Guía de procedementos e servizos

AP401A

Premio Axentes TIC da Rede CeMIT

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 07/05/2026 00:00 - 31/08/2026 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

Recoñecer o compromiso e a labor dos axentes TIC e responsables de aula, xa que fan posible unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte coas capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital

 Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que desenvolvan labores de dinamización no ámbito dunha aula CeMIT (axentes TIC e responsables de aula da Rede CeMIT) mediante a realización de cursos, charlas etc., e que, mediante declaración responsable, acrediten levar a cabo os ditos labores na aula que corresponda durante o ano en curso.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Centro de innovación cultural y Modernización Tecnologica de Galicia- Ciudad de la Cultura s/n- Monte Gaias

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545271

Fax: 981545274

Email: amtega@xunta.gal

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/05/2026 00:00 - 31/08/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2026.

1. A forma de participación realizarase a título individual, agás nos casos nos que existan varias persoas responsables da dinamización da aula, que poderán conformar un equipo de traballo (na categoría Axente TIC só se permite a presentación de xeito individual). O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como voceiro do equipo, que será a encargada das comunicacións.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e de sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Ficha de postulación (anexo III), que contará cos seguintes puntos:

Na categoría Espazo Maker: a/as persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberá/n indicar un breve resumo da iniciativa e incluír ID da actividade, o número total de horas e as persoas formadas, o/os complemento/s tecnolóxico/s punteiro/s empregado/s; a xustificación do fomento das vocacións STEAM; a xustificación das características como proxecto con carácter interxeracional; a xustificación do carácter inclusivo da iniciativa ou do proxecto; a explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas; e a xustificación da orixinalidade da actividade realizada.

Na categoría Maiores Dixitais: a/as persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberá/n describir a iniciativa realizada e indicar a ID da actividade, as competencias dixitais desenvoltas, o número total de horas e as persoas formadas e, se for o caso, o/os complemento/s tecnolóxico/s punteiro/s empregado/s; a xustificación da promoción do envellecemento activo e conexión social; a xustificación das características como proxecto con carácter interxeracional; a xustificación do carácter inclusivo da iniciativa ou proxecto; a explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas; e a xustificación das características que outorgan carácter creativo e orixinal á iniciativa.

Os puntos indicados anteriormente para cada unha das categorías valoraranse segundo os criterios de avaliación indicados no artigo 14; o non cumprimento dalgún destes criterios non suporá a exclusión deste proceso de valoración.

Co obxecto de garantir o anonimato, no anexo III non figurará ningún dato persoal da persoa ou equipo de persoas autoras das propostas.

b) Pluralidade de persoas solicitantes (anexo IV), se se aplica na súa solicitude.

No caso de que se trate dunha candidatura en equipo, os seus membros, exceptuando o representante, deberán cubrir o anexo IV referente á pluralidade de persoas solicitantes.

c) De xeito opcional, unha memoria que achegue máis información sobre a súa candidatura.

A/as persoa/s interesada/s poderá/n achegar, xunto coa solicitude (anexo II), unha memoria opcional en formato libre que achegue máis información sobre a súa candidatura. Esta memoria ten que cumprir o seguinte formato: tipografía Arial, tamaño 11 puntos, entreliña de 1.5 e extensión non maior de dez páxinas. A memoria non deberá conter ningún dato identificativo que permita identificar a persoa solicitante ou aula CeMIT en que realiza o labor de axente TIC. Aquelas candidaturas que non cumpran con estes requirimentos non serán tidas en conta.

d) Para a categoría Axente TIC, a persoa interesada deberá presentar unha memoria en que resumir a súa traxectoria como axente TIC da Rede CeMIT.

A persoa interesada en presentar a súa solicitude na categoría Axente TIC deberá presentar unha memoria obrigatoria co seguinte contido mínimo: o número de actividades realizadas; o número de persoas formadas en competencias dixitais; os principais colectivos aos que van dirixidas as actividades; o resumo das actividades realizadas (incluíndo ID das actividades) máis innovadoras ou cun maior impacto sobre a cidadanía, a xustificación das metodoloxías empregadas, a explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas. Adicionalmente, esta memoria ten que cumprir o formato indicado no punto 6 deste artigo. Non se terá en conta, en ningún caso, a información relativa a actividades externas. Aquelas candidaturas que non cumpran con estes requirimentos non serán tidas en conta.

O contido da memoria indicado anteriormente valorarase segundo os criterios de avaliación indicados no artigo 14.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

Candidaturas individuais (anexo II):

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, segundo o caso.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante.

f) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.

Candidaturas en grupo (anexo IV):

a) DNI ou NIE das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.

d) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 21 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 83 do 06 de Maio de 2026).

    • Extracto da Resolución do 21 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 83 do 06 de Maio de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano