Guía de procedementos e servizos

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais

Aberto todo o ano

Tramitar a autorizacion para o inicio de actividade de centros e programas de servizos sociais.

Entidades prestadoras de servizos sociais, públicas ou privadas que desenvolvan servizos ou programas de servizos sociais, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957681

Fax: 981957697

Email: inspeccion.maioresediscapacitados@xunta.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15890  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540041

Fax: 981957697

Email: servizos.comunitarioseinclusion@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Servizo de Inspección de Familia e Menores

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545688

Fax: 981957697

Email: inspeccion.familiaemenores@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185771

Fax: 981185701

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294289

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Avda. de la Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

R/ Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817217

Fax: 986817637

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:

a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.

b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.

d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.

e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.

f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.

g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.

h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.

2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

Para a tramitación desta autorización, no caso dos centros, é indispensable que as obras e instalacións estean totalmente rematadas e debidamente equipadas.

No caso de centros, de non contar coa previa autorización para a creación/construción do centro, achegarase neste procedemento toda a documentación precisa para a súa tramitación co fin de resolver conxuntamente as dúas autorizacións.

  • Autorización de servizos, centros e programas ( 31.27.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

DOCUMENTACIÓN COMÚN

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude (código 31.27.01).

  • No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.

INICIO DE ACTIVIDADE/REHABILITACIÓN DE AUTORIZACIÓN DE CENTROS/PROGRAMAS

  • Copia da documentación en virtude da cal se acredite o dereito polo cal se dispón do inmoble do centro ou da instalación de referencia do programa.

  • Proxectos de pólizas de seguros que se van subscribir, de conformidade co disposto no artigo 7.1.d) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro.

  • Proxecto de normas de funcionamiento e, de ser o caso, modelo de contrato a asinar coas persoas usuarias, e réxime de prezos ou tarifas.

  • Relación de persoal facendo constar o número de efectivos, a súa dedicación ao servizo, a súa relación laboral ou contractual coa entidade titular e as súas titulacións. A especialización profesional do persoal deberá axustarse á tipoloxía do servizo social do que se trate. Así mesmo, achegaranse os datos persoais e de titulación da persoa responsable da dirección ou da coordinación do servizo. No caso de centros de infancia, acreditarase tamén que o novo persoal posúe coñecementos básicos en primeiros auxilios, recoñecemento médico, vacinación contra a rubeola, coñecementos en manipulación de alimentos e certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

  • Certificado asinado polo/a representante legal da entidade titular, no que se acrediten os extremos sinalados no artigo 25.1.e) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

  • Toda aqueloutra documentación exixida pola normativa específica que lle resulte de aplicación ao centro, programa ou servizo concreto.

INICIO DE ACTIVIDADE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • No caso de que requira a adaptación das instalacións, mediante algunha obra de ampliación ou reforma, remitirase a documentación técnica necesaria para emitir o preceptivo informe técnico sobre a adecuación da mesma aos requisitos exixidos na normativa correspondiente ao servizo complementario do que se trate.

  • Proxecto de normas de funcionamento e, de ser o caso, modelo do contrato a asinar coas persoas usuarias e réxime de prezos ou tarifas do novo servizo.

  • Relac ión de persoal asignado ao servizo, xustificante da ampliación das correspondentes pólizas de seguros e da concesión da licenza municipal ou da súa solicitude, cando proceda.

REHABILITACIÓN DE AUTORIZACIÓN

  • Documentación que acredite que desapareceron as causas que motivaron a revogación da autorización.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas

interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos

documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008).

    • Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103N

Acreditación de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano