Guía de procedementos e servizos

AP100A

Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 10/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

Regular o procedemento de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (código de procedemento AP100A) do persoal laboral fixo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria procedente do extinto Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Poderá exercer a opción para integrarse como persoal laboral da Xunta de Galicia o persoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria procedente do Instituto Galego da Calidade Alimentaria. 

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545230

Fax: 981545229

Email: direccion.xeral.emprego.publico@xunta.gal

Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

10/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59

Quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se xunta no anexo I.

a) Ter un contrato laboral fixo co Instituto Galego da Calidade Alimentaria, formalizado tras un proceso de selección realizado baixo os principios constitucionais de publicidade, mérito e capacidade, de conformidade co previsto na normativa vixente no momento da súa incorporación.

b) Ter a titulación establecida no anexo II e cumprir os requisitos exixidos para o acceso ao grupo e á categoría de homologación do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

c) Estar en situación de servizo activo ou en situación que orixine dereito á reserva de praza ou posto.

Non poderá exercer a opción para integrarse como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia o persoal vinculado ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria por un contrato de alta dirección ou mediante unha relación laboral de carácter temporal ou indefinida non fixa. Igualmente, tampouco poderá exercer o dereito de opción o persoal de carácter eventual ou alto cargo que non tivese a condición de persoal laboral do Instituto.

A non opción pola integración activará os efectos previstos no artigo 9.3 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción.

Solicitude.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

a) Contrato de traballo como persoal laboral fixo do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

b) Títulos oficiais universitarios.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Certificado das retribucións percibidas no ano anterior á data de publicación desta orde, detallado por conceptos e mensualidades.

e) Resolución de concesión da situación administrativa da persoa solicitante que se atope nunha situación distinta da de servizo activo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no espazo correspondente habilitado no formulario e presentar os documentos preceptivos. Cando a normativa aplicable o exixa, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos, solicitarase ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción (DOG nº 112 do 13 de xuño de 2012).

    • Corrección de erros. Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2012).

    • Orde do 27 de maio de 2025 pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia da Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego da Calidade Alimentaria (DOG nº 108 do 9 de xuño de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR803B

Desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestacion de servizos transnacional.

Aberto todo o ano

AP202A

Intregración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 20/02/2023 00:00 - 10/03/2023 23:59

AP505A

Participación nos procesos de funcionarización dende a situación de excedencia voluntaria ou excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración Pública.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 30/12/2023 00:00 - 01/04/2024 23:59

AP522U

Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos reservados a persoal funcionario de integrantes das listas de categorías profesionais equivalentes.

Prazo pechado: 19/10/2021 00:00 - 18/11/2021 23:59