Guía de procedementos e servizos

AP400C

Subvencións para a execución de diversas actuacións de mellora nas infraestruturas de telecomunicacións en edificios.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 08/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

A concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (Programa UNICO-Edificios) previstas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro) (código de procedemento AP400C), modificado polo Real decreto 1137/2023, do 19 de decembro (BOE núm. 9, do 10 de xaneiro de 2024), e polo Real decreto 522/2024, do 4 de xuño (BOE núm. 136, do 5 de xuño), no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Convócanse as citadas subvencións para o período 2024.

As comunidades de propietarios, dun edificio ou conxunto de edificacións, suxeitos ao réxime de propiedade horizontal, establecidos no artigo 396 do Código civil, así como nos correlativos da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, que precisen adaptar as súas instalacións de telecomunicacións no interior do edificio ou conxunto de edificacións. Igualmente, poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de destinatarios últimos das axudas as corporacións locais galegas que precisen adaptar as instalacións de telecomunicacións no interior de edificios ou conxunto de edificacións da súa propiedade cando se trate de edificios ou edificacións que se localicen no seu respectivo ámbito territorial. O edificio ou conxunto de edificacións deberá ser subvencionable segundo o indicado no artigo 3.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Área de Sociedade Dixital

Departamento de Sociedade e Talento Dixital

Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica- CeMIT

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541337/ 981545535

Email: amtega@xunta.gal

https://amtega.xunta.gal/

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

08/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes de subvención iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 4 de outubro de 2024, incluído. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que, de forma preceptiva, deba efectuar o órgano instrutor.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo IV).

b) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo anexo V).

c) Acordo adoptado validamente en que se aprobe a realización da actuación obxecto da petición de axuda.

d) Informe técnico de renovación (modelo anexo VI) subscrito por titulado ou titulada competente en materia de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), en que se indicará a tipoloxía de actuación en que se encadra a axuda solicitada, descrición da actuación subvencionable, contía máxima da axuda solicitada e o orzamento aprobado dos seus honorarios profesionais.

e) Orzamento desagregado (modelo anexo VII) aprobado polo promotor á empresa instaladora de telecomunicacións rexistrada para a execución da actuación acordada; orzamento que será realizado con base no previsto no informe técnico de renovación antes citado.

f) Consulta descritiva e gráfica de datos catastrais do inmoble en que se van a levar a cabo as actuacións, que acredite o uso e o seu ano de conclusión, debendo dar cumprimento ao disposto no artigo 3 das presentes bases reguladoras.

g) Copia de documento que acredite a titularidade da conta bancaria onde se realizará o aboamento da subvención.

h) Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o indicado no artigo 9.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante, de ser o caso.

c) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 26 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2024).

    • Extracto da Resolución do 26 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2024).

    • Resolución do 6 de setembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2024, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (DOG nº 176 do 12 de setembro de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano