Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

TR301V - Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, e, en calquera caso, antes do 15/12/2016.

Prazo de resolución : Treis meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • Para ter dereito a calquera das subvencións reguladas nesta orde, deberá achegarse:
    • Copia do DNI/NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade (SVDI), segundo o formulario do anexo I.
    • Acreditación documental do enderezo de intermediación laboral, emitida pola correspondente oficina de emprego, na data que figura na carta de selección ou da autorización da convocatoria pública da acción formativa, ou autorización para consultalo.

      Ademais, deberá achegarse a documentación complementaria que se sinala nos seguintes puntos, en función do tipo de subvención en concepto de bolsa ou axuda que se solicite.
  • Bolsa de asistencia:
    • Acreditación documental da discapacidade emitida polo órgano competente, no caso de que non autorice a súa consulta, ou documentación acreditativa de ter asinado un itinerario personalizado de inserción, segundo o caso.
    • Acreditación documental do empadroamento ou, na súa falta, da convivencia, expedidos polo concello, onde se indique as persoas que conviven no enderezo de residencia, ou autorización da comprobación dos datos de residencia da persoa solicitante, segundo se recolle no anexo I, e, se é o caso, da residencia das demais persoas que convivan no mesmo enderezo, empregando o formulario do anexo II.
    • Copia do libro de familia ou, no caso de persoas estranxeiras sen libro de familia, calquera documentación que acredite de forma suficiente o grao de parentesco.
    • Declaración responsable, recollidaa no anexo I, que irá acompañada da correspondente acreditación documental, de que a suma das rendas das persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia sexa inferior ao 75 % do Iprem.
  • Axudas de transporte, manutención e manutención e aloxamento:
    • a) Axuda de transporte público urbano: declaración responsable, incluída no anexo I, na cal se expliciten a/s liña/s de transporte público que precisan utilizar para asistir á acción formativa.
    • b) Axuda de transporte público interurbano: declaración responsable, contida no anexo I, facendo mención á/s liña/s de transporte público que cómpre empregar para asistir á acción formativa.
    • c) Axuda de transporte en vehículo propio: declaración responsable, que se contén no anexo I, de que non existe medio de transporte público entre o seu domicilio e o do centro ou de que este transporte non ten un horario regular que permita compatibilizalo co da acción formativa, ademais de indicar o número de matrícula do vehículo que utiliza, así como os quilómetros realizados diariamente.
    • d) Axuda de manutención: certificación emitida polo centro de formación de que o horario de impartición é de mañá e tarde.
    • e) Axuda de aloxamento e manutención: declaración responsable, contida no anexo I, de que a persoa solicitante, durante o tempo en que teña lugar a acción formativa, se vai aloxar na localidade en que esta se imparta e acreditación documental do custo real do dito aloxamento e manutención, por medio do contrato de arrendamento ou da factura de hospedaxe, así como das facturas pola manutención.
  • Axuda á conciliación:
    • Acreditación documental da dependencia, emitida polo órgano competente ou resolución xudicial, segundo proceda. No caso de recoñecemento da dependencia expedido pola Xunta de Galicia, poderase substituír a presentación da acreditación pola autorización da súa consulta.
    • Acreditación documental do empadroamento ou, na súa falta, certificado de convivencia, expedidos polo concello, onde se indique as persoas que conviven no enderezo de residencia, ou autorización da comprobación dos datos de residencia da persoa solicitante, segundo se recolle no anexo I, e, se é o caso, da residencia das demais persoas que convivan no mesmo domicilio, empregando o formulario do anexo II.
    • Copia do libro de familia ou, no caso de persoas estranxeiras sen libro de familia, calquera documentación que acredite de forma suficiente o grao de parentesco.
    • Declaración responsable, que se recolle no anexo I, xunto coa correspondente acreditación documental, de que a suma das rendas das persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia sexa inferior ao 75 % do Iprem.
  • Axuda para mulleres vítimas de violencia de xénero: sentenza condenatoria, certificación da orde de protección ou medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola persoa titular da secretaria xudicial da propia orde de protección ou medida cautelar, informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a condición de vítima de violencia de xénero ou informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios, segundo sexa o caso.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
  • Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia que figura como anexo I á presente orde, xunto coa documentación xustificativa exixida para cada unha das subvencións solicitadas.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL.
San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545644 / 981957881 Fax: 981544604
Información web: http://traballo.xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

R/ Airas Nunes, s/n (Conxo)
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881997803 / 881997807 Fax: 881997800
Información web: https://cntg.xunta.es/web/cnt/home

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 A CORUÑA
Teléfono: 881881566 / 881881558 Fax: 881881576

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

Servizo de Orientación e Promoción Laboral
Ronda da Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294263 / 982294256 Fax: 982294282

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

Servizo de Orientación e Promoción Laboral
Avda. da Habana, 79 - 6º
32071 OURENSE
Teléfono: 988386105 / 988386225 Fax: 988386829

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Servizo de Orientación e Promoción Laboral
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 VIGO
Teléfono: 986817064 / 986817087 Fax: 986817621

Desde o resto do territorio español: 902 12 00 12

Versión en formato PDF

A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, así como nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, no marco da formación de oferta da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Tamén se inclúen as subvencións en concepto de bolsas e axudas derivadas da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos.

Beneficiarios:

As persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.

Para os efectos do anterior, terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa, se esta é posterior á data de inicio do curso, e que non rexeitasen ofertas de traballo adecuadas nin se negasen a participar en actividades de promoción, formación ou reconversión profesional nos tres meses anteriores ao inicio da acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, sendo ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, adquiran a condición de desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o desenvolvemento da acción formativa. Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de desempregado.

No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.

Requisitos:

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para ter dereito a calquera das subvencións en concepto de bolsas e axudas reguladas neste artigo será requisito imprescindible que o curso teña unha duración igual ou superior a catro horas diarias e vinte semanais.

As subvencións reguladas nesta orde son todas compatibles entre si, agás a de transporte público coa de transporte privado, e a de transporte privado coa de aloxamento e manutención.

AUTONÓMICA

Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2016 (DOG nº 127 do 6 de xullo de 2016).

Anexos asociados

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional