Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS213E - Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.
O acollemento familiar configúrase como un recurso, con carácter reversible, clave e prioritario no sistema de protección de nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA) que persegue a total integración destes nun contorno afectivo e social que posibilite en maior medida o seu axeitado desenvolvemento físico e emocional.
Neste marco, a experiencia neste tipo de acollemento revela a necesidade de establecer unha nova modalidade de acollemento familiar que, mantendo as vantaxes que supón para os NNA vivir nun contorno familiar, permita que menores con especiais problemas condutuais ou con necesidades ou circunstancias especiais sexan tratados con plena dispoñibilidade e garantías de recuperar ou beneficiar o menor, ao contar algún dos membros da unidade familiar acolledora cunha cualificación profesional, experiencia ou formación específicas.
O obxecto do concerto é a prestación do servizo de Promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de NNA en situación de desprotección a través da realización, por parte dunha única entidade, de tarefas relacionadas con catro ámbitos:
a) Captación, selección, formación e apoio das persoas acolledoras especializadas.
b) Apoio técnico ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de NNA.
c) Xestión dos acollementos familiares especializados con dedicación exclusiva propostos pola entidade pública e coordinación con esta.
d) Fomento da relación entre a familia acolledora especializada e a de orixe seguindo as indicacións do Plan individualizado de intervención do NNA. Procurarase sempre que as ditas relacións sexan cordiais pero sen recaer en informalidades e sempre baixo as directrices e recomendacións da entidade pública. Promoverase, previamente, de ser o caso, a capacitación parental destas familias de orixe.
Entidades que presten servizos sociais.
Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:
b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:
b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 350.000 euros.
b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil por riscos profesionais, vixente ata o fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior aos seguintes valores anuais: 350.000,00 €.
A súa acreditación efectuarase por medio de:
1. Unha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se expresen o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.
2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.
b.2) Solvencia técnica e profesional:
Reputarase solvente a entidade concertante que acredite cando menos un dos seguintes requisitos:
– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata o fin do prazo de presentación de proposicións), cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexan igual ou superior a 635.964 euros.
– Polo menos a persoa que exerza de coordinadora e outro membro do equipo técnico contén, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que á súa vez prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado, como as tarefas desempeñadas polo persoal, teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.
c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.
d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.
e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan na alínea K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).
g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Protección de Menores
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544630
Email: proteccionmenores@xunta.gal
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2000).
Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 222 do 14 de novembro de 2003).
Corrección de erros.-Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 235 do 3 de decembro de 2003).
Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2021).
Resolución do 17 de outubro de 2022 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2022).
Resolución do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2023).
Real Decreto do 24 de xullo de 1889 polo que se publica o Código Civil (BOE nº 206 do 25 de xullo de 1889).
Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro,de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil (BOE nº 15 do 17 de xaneiro de 1996).
Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (BOE nº 182, do 30 de xullo de 2011).
Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 175 do 23 de xullo de 2015).
Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2015).
Corrección de erros da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 285 do 28 de novembro de 2015).
Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE nº 134 do 5 de xuño de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
01/11/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes .
1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento BS213E).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.
Documentación complementaria .
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.
b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica e profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.
c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia se derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.
d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo VII da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación».
e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:
e.1) Proxecto técnico, diferenciado nos seguintes puntos:
– Accións de divulgación do programa, en que se detallarán polo menos os seguintes aspectos:
• Descrición das accións de divulgación previstas, contido básico destas e medio a través do cal se levarán a cabo.
• Temporalización.
• Público destinatario.
– Proxecto formativo, en que se especificará:
• Contidos das actividades formativas.
• Metodoloxía.
• Recursos empregados.
• Duración e temporalización.
– Proxecto de intervención coas familias e nenos, nenas e adolescentes, en que se sinalen:
• Obxectivos específicos da intervención e contidos, en función das distintas problemáticas que poidan presentarse.
• Metodoloxía.
• Recursos empregados.
• Proposta de avaliación do programa, coa xustificación dos criterios de éxito ou fracaso empregados.
e.2) Descrición das instalacións en que se levará a cabo o servizo: para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e os documentos seguintes:
– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.
– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, acompañando planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalaranse para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os usos correspondentes.
– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.
e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca Galega de Excelencia en Igualdade e/ou do certificado de Empresa Familiarmente Responsable, ou documentos equivalentes.
e.4) Declaración sobre a experiencia do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite (contratos laborais e certificados de ter prestado servizos en programas relacionados co acollemento familiar ou documentación administrativa que acredite a experiencia como familia acolledora), de acordo co establecido na cláusula O.
e.5) Declaración sobre a formación do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite, de acordo co establecido na cláusula O.
e.6) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que se comprobará de oficio pola Comisión de Valoración.
f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan na alínea K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).
g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán requiridos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega. Os requisitos das alíneas a), d), e e) da cláusula F) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Comprobación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.
d) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.
f) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual e de trata de seres humanos do persoal que se designe para a prestación do servizo.
g) Titulación do persoal da entidade adxudicataria, segundo o punto 3.2 do prego de prescricións técnicas.
h) Títulos oficiais universitarios das persoas que integran as familias acolledoras.
2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo II)
- Fase Solicitude
- Relación de persoal adscrito ao servizo (Anexo VII)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Relación de acollementos familiares especializados subscritos (Anexo VI)
- Modelo declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo V)
- Modelo de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo IV)
- Relación de persoal adscrito ao servizo. (Anexo VII)
- Documentación a presentar pola entidade adxudicataria (Anexo III)
- Memoria xustificativa trimestral (anexo VIII)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"