Guía de procedementos e servizos

BS213R

Asignación de concerto social para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de concepción arenal da Coruña.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 21/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Levar a cabo unha atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal na Coruña.

Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 3.006.739,43 euros anuais.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior a 3.006.739,43 euros anuais.

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se expresen o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de presentar, de ser requirida:

– Un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

– De ser o caso, copia das súas contas anuais e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita no dito rexistro. En caso contrario, das depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrita. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.2) Solvencia técnica e profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite o seguinte requisito:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións) cuxos importes acumulados (sen IVE) no ano de maior execución sexan iguais ou superiores ao 50 % do importe medio anual do custo do concerto social, que é de 3.006.739,43 euros.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais, e de responsabilidade civil e de accidentes).

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Complexo San Caetano - Edificio 8B

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544655

Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: ABERTO

21/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes.

As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicional da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación numerada e ordenada de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira, técnica e profesional, segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo, segundo o anexo IV da resolución da convocatoria.

O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso, indicarase neste momento «pendente de contratación».

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa para o centro coa estrutura e os contidos mínimos determinados no punto 1.4 da cláusula Q. No dito proxecto incluiranse, de ser o caso, os programas que a maiores presente a entidade para a súa valoración.

e.2) Memoria en que se indiquen os recursos humanos e materiais con que contará a entidade no centro para a execución das medidas, de acordo co previsto na cláusula Q.

Na dita memoria figurarán así mesmo, se é o caso, os medios materiais e persoais que a maiores presente a entidade para a súa valoración, con indicación nestes últimos do número de horas anuais que prestará cada profesional.

e.3) Plan de formación continua do persoal, co contido indicado no punto Q.4.

e.4) Memoria descritiva dos proxectos de investigación en que participe a entidade, relacionados coa intervención educativa que se leva a cabo no centro para o cumprimento de medidas privativas de liberdade, avalados por universidades ou outros organismos públicos de investigación, se é o caso.

e.5) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade e/ou do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado este último polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.6) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da infancia e da adolescencia. No caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais, accidentes e de responsabilidade civil).

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) DNI/NIE do persoal adscrito ao servizo.

g) Inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

h) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de trata de seres humanos do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Verificación de títulos oficiais non universitarios do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

k) Verificación de títulos oficiais universitarios do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

l) Resolución de recoñecemento da Marca galega de excelencia en igualdade.

2. Os requisitos das alíneas a), d) e e) da cláusula F) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social.

No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2000).

    • Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 222 do 14 de novembro de 2003).

    • Corrección de erros.-Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 235 do 3 de decembro de 2003).

    • Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).

    • Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 10 de marzo de 2025 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal, na Coruña (35 prazas) (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto do 24 de xullo de 1889 polo que se publica o Código Civil (BOE nº 206 do 25 de xullo de 1889).

    • Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil (BOE nº 15 do 17 de xaneiro de 1996).

    • Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores (BOE nº 11 do 13 de xaneiro de 2000).

    • Real Decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.Ver texto consolidado (BOE nº 209 do 30 de agosto de 2004).

    • Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 175 do 23 de xullo de 2015).

    • Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2015).

    • Corrección de erros da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 285 do 28 de novembro de 2015).

    • Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE nº 134 do 5 de xuño de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano