Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AP401A
Premio Axentes TIC da Rede CeMIT.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Recoñecer o compromiso e a labor dos axentes TIC e responsables de aula, xa que fan posible unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte coas capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que desenvolvan labores de dinamización no ámbito dunha aula CeMIT (axentes TIC e responsables de aula da Rede CeMIT) mediante a realización de cursos, charlas etc., e que, mediante declaración responsable, acrediten levar a cabo os ditos labores na aula que corresponda durante o ano en curso.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Centro de innovación cultural y Modernización Tecnologica de Galicia- Ciudad de la Cultura s/n- Monte Gaias
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545271
Fax: 981545274
Email: amtega@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
20/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 18 de xullo de 2025.
1. A forma de participación realizarase a título individual, agás nos casos en que existan varias persoas responsables da dinamización da aula, que poderán conformar un equipo de traballo (na categoría Axente TIC só se permite a presentación de xeito individual). O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como voceira do equipo, que será a encargada das comunicacións.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Así mesmo, as solicitudes serán presentadas polas persoas interesadas ou, no caso de presentar candidatura en grupo, pola persoa física designada como voceira do equipo, tendo en conta que o anexo IV desta convocatoria deberá ser presentado por cada unha das terceiras persoas solicitantes.
Segundo recolle o artigo 14.3 da Lei 39/2015: «Regulamentariamente, as administracións poderán establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas que, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios». Considérase que os/as axentes TIC e responsables de aula da Rede CeMIT, pola súa condición de dinamizadores en competencias dixitais, dispoñen da capacidade e medios electrónicos necesarios para relacionarse coa Administración no marco deste procedemento, polo que se impón a obriga de tramitación electrónica a todas as persoas solicitantes neste procedemento.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude (anexo II).
2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
– Ficha de postulación (anexo III).
– Pluralidade de persoas solicitantes (anexo IV), se aplica na súa solicitude.
– De xeito opcional, unha memoria que proporcione máis información sobre a súa candidatura.
– Para a categoría Axente TIC, a persoa interesada deberá presentar unha memoria en que resuma a súa traxectoria como axente TIC da Rede CeMIT.
3. A ficha de postulación (anexo III) contará coas seguintes epígrafes:
– Na categoría Espazo maker: a/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberá/n indicar un breve resumo da iniciativa incluíndo ID da actividade, número total de horas e persoas formadas, complemento/s tecnolóxico/s punteiro/s empregado/s, xustificación do fomento das vocacións Steam, xustificación das características como proxecto con carácter interxeracional, xustificación do carácter inclusivo da iniciativa ou proxecto, explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas, e xustificación da orixinalidade da actividade realizada.
– Na categoría Maiores dixitais: a/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberá/n describir a iniciativa realizada indicando ID da actividade, competencias dixitais desenvoltas, número total de horas e persoas formadas e, se for o caso, o/s complemento/s tecnolóxico/s punteiro/s empregado/s, xustificación da promoción do envellecemento activo e conexión social, xustificación das características como proxecto con carácter interxeracional; xustificación do carácter inclusivo da iniciativa ou proxecto, explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas, e xustificación das características que outorgan carácter creativo e orixinal á iniciativa.
As epígrafes indicadas anteriormente para cada unha das categorías valoraranse segundo os criterios de avaliación indicados no artigo 16. O non cumprimento dalgún destes criterios non suporá a exclusión deste proceso de valoración.
4. Co obxecto de garantir o anonimato, no anexo III non figurará ningún dato persoal da persoa ou equipo de persoas autoras das propostas.
5. No caso de que se trate dunha candidatura en equipo, os seus membros, exceptuando o representante, deberán cubrir o anexo IV referente á pluralidade de persoas solicitantes.
6. A/s persoa/s interesada/s poderá/n achegar, xunto coa solicitude (anexo II), unha memoria opcional en formato libre que proporcione máis información sobre a súa candidatura. Esta memoria ten que cumprir o seguinte formato: tipografía Arial, tamaño 11 puntos, entreliña de 1,5 e extensión non maior a dez páxinas. A memoria non deberá conter ningún dato identificativo que permita identificar o/a solicitante ou aula CeMIT en que realiza o labor de axente TIC. Aquelas candidaturas que non cumpran con estes requirimentos non serán tidas en conta.
7. A persoa interesada en presentar a súa solicitude na categoría Axente TIC deberá presentar unha memoria obrigatoria co seguinte contido mínimo: número de actividades realizadas, número de persoas formadas en competencias dixitais, principais colectivos a que van dirixidas as actividades, resumo das actividades realizadas (incluíndo ID das actividades) máis innovadoras ou cun maior impacto sobre a cidadanía, xustificación das metodoloxías empregadas, explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas. Adicionalmente, esta memoria ten que cumprir o formato indicado no punto 6 deste artigo. Non se terá en conta, en ningún caso, a información relativa a actividades externas. Aquelas candidaturas que non cumpran con estes requirimentos non serán tidas en conta.
O contido da memoria indicado anteriormente valorarase segundo os criterios de avaliación indicados no artigo 16.
8. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
10. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• Candidaturas individuais (anexo II):
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, segundo o caso.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante.
f) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.
• Candidaturas en grupo (anexo IV):
a) DNI ou NIE das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.
d) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Ficha de postulación (Anexo III)
- Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 116 do 19 de xuño de 2025).
-
Extracto da Resolución do 28 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 116 do 19 de xuño de 2025).
-
Corrección de erros. Resolución do 28 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 121 do 26 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Aberto todo o ano
Queixa.
Aberto todo o ano