Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

BS303C - Prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 14/07/2016 - 13/08/2016.

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Deberá xuntar á solicitude a seguinte documentación:
    • a) Copia do DNI ou NIE só no caso de que a persoa interesada non autorice expresamente na solicitude a comprobación dos datos de identidade por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade.
    • b) Fotocopia de todas as follas do libro de familia onde figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar.
    • c) Fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso. Cando este título fose emitido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non será preciso achegalo sempre e cando se autorice expresamente na solicitude o acceso telemático a estes datos (anexo I continuación).
    • d) Certificado de empadroamento só no caso de que o/a interesado/a non autorice expresamente na solicitude a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de residencia.
    • e) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de que non se achegase xa certificado de empadroamento onde conste este dato.
    • f) Xustificación de ingresos da unidade familiar. Só haberá que presentalos no caso de que a persoa solicitante denegue expresamente a súa consulta.

      As demais persoas con ingresos que compoñen a unidade familiar poderán autorizar no número 2 do anexo II, en caso contrario deberán presentar a documentación correspondente.

      De non prestar consentimento expreso á Consellería de Política Social para a obtención dos datos tributarios a que se refire o punto anterior, terán que xuntar copia da declaración do IRPF presentada no ano inmediato anterior á data de publicación da convocatoria de cada unha das persoas da unidade familiar obrigadas a declarar ou, se e o caso, certificación emitida pola AEAT de non ter a obriga de declarar nese ano.

      No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a selección quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación no centro.

      No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a nova situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos para seren tomadas en consideración.
    • g) A acreditación de ser muller xestante, se e o caso, xustificase presentando unha certificación medica que acredite o embarazo no momento de presentación da solicitude de axuda.
    • h) A situación de violencia de xenero acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero, que son:
      • 1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
      • 2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
      • 3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
      • 4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
      • 5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
      • 6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
      • 7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
    • i) A situación de orfandade: acreditación desta condición, se e o caso.
    • j) Acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar. No caso de documentos emitidos pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, non será preciso achegar a devandita acreditación se cada persoa da unidade familiar con discapacidade recoñecida autoriza expresamente a Consellería de Política Social para o acceso telemático dos seus datos. Así cando a condición de discapacidade a teña o/a solicitante, abondará con marcar o recadro correspondente da solicitude, noutro caso deberase asinar o anexo II.
    • k) Familia monoparental: acreditación mediante certificado de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/materno-filiais.
    • l) Certificación academica: orixinal ou copia na cal figuren as notas correspondentes ao último curso academico en que estivo matriculado ou, se e o caso, da proba de selectividade. Na certificación deberá constar a nota media.
    • m) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia xuvenil de acordo coas funcións recollidas nos números 3 e 4 do artigo 10. Este proxecto deberá incluír obxectivos, metodoloxía, actividades e a temporalización e custos destas. Como tal proxecto, deberá ter en conta a realidade, o centro en que se pretende desenvolver e as peculiaridades dos/das destinatarios/as.
    • n) Desemprego: acreditación da situación de desemprego sen prestación económica do pai e/ou da nai ou do/da titor/a legal, se e o caso. Non será necesario presentar ningunha acreditación cando se autorice expresamente a Consellería de Política Social para obter do Servizo Público de Emprego Estatal a situación actual de desemprego, a traves de medios informáticos ou telemáticos. Para consentir expresamente o pai, a nai ou o titor ou titora en situación de desemprego asinarán no número 3 do anexo II.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
    https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de identificación con usuario e clave Chave365
    (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel (anexo I) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
  • Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día e inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE VIGO

R/ Concepción Arenal, 8
36201 Pontevedra
Teléfono: 986817781 / 986817782 Fax: 986817082

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfono: 982294599 Fax: 982294339

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA CORUÑA

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A
Teléfono: 881881238 Fax: 881881237

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE OURENSE

Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense
Teléfono: 988386120 / 988386113 Fax: 988386119

Convocar en réxime de concorrencia competitiva esta oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2016/17 e establecer as bases para a súa concesión.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:
Residencia: Centro Residencial Xuvenil LUG Cidade: Lugo Prazas: 4 home/muller.
Residencia: Florentino L. Cuevillas Cidade: Ourense Prazas: 5 home/muller.
Residencia: Altamar Cidade: Vigo Prazas: 6 home/muller.

Criterios de selección.

1. Os criterios de selección que se terán en conta para conceder estas axudas serán os seguintes:

a) Proxecto de actividades. Este proxecto puntuarase de 1 a 7 puntos, de conformidade cos seguintes criterios de avaliación:

1º. Obxectivos. Valorarase a definición e coherencia interna dos obxectivos e o sistema de avaliación e seguimento propostos: ata 1,25 puntos.

1) Obxectivos: ata 1 punto.
- Inexistencia de descrición de obxectivos: 0 puntos.
- Descrición básica (obxectivos xerais): 0,50 puntos.
- Descrición correcta (obxectivos xerais e específicos): 1 punto.

2) Sistema de avaliación: ata 0,25 puntos.
- Non se establecen sistemas de avaliación e seguimento ou os previstos son deficientes: 0 puntos.
- O/s sistemas elixido/s é/son básicos: 0,10 puntos.
- O/s sistema/s elixido é/son destacados: 0,25 puntos.

Cando o sistema de avaliación se valora como correcto é porque se entende que resulta adecuado e suficiente para avaliar o grao de consecución dos obxectivos, a adecuada utilización dos recursos e a eficacia do programa.

2º. Metodoloxía: ata 0,25 puntos.
- Descrición básica: 0,10 puntos.
- Descrición correcta: 0,25 puntos.

3º. Actividades previstas para implementación práctica do proxecto tendo en conta: ata 5 puntos.

1) Descrición das actividades: ata 1 punto.
- Descrición básica: 0,25 puntos.
- Descrición correcta: 0,50 puntos.
- Descrición destacada: 1 punto.

2) Tipoloxía de actividades: ata 2,50 puntos.
- Educativas didácticas: 1 punto.
- Lúdicas: 0,75 puntos.
- Deportivas: 0,50 puntos.
- Outras: 0,25 puntos.

3) Carácter innovador: 0, 50 puntos.

4) Recursos que se van empregar: ata 1 punto.
- Descrición imprecisa: 0,25 puntos.
- Descrición detallada: 1 punto.

4º. Temporalización: ata 0,25 puntos.
- Imprecisión: 0,10 puntos.
- Precisión: 0,25 puntos.

5º. Custos: ata 0,25 puntos.
- Descrición imprecisa: 0,10 puntos.
- Descrición detallada: 0,25 puntos.

b) Renda da unidade familiar: terase en conta a relación de ingresos/número de persoas que compoñen a unidade familiar.

A renda calcularase por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro (cadros 366+374 da declaración do IRPF). Tomarase o importe do total dos ingresos da unidade familiar (suma das rendas do total de membros computables), e o resultado dividirase polo número de membros computables para obter así a renda media da unidade familiar.

O importe da renda enténdese referido á declaración do IRPF presentada no ano inmediato anterior á data de publicación desta convocatoria.

Non obstante, cando as circunstancias na data da declaración do IRPF antes indicada non coincidan coas circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude, teranse en conta estas últimas, previamente xustificadas documentalmente, e sempre e cando cumpran as condicións consideradas no último parágrafo do artigo 4.1.f).

A renda media da unidade familiar puntuarase segundo o seguinte baremo:

Inferior ao 50 % do Iprem: 10 puntos.

Entre o 50 % e o 75 % do Iprem: 8 puntos.

Superior ao 75 % e inferior ao 100 % do Iprem: 6 puntos.

Entre o 100 % e o 125 % do Iprem: 3 puntos.

c) Situación de familia numerosa:

1º. Categoría xeral: 0,25 puntos.

2º. Categoría especial: 0,50 puntos.

d) Distancia desde o seu domicilio ata a residencia solicitada, segundo o seguinte baremo:

1º. De 0 a 99 km: 1 punto.

2º. De 100 a 200 km: 2 puntos.

3º. Máis de 200 km: 3 puntos.

e) Orfandade:

1º. Condición de orfandade: 0,50 puntos.

2º. Condición de orfandade absoluta: 1 punto.

f) Discapacidade de calquera membro da unidade familiar. Por cada membro da unidade familiar con discapacidade:

1º. Igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %: 0,50 puntos.

2º. Igual ou superior ao 65 %: 1 punto.

g) Residencia: por ter a súa residencia familiar en Galicia: 2 puntos.

h) Embarazo: por ser muller en estado de xestación: 1 punto.

i) Violencia de xénero: mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida dentro do intervalo de tempo dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude e sempre que a dita acreditación se realice de conformidade co indicado no artigo 4.1.h): 1 punto.

j) Outras circunstancias sociofamiliares: Por calquera outra circunstancia sociofamiliar que sexa susceptible de valoración a xuízo da comisión cualificadora e axeitadamente acreditada no momento de presentar a solicitude: ata un máximo de 2 puntos. En todo caso:

1º. Por ter algún/algunha irmán/á-áns/ás con praza renovada na residencia: 1 punto.

2º. Por ter a condición de familia monoparental: 1 punto. Enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un/unha único/a proxenitor/a que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos/as menores ao seu cargo, sempre que o outro/a proxenitor/a, non contribúa economicamente ao seu sustento.

k) Rendemento académico segundo a nota media obtida no último curso ou na proba de selectividade (na proba de acceso á universidade terase en conta só a nota media da parte xeral). Cando o curso universitario sobre o que se fai a media non fose completo, teranse en conta o número de créditos cursados e ponderarase a nota media con base en 60 créditos de que conta o curso universitario segundo o plan Boloña. A puntuación neste caso corresponderase coa dita nota media.

l) Entrevista persoal. A comisión cualificadora poderá citar as persoas solicitantes para a realización dunha entrevista persoal que se valorará de 1 a 5 puntos.

Puntuarase segundo o seguinte baremo:

1º. Resposta a diferentes situacións que poden xurdir na residencia: ata 1,5 puntos.

2º. Preguntas concretas sobre o desenvolvemento do proxecto presentado (aclaracións...): ata 1,5 puntos.

3º. Motivacións para a solicitude da praza de bolseiro: ata 1 punto.

4º. Análise de aptitudes e actitudes: ata 0,5 puntos.

5º. Preguntas base para ver a súa adaptación á figura de colaborador: ata 0,5 puntos.

m) Desemprego: situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai
e/ou da nai ou do/da titor/a legal: 1 punto por cada situación.

n) Ter sido residente na mesma residencia para a que se solicita a bolsa, ben en anos anteriores ou ben no mesmo ano en que se solicita: 5 puntos.

Este criterio preferente non se terán en conta para o caso daqueles/as residentes que abandonasen a residencia xuvenil antes de rematar o curso académico. Non obstante, puntuaranse os criterios indicados no caso de non completar o curso académico na residencia polos seguintes motivos:

1º. Enfermidade persoal grave dos/das residentes ou dalgún/dalgunha familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, cos/coas cales convivan, debidamente xustificada.

2º. Contrato laboral noutra localidade.

3º. Ser persoas merecedoras dunha bolsa de Erasmus ou Séneca.

4º. Ter que realizar as prácticas académicas noutra localidade.

En todo caso, a admisión de persoas que xa fosen residentes en cursos anteriores queda condicionada á inexistencia dun informe desfavorable por parte da comisión cualificadora prevista no artigo 5, baseado no incumprimento das normas de réxime interno ou inadaptación á normal convivencia e mínimo respecto cívico que debe rexer nestes centros.

2. Para os efectos do disposto neste artigo, considéranse membros computables da unidade familiar:

A persoa solicitante, o pai, a nai ou os/as titores/as legais, e os/as irmáns/irmás menores de idade que convivan no domicilio familiar ou os/as de maior idade incapacitados/as xudicialmente suxeitos/as á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Tamén se considerarán membros da unidade familiar irmáns e irmás, descendentes e ascendentes ata segundo grao que convivan coa persoa solicitante e que non dispoñan de ingresos ou que os teñan inferiores ao 50 % do Iprem.

a) En cumprimento do establecido no artigo 6.2 da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e se regula unha rede de apoio á muller embarazada, terase en conta o seguinte:

1º. Computarase que a unidade familiar de que forme parte a muller embarazada está integrada por un ou máis membros adicionais desde o momento da fecundación, dependendo no número de fillos/as que espere, sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio.

2º. Se a nai xestante non forma parte da unidade familiar, entenderase que, polo feito de estar embarazada, a constitúe.

b) No caso de divorcio ou separación legal do matrimonio non se considerará membro computable aquel/aquela que non conviva coa persoa solicitante, sen prexuízo de que nos ingresos de base de familia se inclúa a súa contribución económica. Non obstante, si terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade, tendo que incluír a súa renda e o seu patrimonio.

c) Cando a persoa solicitante constitúa unidade familiar independente, tamén se considerarán membros computables o/a cónxuxe ou persoa coa que estea unido/a por análoga relación, así como os/as fillos/as, se os tiver. Neste caso deberá acreditar suficientemente esta circunstancia e o seu domicilio, así como o pagamento do alugamento da vivenda, se é o caso, e dos medios económicos con que conta. De non xustificar suficientemente estes datos, a solicitude será sometida a exame pormenorizado con comprobación da renda e da situación real do/da solicitante.

Beneficiarios:

Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas.

Obrigas dos/as colaboradores/as bolseiros/as.
1. A condición de persoa colaboradora bolseira obriga a esta nos termos previstos no artigo 14.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Obriga de incorporarse ás residencias xuvenís o día de inicio do curso académico, segundo o plan de estudos de cada persoa beneficiaria e como máximo o 15 de outubro de 2016, salvo causa de forza maior debidamente acreditada.
En caso contrario perderán o dereito á praza adxudicada e cubrirase a vacante conforme a lista confeccionada pola comisión cualificadora.
A xefatura territorial correspondente emitirá certificación da incorporación dos/das bolseiros/as ás residencias xuvenís.
3. Obriga de participar en todas as tarefas e labores relacionados coa dinamización do centro en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras. Correspóndelle ao/á director/a da residencia asignar estas tarefas en función do proxecto de actividades previsto no artigo 4.1.m) da orde, así como tamén colaborar no funcionamento ordinario da residencia segundo as indicacións da dirección do centro.
En ningún caso, o/a bolseiro/a realizará prácticas vinculadas a tarefas que sexan exclusivas do persoal propio da Xunta Galicia.
4. Dentro das actividades de información xuvenil a que fai referencia o parágrafo anterior inclúese a de participar no programa Correspondentes xuvenís 3.0 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, asumindo as obrigas e dereitos derivados do referido programa.
5. Obriga de subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

Requisitos:

Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
3. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do Iprem do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 6.1.b).

AUTONÓMICA

Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2016/17 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2016).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (14/07/2016 - 13/08/2016)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional