Guía de procedementos e servizos

AU208A

Concesión de augas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede, como particular ou representando unha persoa xurídica, desexa realizar un uso privativo das augas superficiais ou subterráneas para algún dos seguintes fins:

- Usos domésticos ata 2000 persoas, constitúan ou non un núcleo habitado.

- Rega con caudal inferior a 8 litros/segundo.

- Acuicultura ata 100 litros/segundo.

- Outros destinos non enerxéticos, con caudal inferior a 5 litros/segundo.

Debe solicitar da Xunta de Galicia o inicio do procedemento e a apertura do trámite de competencias de proxectos, se fose procedente. A concesión outorgarase con carácter temporal e prazo non superior a setenta e cinco anos, segundo as previsións dos plans hidrolóxicos, e non poderá ser aplicado a outros usos distintos.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Norte

Rúa Vicente Ferrer, nº 2 - 9ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182531/ 981182536

Fax: 981182532

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Centro

Rúa Tomiño, nº 16 baixo

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544726/ 981543959

Fax: 981545347

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Sur

Rúa López de Neira, nº 3 - 4ª planta, local 403

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817159

Fax: 986817155

Augas de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Concesións en materia de augas, incluída a inscrición no Rexistro de Augas ( 31.29.17)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Relación de parcela/s destinataria/s da auga (no caso de concesión para rega).

  • Xustificante do pago da taxa administrativa (código taxa: 31.29.17).

  • Proxecto subscrito por técnico competente. Definiranse as obras e instalacións, indicando as propiedades particulares que se atravesen coas conducións. Xustificarase a necesidade do caudal solicitado. Indicaranse as coordenadas U.T.M. dos puntos de toma e o detalle de potabilización adoptado, cando proceda. Plano donde figurarán claramente o punto ou puntos de toma e o esquema das instalacións.

  • Certificación da non existencia de abastecemento municipal (no caso de concesión para abastecemento).

  • Xustificación da capacidade de actuar. (nos supostos de concellos solicitantes, de acordo coa lexislación de réxime local ou co regulamento da entidade constituída pola asociación de corporacións locais. Neste último caso, xustificarase a aprobación do regulamento).

  • Censos de poboación e gandeiro (cando proceda segundo o destino das augas).

  • Calquera outra documentación que se considere oportuno presentar.

  • Informe sanitario da Administración competente (no caso de concesión para abastecemento).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321D. Recurso en materia de augas"

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Augas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 2001).

    • Corrección de erros do texto refundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 287, do 30 de novembro de 2001).

    • Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 45, do 21 de febreiro de 2003).

    • Corrección de erratas do Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 54, do 4 de marzo de 2003).

    • Real Decreto-Lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 90, do 14 de abril de 2007).

    • Real Decreto 1120/2012, do 20 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 207, do 29 de agosto de 2012).

    • Real Decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das Concas Mediterráneas Andaluzas, do Guadalete e Barbate e do Tinto, Odiel e Pedras (BOE nº 19, do 22 de xaneiro de 2016).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU209A

Recoñecemento do dereito a un uso privativo de augas por disposición legal e de inscrición no libro de rexistro.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano