Guía de procedementos e servizos

BS213Y

Concerto social para a xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva en cada dispositivo

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 23/04/2026 00:00 - 22/05/2026 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

A xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo o desenvolvemento dun programa de formación e apoio á parentalidade positiva en cada dispositivo, co fin de facilitar a preservación da relación entre os/as menores e as persoas das súas familias en momentos crise familiar, de xeito que se garanta a seguridade e o benestar dos/das menores, favorecendo a relación familiar e o cumprimento do réxime de visitas, e proporcionar ás persoas proxenitoras a formación e apoio necesarios para promover relacións positivas cos seus fillos e fillas, fundadas no exercicio da responsabilidade parental.

 Entidades que presten servizos sociais que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira.

Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter subscrito un seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais ou un volume de negocios no ámbito das actividades correspondentes ao obxecto do concerto referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos dispoñibles, por un importe igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do lote do concerto social a que se opte (IVE excluído), seguindo o seguinte cadro:

Lotes                                     Volume negocio                                                            

Lote 1                                        70.767,15 €

Lote 2                                        70.767,15 €

Lote 3                                        70.767,15 €

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable asinada polo representante legal da entidade en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia ou o volume de negocios referido ao ano de maior volume nos últimos tres dispoñibles, que debe ser igual ou superior aos valores indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

– Un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro. Así como o documento de compromiso vinculante da subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso que sexa necesario, para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

– De ser o caso, copia das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade estivese inscrita no citado rexistro. En caso contrario, deben presentar as contas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais, legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.2) Solvencia técnica e profesional.

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, realizados para algunha Administración pública ou entidade pública ou privada (contabilizados ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria), cuxos importes acumulados no ano de maior execución dentro dos tres últimos sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do lote do concerto social a que se opte (IVE excluído), seguindo o seguinte cadro:

Lotes                              Solvencia técnica y profesional                                           

Lote 1                                        70.767,15 €

Lote 2                                        70.767,15 €

Lote 3                                        70.767,15 €

A súa acreditación efectuarase por medio de:

1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal da entidade en que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto no últimos tres anos, computados ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte seleccionada estará en condicións de achegar, de ser requirida:

– Se o destinatario fose unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.

– Se o destinatario fose un suxeito privado, copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade en que se declare ter realizado o traballo ou servizo a satisfacción daquel, xunto aos documentos que consten no seu poder que acrediten a realización da prestación.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á familia, á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, impostas pola lexislación vixente.

e) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución.

f) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia

San Caetano s/n

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995437

Email: familia@xunta.gal

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

23/04/2026 00:00 - 22/05/2026 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes

1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Documentación que acredita que a entidade conta coa solvencia económica e financeira, técnica e profesional nos termos previstos no punto F) da convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredita que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á familia, á infancia e á adolescencia no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que a experiencia se derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo IV da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso, indicarase neste momento «pendente de contratación».

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de xestión e intervención no punto de encontro coa estrutura e contidos mínimos determinados no ordinal 1º do punto O.2.

e.2) Programa de formación e apoio á parentalidade positiva coa estrutura e contidos mínimos determinados no ordinal 2º do punto O.2.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Certificación galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado este último polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.4) Documentación que acredite a experiencia da entidade na prestación do servizo de punto de encontro familiar. No caso de que a experiencia da entidade se refira a servizos efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que se comprobará de oficio pola Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto.

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por calquera concepto coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) DNI/NIE da persoa que se designe para a prestación do servizo.

f) Consulta de inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

g) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

h) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de trata de seres humanos do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Consulta de títulos universitarios oficiais do persoal que se designe para a prestación do servizo, segundo o establecido no prego técnico.

2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva en cada dispositivo (DOG nº 74 do 22 de abril de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano