Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS210A - Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Este procedemento ten por obxecto á tramitación conxunta de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na comunidade autónoma de Galicia e do recoñecemento do grado discapacidade.
Titulares do dereito
1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia e ou da discapacidade as persoas con nacionalidade española que cumpran os seguintes requisitos:
a) Atoparse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
b) Para as persoas menores de tres anos, atoparse en situación de dependencia conforme o establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
c) Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para as persoas menores de cinco anos o período de residencia exixiráselle a quen exerza a súa garda e custodia.
d) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.
2. As persoas que carezan de nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais, convenios que se establezan co país de orixe e, de ser o caso, lexislación aplicable ás persoas menores de idade.
3. As persoas solicitantes que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornadas, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder aos servizos e ás prestacións económicas con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.
4. As persoas solicitantes unicamente da valoración da discapacidade abondará co cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, residir nun municipio da Comunidade Autónoma e cumprir cos demais requisitos que se establecen na Orde do 25 novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG núm. 236, do 11 de decembro de 2015)
b) Posuír a nacionalidade española e ser residente no estranxeiro así como ser persoa estranxeira residente en Galicia, segundo o procedemento establecido nos artigos 25 e 26 respectivamente da Orde do 25 de novembro de 2015.
Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia
De conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, o catálogo do Sistema para a autonomía e atención á dependencia comprende, segundo as prioridades que estableza o Programa individual de atención, os seguintes servizos:
a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal.
b) Servizo de teleasistencia básica e avanzada.
c) Servizo de axuda no fogar.
1º. Atención das necesidades do fogar.
2º. Coidados persoais.
d) Servizo de centro de atención diúrna e de atención nocturna para persoas en situación de dependencia:
1º. Centro de día para maiores.
2º. Centro de día para menores de 65 anos.
3º. Centro de día de atención especializada.
4º. Centro de noite.
e) Servizo de atención residencial:
1º. Residencia de persoas maiores en situación de dependencia
2º. Centro de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.
3º. Estadías temporais en residencia.
E as prestacións económicas do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, recollidas no artigo 4 do citado Decreto 142/2023, do 21 de setembro, son as que a continuación se enumeran:
a) A prestación económica vinculada ao servizo como achega económica de carácter periódico que ten por finalidade contribuír ao financiamento do custo dos servizos que se determinen no Programa individual de atención como os máis adecuados para a persoa en situación de dependencia e sexan prestados por entidades debidamente autorizadas para a atención á dependencia, cando non sexa posible o acceso efectivo a un servizo público.
b) A prestación económica para coidados na contorna familiar como achega económica de carácter periódico, cuxa finalidade é proporcionarlle á persoa beneficiaria recursos económicos para contribuír á cobertura dos gastos derivados da atención prestada pola persoa coidadora non profesional co obxecto de posibilitar a permanencia da persoa beneficiaria no seu domicilio habitual, sempre que o Programa individual de atención determine esta modalidade de intervención como a máis adecuada entre as do catálogo de prestacións, tendo en conta o grao de dependencia recoñecido e as necesidades de atención da persoa en situación de dependencia.
c) A prestación económica de asistencia persoal como achega económica destinada a contribuír á cobertura dos gastos derivados da contratación dun/unha asistente persoal que facilite o acceso a un proxecto formativo, laboral ou ocupacional para promover unha maior autonomía no exercicio das actividades da vida diaria ás persoas en situación de dependencia en calquera dos seus graos.
Programa de asignación de recursos
O programa de asignación de recursos (en diante PAR) é o instrumento a través do cal a consellería con competencias en materia de servizos sociais establece unha orde de preferencia para o acceso aos centros de día, de noite, residenciais, teleasistencia e axuda no fogar do Sistema galego de servizos sociais.
O acceso ás listaxes ordenadas de acordo cos criterios de prelación establecidos no Decreto 142/2023, de 21 de setembro, é público, sen prexuízo das limitacións que deriven da lexislación vixente sobre o dereito á intimidade e á protección de datos de carácter persoal. Neste sentido, e logo da solicitude a través do correspondente modelo normalizado, o órgano superior competente en materia de admisión nos centros e servizos para as persoas en situación de dependencia emitirá certificacións relacionadas co seu contido.
O PAR establecerá a prelación mediante a aplicación dos seguintes criterios de prioridade:
a) O maior grao de dependencia.
b) A menor capacidade económica.
c) A situación sociofamiliar da persoa en situación de dependencia.
d) A non percepción doutra prestación ou servizo do Sistema para a promoción da autonomía e atención á dependencia.
e) A data de presentación da solicitude da valoración da dependencia.
f) A idade da persoa en situación de dependencia.
Atendendo aos criterios expostos nos puntos anteriores, o PAR xerará unha actualización automática da listaxe de espera, a medida que o órgano superior competente en materia de admisión nos centros e servizos para as persoas en situación de dependencia incorpore novas resolucións de Programa individual de atención pendentes de asignación de centro ou servizo.
As persoas incluídas no PAR poderán comunicar ao órgano superior competente a relación de centros aos cales desexen incorporarse.
Persoas de calquera idade que se atopen en situación de dependencia e/ou discapacidade.
a) Atoparse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
b) Para as persoas menores de tres anos, atoparse en situación de dependencia conforme o establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
c) Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para as persoas menores de cinco anos o período de residencia exixiráselle a quen exerza a súa garda e custodia.
d) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.
- As persoas que carezan de nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais, convenios que se establezan co país de orixe e, de ser o caso, lexislación aplicable ás persoas menores de idade.
- As persoas solicitantes que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornadas, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder aos servizos e ás prestacións económicas con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.
- As persoas solicitantes unicamente da valoración da discapacidade abondará co cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, residir nun municipio da Comunidade Autónoma e cumprir cos demais requisitos que se establecen na orde do 25 novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG núm. 236, do 11 de decembro de 2015)
b) Posuír a nacionalidade española e ser residente no estranxeiro así como ser persoa estranxeira residente en Galicia, segundo o procedemento establecido nos artigos 25 e 26 respectivamente da Orde do 25 de novembro de 2015.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Coruña
Oficina Integrada de Dependencia e Discapacidade de Santiago
R/ Xosé Chao Rego s/n, edificio CEGADI, Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999335
Email: evo.ctb.santiago@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Coruña
R/Concepción Arenal, 7-9
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881504
Fax: 981881506
Email: dependencia.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Coruña
Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182482/ 981182523
Email: evo.ctb.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Coruña
Oficina Integrada de Dependencia e Discapacidade de Ferrol
Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337232/ 981337237
Email: evo.ctb.ferrol@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo
R/ Serra de Ancares, 68 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294427
Email: infodependencia@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo
Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades de Lugo
Serra de Ancares, nº 68 - baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889133
Email: evo.ctb.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Ourense
R/ Sáenz Díez, nº 33
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386199
Fax: 988386159
Email: dependencia.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Ourense
Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades de Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 33 - baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386152
Email: evo.ctb.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Vigo
Praza da Estrela, s/n - 3º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817805/ 986817824
Email: dependencia.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Vigo
Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades de Vigo
Rúa Faisán, 12
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886120710/ 886120713
Email: evo.ctb.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Vigo
Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades de Pontevedra
Avda. de Vigo, 16 baixo
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159831
Email: evo.ctb.pontevedra@xunta.gal
Subdirección Xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008).
Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro do 2012).
Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 10 de abril de 2013).
Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 236 do 11 de decembro de 2015).
Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2023).
Resolución do 31 de decembro de 2024 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude conxunta de recoñecemento da situación da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia e do recoñecemento do grao de discapacidade (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2025).
Lei 39/2006, 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia (BOE nº 299 do 15 de decembro de 2006).
Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 96 do 21 de abril de 2007).
Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).
Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).
Corrección de erros do Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 140 do 12 de xuño de 2007).
Real Decreto 99/2009, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do sistema para a autonomía e atención á dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 43 do 19 de febreiro de 2009).
Real Decreto 1051/2013, de 27 de diciembre, por el que se regulan las prestaciones del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia, establecidas en la Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia (BOE nº 313, de 31 de diciembre de 2013)
Real Decreto 888/2022, do 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade (BOE nº 252 do 20 de outubro de 2022)
Real Decreto 675/2023, do 18 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1051/2013, do 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atencións ás persoas en situación de dependencia (BOE núm. 171, do 19 de xullo de 2023).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, e aqueles profesionais da administración pública que no exercicio da súa actividade profesional actúen en representación da persoa interesada, ou como autorizados para presentar a solicitude.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:
a) Aqueles casos que insten a valoración da dependencia e/ou da discapacidade deberán achegar xunto coa solicitude, anexo I, a seguinte documentación:
1º. Documento acreditativo da representación da persoa solicitante, se é o caso. Cando a solicitude sexa presentada e asinada polo/a gardador/a de feito dita circunstancia servirá como declaración ante a Administración.
A representación poderá acreditarse por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia ou descargando e cubrindo o formulario que aparece na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/ficheiros/modelos-normalizados/Representacion-C.pdf
2º. Anexo II de comprobación dos datos da unidade de convivencia, de ser o caso.
b) Para aqueles casos nos que se solicite só á situación de dependencia , achegarase ademais a seguinte documentación:
1º. Anexo III de comprobación dos datos da unidade de apoio.
2º. Certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular (no caso de non cumprir o requisito do período de residencia).
3º. Documento xustificativo de percepción de pensión do estranxeiro, de ser o caso.
c) Para aqueles casos nos que se solicite só o grao de discapacidade , achegarase ademais a seguinte documentación:
1º. Anexo IV Perfil de avaliación do desempeño/Restricións na participación. BRP-QD (S).
Tera carácter voluntario pero recoméndase a súa presentación xa que axuda ao persoal técnico a afondar na avaliación no momento da entrevista.
Poderase presentar electronicamente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo nos 30 días anteriores á cita de valoración ou levalo cumprimentado o día da cita e presentalo no rexistro público da Sección de Cualificación e Valoración da Discapacidade respectiva.
2º. No caso de tramitación prioritaria informes médicos e calquera documentación xustificativa que acredite algunha das seguintes circunstancias: ELA, ataxias rapidamente progresivas, distrofias musculares, escleroses múltiples de evolución rápida, enfermidades metabólicas con trastornos motores e neoplasias en estadio IV.
3º. No caso de tratarse de menores de 18 anos achegarse a seguinte documentación:
– Informe psicopedagóxico do centro de escolarización para os/as menores de entre 6 e 16 anos.
– Informe psicopedagóxico do centro no caso de estar escolarizado ou similar para os/as menores de entre 0 e 6 anos ou entre 16 e 18 anos.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código (BS210A) e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
a) En tódalas solicitudes se comprobará a seguinte documentación:
1º. DNI ou NIE da persoa solicitante.
2º. DNI ou NIE da persoa representante ou do/a gardador/a de feito.
3º. NIF da entidade representante.
4º. Certificado de empadroamento actual.
5º. Certificado de residencia legal no caso de persoas estranxeiras.
6º. Historia clínica do Sergas.
b) Para o caso de solicitar a situación de dependencia , consultarase ademais a seguinte documentación:
1º. Certificado de nacemento do rexistro civil, no caso de menores de idade que non dispoñan de DNI.
2º. Certificado histórico de concellos de residencia.
De acordo co artigo 2.1.c) do Decreto 142/2023, cando a persoa solicitante sexa un menor de cinco anos consultarase o certificado histórico de concellos de residencia de quen exerza a súa garda e custodia.
3º. Certificado do grao de dependencia, da persoa solicitante no caso de expedientes trasladados doutras comunidades autónomas.
4º. Certificado do grao de discapacidade.
5º. Certificado de defunción do rexistro civil.
6º. Certificación de datos catastrais.
7º. Certificado de titularidade e de datos de bens catastrais.
8º. Certificado da declaración da renda (IRPF).
9º. Certificado das prestacións do Rexistro de prestacións sociais públicas, incapacidade temporal e maternidade, calquera que sexa o seu réxime (Seguridade Social, MUFACE, ISFAS, MUGEJU, ...).
10º. Certificado da renda de inclusión social de Galicia (Risga).
2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada así o faga constar a través do anexo II relativo a comprobación de datos do cónxuxe ou parella de feito, da/das persoa/s a cargo e da persoa coidadora da persoa solicitante de dependencia:
a) DNI ou NIE.
b) Certificado de empadroamento actual.
c) Certificado de residencia legal no caso de persoas estranxeiras.
d) Certificado do grao de discapacidade (só no caso de solicitar dependencia).
e) Certificado do grao de dependencia (só no caso de solicitar dependencia).
f) Certificado da declaración renda (IRPF).
g) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade, calquera que sexa o seu réxime (Seguridade Social, MUFACE, ISFAS, MUGEJU, ...).
h) Certificado da renda de inclusión social de Galicia (Risga) só no caso de solicitar dependencia).
3. No caso de que a persoa proposta como coidadora para a prestación de coidados na contorna familiar sexa da unidade de apoio, allea as persoas relacionadas no anexo II, consultaranse os seguintes datos cando a persoa interesada así o faga constar a través do anexo III:
a) DNI ou NIE.
b) Certificado de empadroamento actual.
c) Certificado de residencia legal no caso de persoas estranxeiras.
4. Non será necesario a consulta do padrón cando as persoas solicitantes están a ser atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencia, centro de día, axuda no fogar) da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e presentar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
6. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a posta en marcha de casas do maior.
Selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica de acordo coa LORPM nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa Integración Familiar”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo plus no marco do ProgramaFSE+ Galicia 2021-2027.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección.
Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa espazos de preservación familiar”, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.