Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

IN532A - Axudas renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores) e se procede á súa convocatoria para o ano 2016

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 20/01/2016 - 20/04/2016.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • Xunto coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:
  • Documentación administrativa:
    • Formulario normalizado de solicitude composto polo anexo II debidamente asinado. De conformidade co artigo 13º.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o/a presidente/a terá a representación da comunidade neste procedemento e será o asinante da documentación.
    • Anexo II: modelo normalizado de solicitude que inclúe:
      • Datos identificativos do solicitante e do investimento.
      • Declaración de que os datos que figuran na solicitude, nos seus anexos e demais documentación son certos.
      • Declaración expresa de que coñece e admite as condicións da convocatoria e cumpre cos requisitos establecidos nela.
      • Declaración expresa de que os provedores non están vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións previstas no número 7 do artigo 27 da Lei 9/2007, nin no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da antedita lei.
      • Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007.
      • Declaración responsable de que o número da conta bancaria onde se debe realizar o pagamento é certo e ten como titular a comunidade beneficiaria da subvención.
      • Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto e conceptos procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
  • Documentación xurídico-administrativa da comunidade solicitante:
    • NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto.
    • Acta onde conste o acordo da xunta de propietarios, coa maioría legalmente establecida, para solicitar a subvención ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto.
    • No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Documentación xustificativa dos investimentos:
    • Memoria descritiva das actuacións subvencionables realizada pola empresa mantedora/conservadora na cal se xustifiquen os aforros enerxéticos ou o incremento da seguridade. A devandita memoria deberá incluir, como mínimo:
      • Inmoble: número de vivendas, número de andares servidos polo ascensor (paradas) e número de ascensores que traballan en paralelo, incluído o propio ascensor renovado.
      • Descrición detallada das actuacións que se van realizar.
      • Características do ascensor existente e do posterior, logo da súa renovación.
      • Cálculos que xustifiquen a redución do consumo enerxético ou xustificación do incremento na seguridade.
    • Orzamento desglosado e detallado dos investimentos por ascensor.
    • Cando resulte de aplicación, segundo o indicado no punto 2 do artigo 2, copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberase indicar o motivo.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel (orixinal ou copia compulsada) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas
    entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición dos persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981957187 / 981545572 Fax: 981957192
Email: cei.sxai@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

Para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas

1. Terán a consideración de actuacións subvencionables a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade.

Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados que conten co rexistro de aparello elevador (RAE).

2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á naturaleza da actividade subvencionada.

Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, presupostados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2016). Todos os investimentos obxecto de axuda deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables a partir da data de xustificación do investimento.

Consideraranse subvencionables os custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados para a reforma e posta en servizo do ascensor, de xeito que este quede operativo. Estes gastos deberán corresponder de maneira indubitativa coas actuacións subvencionables.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, preste ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que haberá de achegarse coa solicitude de subvención, se realizará conforme a criterios de eficiencia y economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Non se considerarán subvencionables:

– Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento

– Os gastos realizados en bens usados.

3. Os traballos deberán realizarse por empresas mantedoras/conservadoras habilitadas de acordo coa lexislación vixente en materia de ascensores e, de ser o caso, deberá contar co correspondente proxecto técnico de modificacións esenciais.

4. Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor.

5. Non se considerarán subvencionables aqueles conceptos das facturas que non se poidan facer corresponder, dun xeito inequívoco, cos considerados como subvencionables.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios da subvención as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2º e 5º da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal. Todo isto, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas presentes bases así como os que fundamenten a concesión e os que se prevexan nesta orde e na normativa aplicable. Non poderá disolverse a comunidade ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obrigas dos beneficiarios

1. Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente, no prazo establecido no artigo 14, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que podan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres podan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais os beneficiarios deben estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e no ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

AUTONÓMICA

Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores) e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2015).

AUTONÓMICA

Orde do 14 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos II e III da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 11 do 9 de xaneiro de 2016).

AUTONÓMICA

Orde do 14 de xuño de 2016 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 128 do 7 de xullo de 2016).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (20/01/2016 - 20/04/2016)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional