Guía de procedementos e servizos

BS212B

Axudas para a continuidade das casas do maior

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 22/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

Convocatoria de subvencións destinadas para os anos 2026 e 2027  a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a continuidade de casas do maior 

Poderán ser beneficiarias destas axudas para a continuidade do funcionamento das casas do maior as persoas físicas que se estableceron como empresarias autónomas ou que constituíron cooperativas de traballo asociado que, durante os anos 2019, 2021, 2022, 2023 e 2024, puxeron en marcha unha casa do maior.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

Edif. Adminsitrativo San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881-996332

Email: subxmaiores.politicasocial@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547320

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

22/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do 5º día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Solicitudes.

As solicitudes de subvencións reguladas nesta orde presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s encargada/s do desenvolvemento da actividade.

b) Xustificante da vixencia da póliza de seguro por un importe mínimo de 15.000 euros, que garanta a cobertura das continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes que se puidesen xerar por feitos ou circunstancias ocorridos como consecuencia da estadía na casa do maior ou das actividades propias do servizo prestado que se realicen no exterior.

c) Anexo II, relativo á comprobación de datos da persoa que se encargará de substituír a persoa encargada do desenvolvemento da actividade nos supostos do artigo 2.3.

d) Anexo III cuberto cos datos da persoa encargada do desenvolvemento da actividade, no caso de cooperativas de traballo asociado.

e) Documentación acreditativa da alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos da persoa solicitante e da persoa que vaia desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante, persoa representante, da persoa que se encargará de substituír a persoa encargada do desenvolvemento da actividade nos supostos do artigo 2.3 e da que está a desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado, e número de identificación fiscal (NIF) da entidade, no suposto de cooperativas de traballo asociado.

b) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa ou entidade solicitante e da persoa que vai desenvolver a actividade.

c) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa ou entidade solicitante e da persoa que vaia desenvolver a actividade, no caso de cooperativas de traballo asociado, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

d) Concesións das axudas a que aplica a regra de minimis vixentes da persoa ou entidade solicitante e/ou persoa que vaia desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado, rexistrados na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

e) Alta no imposto de actividades económicas da persoa ou entidade solicitante.

f) Titulacións oficiais universitarias da persoa que se encargará de substituír a persoa encargada do desenvolvemento da actividade nos supostos do artigo 2.3.

g) Titulacións oficiais non universitarias da persoa que se encargará de substituír a persoa encargada do desenvolvemento da actividade nos supostos do artigo 2.3.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano