Servizo de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela; e o Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.
2. As persoas solicitantes non obrigadas á presentación electrónica, isto é, as persoas solicitantes estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, que non estean cursando estudos universitarios e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea que non sexan persoal empregado das administracións públicas, opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I, II ou III, segundo o procedemento).
3. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
1. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Libro de familia: copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.
b) Título de familia numerosa: copia do título de familia numerosa cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.
c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.
d) Certificación de Facenda de non ter obriga de declarar, se é o caso. No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a adxudicación de praza quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación na residencia xuvenil.
No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar poderán presentarse os documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos desde a notificación da resolución de adxudicación de prazas para seren tomadas en consideración.
e) Certificación médica acreditativa do estado de xestación no momento de presentación da solicitude, no caso de ser muller xestante.
f) A situación de violencia de xénero, se é o caso. Esta situación acreditarase, por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
g) Acreditación da condición de orfandade, se é o caso.
h) Acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoas solicitante ou de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.
i) Acreditación de que a persoa solicitante constitúe unha unidade familiar independente, se é o caso. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar:
1º. Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal así como da súa descendencia, se é o caso.
2º. Acreditación do domicilio mediante volante de empadroamento conxunto.
3º. Acreditación do pagamento de vivenda, se é o caso.
4º. Acreditación dos medios económicos con que conta a persoa solicitante.
j) Anexo IV, de comprobación de datos de terceiras persoas, se é o caso.
2. As persoas solicitantes, estudantes colaboradoras bolseiras ou non (procedemento BS303C), deberán achegar, ademais da documentación xeral, a seguinte documentación específica:
a) Certificación académica ou documento acreditativo en que figuren as notas correspondentes ao curso académico anterior ao da presentación da solicitude ou, se é o caso, da proba de acceso á universidade correspondente a ese mesmo curso. Na certificación deberá constar a nota media. No caso de que a persoa solicitante non cursase estudos durante ese ano académico, a certificación referirase ao último curso académico no que estivo matriculada.
b) Para o caso de que se vaia cursar o primeiro ano de estudos: copia da preinscrición/reserva de praza nas facultades ou escolas universitarias, centros de bacharelato ou ciclos formativos. Cando non se dispoña desta documentación, por non estar aberto o prazo de preinscrición ou reserva durante o prazo de presentación de solicitudes de praza na residencia xuvenil, deberá comunicar esta circunstancia por escrito comprometéndose a presentala no momento en que se realice.
3. Así mesmo, as persoas solicitantes estudantes colaboradoras bolseiras (procedemento BS303C) deberán achegar, xunto coa documentación xeral, a seguinte documentación específica: un proxecto de actividades que se desenvolverá na residencia xuvenil, segundo o modelo do anexo V que se centrará nos seguintes ámbitos: información xuvenil, participación e dinamización e convivencia e responderá ao cumprimento dos seguintes obxectivos:
a) Difundir entre as persoas residentes a información relativa a actividades impulsadas desde a Xunta de Galicia que poidan ser de interese para a xuventude.
b) Fomentar a participación das persoas residentes nos programas e actividades impulsados desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
c) Propoñer e dinamizar actividades que se vai realizar na residencia xuvenil centradas nas areas do lecer e tempo libre, novas tecnoloxías, cultura e deporte, sempre adaptadas aos protocolos de saúde e seguridade derivados da pandemia da COVID-19.
d) Incentivar un bo clima de convivencia entre os residentes.
e) Apoiar os residentes durante a súa estadía na residencia xuvenil.
f) Apoiar o bo funcionamento da residencia xuvenil a través da execución do seu proxecto.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica establecidos no artigo anterior. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. As persoas solicitantes deberán comunicar calquera variación que se produza entre o momento da solicitude e o da resolución de concesión e que poida incidir nos criterios de valoración contidos nesta convocatoria.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación dos procedementos establecidos na presente orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se é o caso, do representante e demais membros que compoñen á unidade familiar.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
c) Datos do imposto da renda das persoas físicas, en diante IRPF, da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
Para o procedemento BS303C (persoas estudantes colaboradoras bolseiras), ademais dos anteriores:
a) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
b) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
2. Consultaranse ademais os seguintes datos, cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.
c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Desemprego. Acreditación dos importes de prestacións por desemprego percibidas na data actual da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
e) Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros da unidade familiar.
3. No caso de que as persoas interesadas, as persoas titoras ou representantes legais, se é o caso, ou os demais membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexos I, II ou III segundo o procedemento para a persoa solicitante, e anexo IV para os demais membros da unidade familiar) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas, ao/á titor/a ou representante legal e aos demais que compoñen a unidade familiar, a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas solicitantes realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante. Cando as persoas solicitantes non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"