Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SI449A - Axudas a asociacións de nais e pais do alumnado para a realización de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal e familiar.
Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas ás asociacións de nais e pais de alumnas e alumnos (ANPAS) legalmente constituídas, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que teñan como fin contribuír á conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante o curso escolar 2015/16.
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
Programas de actividades extraescolares subvencionables.
1. Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como á concienciación contra a violencia de xénero. Co dito fin primarase na valoración das solicitudes a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade, fomentar a corresponsabilidade e o respecto mutuo, e a prevención da violencia de xénero.
b) As actividades realizaranse nas dependencias do centro educativo e fóra do horario lectivo, de luns a venres durante o curso escolar 2015/2016 e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade, será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.
c) A programación das actividades será en horario continuado desde a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.
d) As actividades que formen parte do programa centrarase en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.
e) Cada actividade dirixirase obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales, polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido, en particular, cando se trate de centros escolares situados en concellos rurais cualificados como zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP) ou cando se trate de centros de educación especial.
Para estes efectos e para os demais previstos nesta resolución, só se terán en conta ás alumnas e alumnos participantes pertencentes a unidades familiares con ingresos non superiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o 2015, límite que se incrementa nun 15% máis cando se trate de familias monoparentais ou de familias numerosas.
2. Os programas achegados deberán considerar expresamente de que xeito se van atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.
3. Queda expresamente excluído desta convocatoria a prestación do servizo de comedor, así como calquera outro gasto en concepto de alimentos.
4. Cada asociación de nais e pais só poderá presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria.
5. Serán gastos subvencionables os derivados da execución do programa de actividades extraescolares obxecto de subvención, referidos a custos directos de persoal e outros custos directos e custos indirectos relacionados no artigo 6 desta resolución.
Para a determinación do importe do gasto subvencionable aplicase o sistema de custo simplificado segundo baremo estándar consonte ao disposto no artigo 67.1.b) e 5.a) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. O método utilizado é o de custo unitario por hora de asistencia ás actividades extraescolares das nenas e nenos procedentes de unidades familiares que non superen o límite de ingresos establecido na letra e) do punto 1 do artigo 5 desta resolución.
O custo unitario por hora de asistencia por alumna/o será de 1,10 , co limite de 144 días por actividade.
6. A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta convocatoria é de 6.000 .
O importe da axuda calcularase aplicando ao gasto subvencionable segundo o custo unitario por hora de asistencia por alumna ou alumno, a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 11 desta resolución, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.
De ser o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade das horas de asistenciaás actividades extraescolares ou o número de nenas e nenos que se fixeron constar na solicitude.
En todo caso, non xerarán dereito ao cobramento e procederá a revogación da axuda cando non se acade o número mínimo esixido, segundo o establecido na letra e) do apartado 1 do artigo 6 desta Resolución.
Gastos subvencionables.
Serán gastos subvencionables os derivados da realización do programa de actividades extraescolares obxecto de subvención, correspondentes as seguintes categorías e conceptos:
1. Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que polo tanto se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.
a) Gastos directos de persoal: serán subvencionables ás retribucións correspondentes aos monitores que desenvolven ás actividades extraescolares, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e a cotización á seguridade social a cargo do empregador.
b) Outros gastos directos: serán subvencionables a elaboración ou adquisición de material didáctico ou doutros materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade; e os gastos de seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas directamente da actividade subvencionada, en particular, seguro de accidentes e póliza de responsabilidade civil, se é o caso.
2. Gastos indirectos: gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á operación subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento: gastos en bens consumibles e en material funxible.
3. En todo caso, os programas de actividades extraescolares que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento UE 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.
4. Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.
Así mesmo, non terán a consideración de subvencionables aqueles outros gastos que non respondan as categorías e conceptos expresamente recollidos nos puntos 1 e 2 do artigo 6 desta Resolución.
5. Para os efectos desta resolución, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles nos que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de profesionais, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.
Así mesmo, entenderase que non hai subcontratación total na súa execución sempre que a entidade beneficiaria reserve para si a organización, a xestión e o seguimento das actividades para os cales se solicita a subvención, circunstancia que deberá acreditarse cando o servizo se contrate cunha única empresa.
Non obstante o anterior, cando de acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o importe de cada un dos gastos subvencionables supere os 9.000 , a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número delas que as realicen ou subministren, ou que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
As asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPAS) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións.
a) Estar legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.
Todos os requisitos e condicións esixidas deberán cumprirse na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881255
Fax: 981182352
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262
Fax: 982889169
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense
Avda. da Habana, 79
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386799
Fax: 988386843
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8-1
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817820
Fax: 986817399
Secretaría Xeral da Igualdade
Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE ....
Corrección de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), ....
Prazo de presentación: PECHADO
31/12/2015 00:00 - 30/01/2016 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
- a) Anexo I: solicitude debidamente cuberta e asinada pola persoa que teña representación para actuar en nome da ANPA.
b) Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade debidamente dilixenciados, salvo que xa estea en poder da Secretaría Xeral da Igualdade, circunstancia que haberá que facer constar expresamente identificando o procedemento no que consta.
c) Documentación acreditativa da representación que ostenta a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da ANPA.
d) Fotocopia compulsada do NIF da ANPA, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, e do DNI da persoa que actúa na súa representación, no suposto de que non se autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda e Administracións públicas, de conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
e) Certificado da dirección do centro educativo que acredite a súa conformidade para o desenvolvemento das actividades nas instalacións do centro.
f) Anexo II: declaración do gasto elixible segundo custo unitario polo número de horas estimadas de asistencia ás actividades extraescolares polas nenas e nenos procedentes de unidades familiares que non superen o límite de ingresos establecido na letra e) do artigo 5.1.
g) Anexo III: memoria descritiva do programa de actividades extraescolares para o que se solicita a axuda, debidamente asinada pola persoa que ostenta a representación da entidade solicitante. Na memoria debera constar, entre outros, a identificación do programa e da persoa ou persoas da ANPA responsables da súa coordinación e seguimento; centro escolar onde se van a realizar; data de inicio e fin da programación; xustificación e descrición do programa, recollendo expresamente como se integra o fomento da igualdade entre os xéneros masculino e feminino e como se atenden as necesidades de nenas e nenos con discapacidade; relación das actividades que se van a desenvolver con indicación do lugar, datas e horario de realización; nº estimado de nenos e nenas participantes en cada unha delas, segundo o límite de ingresos indicado no artigo 5.1; contidos e metodoloxía; perfil e relación das persoas monitoras que van a participar directamente na execución da actividade; medios materiais; sistema de avaliación; se é o caso, a descrición de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade, fomentar a corresponsabilidade e o respeto mútuo, e a prevención da violencia de xénero; medios materias; obxectivos e resultados esperados, en particular, os directamente vinculados á mellora das expectativas persoais e laborais pola participación dos seus fillos e fillas nas actividades extraescolares co fin de conciliar a vida laboral e privada.
Na memoria tamén se teñen que recoller as actividades extraescolares levadas a cabo pola ANPA para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nos últimos tres cursos.
h) Calendario semanal de realización das actividades (anexo IV).
i) Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude ou para maior detalle na descrición do programa mediante a presentación dunha memoria complementaria a efectos de ampliar a información requirida no anexo IV e cuxa extensión non poderá exceder de 6 folios.
- No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"