Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AP900B
Reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Tramitar reclamacións perante a Comisión da Transparencia de Galicia fronte ás resolucións de acceso á información pública.
Persoas físicas e xurídicas.
Comunidade Autónoma de Galicia
Consello Consultivo de Galicia
Consello Consultivo de Galicia
Comisión de Transparencia de Galicia
R/ Algalia de Abaixo, 24 - 2º (Pazo de Amarante)
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881 868 300
Email: reclamacions.ctg@comisiondatransparencia.gal
https://www.comisiondatransparencia.gal/es/acceso-a-informacion/
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Presentación das reclamacións
As reclamacións poderán presentarse por vía electrónica a través do modelo normalizado (anexo, procedemento AP900B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos que estean obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración de acordo coa normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as reclamacións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e poderán utilizar o modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
1. Xunto coa reclamación, as persoas interesadas poderán achegar a seguinte documentación:
a) Solicitude de información pública.
b) Resolución administrativa que se impugna, se é o caso.
c) Outra documentación que fundamente a súa reclamación.
2. No caso de que se interpoña a reclamación en nome doutra persoa, deberá acreditarse a representación nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. A documentación complementaria que se achegue poderá presentarse por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración de acordo coa normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da reclamación na sede electrónica da Xunta de Galicia, deberán indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da reclamación e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, para a tramitación da reclamación consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa reclamante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade reclamante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no modelo normalizado e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da reclamación na sede electrónica da Xunta de Galicia
No caso de que a reclamación se presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o modelo normalizado, a dita sede electrónica da Xunta de Galicia permitiralles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas non obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
-
Resolución do 1 de xuño de 2026 pola que aproba o modelo normalizado de reclamación perante a Comisión da Transparencia de Galicia fronte ás resolucións de acceso á información pública (DOG nº 111 do 16 de xuño de 2026).
-
Resolución do 4 de xuño de 2026 pola que se dispón a publicación da delegación de competencia da Comisión da Transparencia de Galicia no presidente (DOG nº 111 do 16 de xuño de 2026).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE nº 295, do 10 de decembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Alegacións en procesos de información pública de expedientes en materia portuaria
Aberto todo o ano
Alegacións a proxectos industriais estratéxicos durante o trámite de información pública
Aberto todo o ano
Recoñecemento da condición de persoa interesada en proxectos industriais estratéxicos
Aberto todo o ano