Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS215A
Axudas dirixidas a persoas con esclerose lateral amiotrófica ou dos seus fenotipos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Concesión das axudas económicas destinadas a persoas con diagnóstico de esclerose lateral amiotrófica o dos seus fenotipos.
1. Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos.
b) Estar empadroado nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima de 6 meses con anterioridade á presente convocatoria das axudas.
c) Estar diagnosticadas da enfermidade da ELA ou calquera dos seus fenotipos.
d) Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitado o seu recoñecemento con anterioridade á presentación da solicitude.
2. Ademais as persoas beneficiarias da axuda teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Subdirección Xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial
Servizo de Calidade, Humanización e Xestión da Información
Edificio Administrativo San Caetano - Edificio 8B
15705 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995696
Email: dxmas.politicasocial@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
15/07/2025 00:00 - 03/11/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 3 de novembro de 2025.
Cando o ultimo día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación, de ser o caso. A representación poderá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Certificado ou informe médico oficial acreditativo de estar diagnosticado/a coa enfermidade da ELA ou calquera dos seus fenotipos.
c) No caso de solicitar axudas para a adaptación da vivenda, memoria descritiva das adaptacións para realizar e xustificación da súa necesidade.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
d) Consulta do grao e nivel de dependencia.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
h) Consulta de inhabilitacións vixentes para obter subvencións do solicitante rexistradas na Base de datos nacional de subvencións no período solicitado.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares ou dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de pagamento da subvención da axuda (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica ou cos seus fenotipos, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2025).
-
Extracto da Orde do 2 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica ou cos seus fenotipos, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Concerto social para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Pontecaldelas
Prazo aberto: 06/12/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59