Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS212A - Axudas para a posta en marcha de casas do maior.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II respectivamente, e para persoas maiores sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, durante o ano 2020, cun máximo de 12 mensualidades.
A efectos da presente Orde considerase que no concello existen recursos de atención diúrna cando, de acordo cos datos que figuran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, conten con centros de día ou centros de día de alzhéimer con permiso de actividades.
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa do maior as persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado.
Obrigas das persoas beneficiarias
1. De conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sen prexuízo das demais obrigacións que resulten da normativa aplicable, as persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que a concede, sen prexuízo da facultade da Consellería de Política Social de comprobar a realización material das actuacións.
b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control. Deberán igualmente conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control de acordo coa lexislación vixente.
c) Ter unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manter as infraestruturas e equipamentos subvencionadas destinadas ao fin concreto para o que se concedeu a subvención por un período non inferior ao establecido no artigo 5 desta orde, tal como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.
d) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativos aos programas e actuacións realizados, a condición de subvencionados pola Consellería de Política Social.
e) Levar un rexistro de persoas usuarias en soporte papel ou electrónico onde consten os datos de identidade das persoas maiores que se atenden, dos seus titores no seu caso, así como o día e o horario de atención e as autorizacións para a administración de medicamentos, de ser o caso.
f) Levar un rexistro das persoas usuarias en soporte papel ou electrónico onde consten os datos de identidade dos usuarios e usuarias que fagan uso do servizo de comidas.
g) Cumprir con todas as obrigas derivadas da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter especial, debendo recadar os consentimentos necesarios para a tratamento dos datos de carácter persoal que manexen no desenvolvemento da experiencia piloto.
h) Informar ao público de que o servizo está financiado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política social. No lugar de prestación do servizo colocarase nun lugar destacado e visible un cartel informativo dun tamaño mínimo A3 no que apareza o anagrama da Consellería de Política Social.
i) Efectuar a xustificación para a percepción da axuda conforme ao establecido nesta orde.
j) Facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
k) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida polo órgano convocante, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
l) Comunicarlle ao órgano convocante obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
m) Acreditar a certificación de manipulador de alimentos e a realización de revisións médicas anuais co correspondente certificado médico oficial.
n) Contratar un seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.
ñ) Poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade todas as situacións que dean lugar á substitución da persoa titular do servizo con anterioridade a que se produza, sempre que non sexa debida a unha situación imprevista, ou no prazo de dez días desde que se produza no resto dos casos. Nestes supostos deberase acompañar a documentación xustificativa do contrato laboral e o alta na Seguridade Social, así como o certificado médico oficial das condicións de saúde da persoa substituta.
o) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, estar ao día nas obrigacións tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Cando as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, segundo o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que la solicitante ou a beneficiaria ten débedas ou obrigacións con algunha destas administracións, será requirida para que regularice a situación e presente por si mesma os correspondentes certificados.
p) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
q) Todas aquelas obrigacións e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e da súa normativa de desenvolvemento.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigacións previstas no Titulo I da citada lei.
3. As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren, o financiamento con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social. Para iso, no lugar onde se desenvolva o proxecto deberá figurar, nun lugar destacado e visible, un cartel informativo dun tamaño mínimo A3 no que aparezan os anagramas da Consellería de Política Social.
No portal de Benestar informarase das características do devandito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión. Cando a casa do maior se publicite nun sitio da internet, as citadas referencias deberán realizarse en lugar visible na súa páxina de inicio; no suposto de facer uso de aplicacións informáticas, deberán facerse as citadas referencias na zona de inicio ou menú principal da aplicación informática, así como no epígrafe de información da aplicación («axuda», «acerca de» ou similares); así mesmo, cando se elaboren materiais divulgativos da casa do maior (cadernos, folletos, notas informativas) deberán constar na contraportada das devanditas publicacións as citadas referencias.
Requisitos
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa do maior as persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:
1º. Grao en medicina.
2º. Grao en enfermería.
3º. Título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería establecido polo Real Decreto 546/1995, do 7 de abril, ou os títulos equivalentes de Técnico Auxiliar Clínica, Técnico Auxiliar Psiquiatría e Técnico Auxiliar de Enfermería que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
4º. Título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou o título equivalente de Técnico de Atención Sociosanitaria, establecido polo Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
5º. Título de Técnico Superior en Integración Social, establecido polo Real Decreto 1074/2012, do 13 de xullo, ou o título equivalente de Técnico Superior en Integración Social establecido no Real Decreto 2061/1995, do 22 de decembro, para aqueles profesionais que á data de publicación do presente Acordo, atópense traballando na categoría profesional de asistente persoal ou auxiliar de axuda a domicilio.
6º. O Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, regulado polo Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
7º. O Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, regulado polo Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de Profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, regulado no Real Decreto 331/1997, do 7 de marzo, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
9º. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regulada pola Orde do 19 de novembro de 2008.
b) Residir en concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, no que se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
O inmoble deberá contar coas condicións arquitectónicas, de deseño e construción, que garantan o cumprimento das normas en vigor, especialmente o código técnico da edificación e as súas esixencias básicas. Estará dotado do seguintes recursos:
1º. Instalación de auga corrente. Os centros disporán de auga corrente procedente da rede de abastecemento público ou de calquera outra fonte que cumpra a normativa técnico-sanitaria vixente.
2º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da actividade subvencionada e conte coa protección de elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto ou outros riscos para a integridade dos maiores.
3º. As estanzas deberán dispoñer de ventilación e iluminación natural.
Exceptúanse destes requisitos os cuartos de baño, nos que a ventilación pode ser natural ou forzada.
4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada cos elementos necesarios para prestar o servizo de manutención.
5º. Unha zona de comedor habilitada para o efecto.
6º. Unha zona diferenciada para o descanso e a hixiene:
6º.1. Contará cunha sala de estar para a realización de actividades individuais ou grupais, que posibilite a convivencia e a participación social. A súa superficie nunca será inferior a 12,5 metros cadrados e deberá dispoñer de iluminación e ventilación natural.
6º.2. Contará como mínimo con dous servizos hixiénicos diferenciados, un para cada sexo, e contarán cunha dotación mínima de lavabo e inodoro. Un dos servizos hixiénicos deberá contar cunha ducha. Deberán estar dotados de axudas técnicas en paredes e sanitarios, así como timbre de chamada con conexión ás zonas comúns. O chan será antiescorregadizo e de doada limpeza e as portas terán un dispositivo fácil de peche e apertura.
Ambas zonas deberán estar situadas preferiblemente en planta baixa ou 1º con fácil acceso ao exterior e ser accesibles.
8º. Barras, axudas e timbre.
9º. A zonas de acceso adecuaranse tanto ao transporte adaptado como aos usuarios de andador e cadeiras de rodas.
10º. Un mobiliario e equipamento que permita a cobertura das necesidades e características específicas da persoas maiores usuarias.
11º. Dispoñer dun plan de actuación cos maiores para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa do maior.
d) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.
e) Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos.
2. O requisito establecido en el número 1.a) do punto anterior, a excepción do punto 8º, así como o certificado médico acreditativo do estado de saúde deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
En canto ao requisito do número 1.a) 8º, o promotor do proxecto deberá comprometerse á súa realización nun prazo máximo de 6 meses dende a entrada en vigor da presente Orde, mediante a emisión dunha declaración responsable nos termos previstos no artigo 11.
O resto dos requisitos previstos no número 1 deste artigo deberán acreditarse no prazo de dous meses desde a recepción da resolución de concesión, ampliable a tres para os supostos de constitución dunha cooperativa de traballo asociado.
Todos os requisitos previstos no número 1 deberán manterse durante o período de permanencia da actividade.
Respecto das cooperativas de traballo asociado, de non estar constituídas no momento de presentación da solicitude, deberán ter iniciados os trámites para a súa constitución con anterioridade á presentación da mesma. Neste caso, deberán achegar coa solicitude a documentación acreditativa correspondente: estatutos, solicitude de calificación previa dos mesmos ou solicitude de inscrición no Rexistro de Sociedades Cooperativas.
3. As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542906
Email: dxmaioresediscapacidade.politicasocial@xunta.gal
Órgano responsable
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2020).
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2020).
Resolución do 19 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (código de procedemento BS212A) (DOG nº 136 do 9 de xullo de 2020)
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
04/02/2020 00:00 - 03/03/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como última día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fóra inhabil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e si no mes do vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Documentación para a presentación
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, previa correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación
1. Con cada solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
a) Copia da documentación acreditativa de estar en posesión de calquera das titulacións ou das formacións recollidas no artigo 4.1.a). No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolverán o proxecto piloto.
En relación co curso de formación ao que fai referencia o artigo 4.1.a) punto 8º, a persoa interesada non estará obrigada a achegar documento acreditativo da súa realización, podendo a Administración comprobalo en calquera momento.
No caso de que aínda non se realizara o curso de formación integral e/ ou complementaria, o promotor deberá presentar unha declaración responsable en que se comprometa á súa realización, nos termos previstos no Anexo I.
b) Certificado médico oficial acreditativo das condicións de saúde. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolverán o proxecto piloto.
c) Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) do últimos tres anos.
d) Proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto piloto, que permita coñecer os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade e que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: ingreso, acollida e período de adaptación, participación das familias, relacións coa comunidade, a alimentación, a hixiene, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.
A proposta metodolóxica incluirá protocolos básicos de actuación con persoas maiores: protocolo de caídas, de hixiene persoal, atención e coidados, suxestións e reclamacións.
e) Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian a empregar no desenvolvemento do proxecto indicando se son ou non de nova adquisición.
f) Memoria descritiva do inmoble: Planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións e ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.
g) Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo III.
h) Documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero e certificado de discapacidade no caso de que sexa emitido por outras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso, a efectos da valoración dos criterios establecidos no artigo 15.
Respecto da demanda de emprego, considerásese interrompida se se traballou durante un período acumulado de 90 ou máis días nos 365 anteriores á data de solicitude.
i) Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia a encargar do desenvolvemento do proxecto, no suposto de tratarse de cooperativas de traballo asociado.
j) Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).
k) Certificado de manipulador de alimentos.
l) Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto conta, coas condicións de habitabilidade necesarias para o seu uso como vivenda. No suposto de inmobles non destinados a vivenda o informe anterior substituirase pola documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico da Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación. No caso de ter quer realizar obras de adaptación ou reforma o informe terá que acreditar as condicións referidas con posterioridade á súa realización.
m) Fotografías das adaptacións realizadas.
n) Datos de identificación da persoa que se encargará de substituír á responsable do desenvolvemento do proxecto piloto nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia, así como copia da documentación recollida no articulo 4.1.a).
o) Alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións públicas, de ser o caso.
p) Plan de actuación en caso de emerxencia.
q) Xustificante de contratar unha póliza de seguro por un importe mínimo de 15.000 euros, que garanta a cobertura das continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes que puidesen xerarse por feitos ou circunstancias ocorridos como consecuencia da súa estadía nel ou das actividades propias que se realicen no exterior.
Os interesados non estarán obrigados a achegar documentos que foran elaborados por calquera Administración nin aqueles que xa foran presentados anteriormente, sempre que o interesado exprese o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á proposta de resolución.
2. A documentación prevista nas letras k) a q) do número 1 poderá presentarse ben no momento da solicitude co anexo I, ben no prazo de dous meses desde a recepción da resolución de concesión, ampliable a tres no caso de cooperativas de traballo asociado, xunto co anexo II.
3. A Consellería de Política Social reserva para si a facultade de solicitar a información complementaria que considere conveniente para a correcta definición, avaliación, seguimento e comprobación da solicitude presentada.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitar este procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas :
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante ou da que vai desenvolver o proxecto piloto no caso de cooperativas de traballo asociado e número de identificación fiscal (NIF), no suposto de cooperativas de traballo asociado.
b) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pago ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia tanto respecto da persoa ou entidade solicitante como da persoa que vai desenvolver o proxecto piloto.
d) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios mencionados no artigo 4.1.a) da persoa solicitante ou da que vaia a desenvolver o proxecto piloto no suposto de cooperativas de traballo asociado.
e) Empadroamento da persoa solicitante ou da que vai desenvolver o proxecto piloto no suposto de cooperativas de traballo asociado.
f) Alta no imposto de actividades económicas, respecto da persoa ou entidade solicitante e da persoas que vai desenvolver o proxecto piloto.
g) Certificación acreditativa da inscrición ininterrompida na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses da persoa solicitante ou da que vai desenvolver o proxecto piloto no suposto de cooperativas de traballo asociado, no seu caso.
h) Alta na Seguridade Social no réxime especial de Autónomos da persoa solicitante e da persoa que vai desenvolver o proxecto.
2. Consultaranse os seguintes datos cando a persoa interesada o faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
Certificado do grao de discapacidade, no seu caso, aos efectos da valoración dos criterios recollidos no artigo 15 da persoa solicitante ou da que vai desenvolver o proxecto piloto no suposto de cooperativas de traballo asociado.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presenten documentos correspondentes.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Anexos asociados
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"