Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

PR526A - Inscrición no rexistro oficial de socorristas acuáticos de Galicia.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

O día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : 3 meses

Sentido do silencio administrativo : Positivo

  • As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de inscrición segundo o modelo normalizado que figura como anexo III ao presente decreto, dirixida á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e acompañada da seguinte documentación:
    • Declaración responsable segundo o modelo normalizado que figura como anexo IV. Enténdese por declaración responsable o documento subscrito polo interesado en que manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que acompañe ou se incorpore a unha declaración responsable determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas en que se puidese incorrer.
    • Fotocopia do DNI ou documento que acredite a identidade da persoa solicitante ou autorización á Agasp para a consulta dos datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve.
    • Dúas fotos tamaño carné.
    • Documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos.
    • Documentación xustificativa do pagamento das taxas correspondentes.
  • A inscrición en cada unha das seccións do rexistro debe renovarse cunha periodicidade de catro anos.
  • Para a renovación da inscrición, tanto o persoal socorrista en instalacións acuáticas (piscinas e instalacións acuáticas) coma o persoal socorrista en espazos acuáticos naturais (praias e augas interiores) da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá actualizar cada catro anos a formación adquirida, mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua dunha duración mínima de catro horas sobre cada un dos módulos teórico-prácticos asociados ás unidades de competencia, recollidos nos anexos I e/ou II do presente decreto.
  • As solicitudes de renovación da inscrición faranse no modelo normalizado que figura como anexo III ao presente decreto, e cos mesmos requisitos de documentación e forma de presentación que se mencionan para as solicitudes de inscrición no artigo 7 do presente decreto.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA - AGASP

Servizo de formación en emerxencias
Avda. da Cultura, s/n - 36680 A Estrada - Pontevedra
Teléfono: 886206137 Fax: 886206123
Email: agasp@xunta.es

O presente decreto ten por obxecto regular a formación mínima que deberán reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios:

1. Este decreto será de aplicación aos/ás socorristas que exerzan a súa actividade en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teñan a obriga de ter un/unha ou máis socorristas con titulación suficiente en materia de salvamento e socorrismo acuático.

2. Para os efectos deste decreto enténdese por:
a) Instalacións acuáticas: as piscinas convencionais de uso público ou privado, as piscinas naturais, os parques acuáticos, os balnearios e instalacións análogas dedicadas á actividade acuática, independentemente de que sexan xestionadas por concellos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo, comunidades de veciños ou afíns.
b) Espazos acuáticos naturais: as praias marítimas e fluviais, os ríos, os lagos e os encoros, independentemente de que sexan xestionados por concellos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo, portos deportivos, clubs e federacións con actividade no medio acuático ou afíns.

Requisitos:

Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia presentando a preceptiva declaración responsable e que dispoña da correspondente habilitación profesional.

Inscrición.
No Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia figurarán aquelas persoas que o soliciten e acrediten estar en posesión da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, aprobada polo Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro (BOE do 9 de marzo) ou/e da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, aprobada polo Real decreto 1521/2007, do 16 de outubro (BOE do 1 de decembro), dependendo do ámbito en que vaian desenvolver a súa actividade.

Formación mínima.
1. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en instalacións acuáticas, que suporá a inscrición na sección socorristas en instalacións acuáticas, poderá obterse por calquera das seguintes vías:
a). Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas (AFDP0109), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.
b). Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
c). Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento, que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

2. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en espazos acuáticos naturais, que suporá a inscrición na sección socorristas en espazos acuáticos naturais, poderá obterse por calquera das seguintes vías:
a). Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.
b). Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en espazos acuáticos naturais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
c). Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

AUTONÓMICA

Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional