Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

ED312D - Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Forma presentación

Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 06/02/2017 - 15/02/2017.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

  • 1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.

    2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

    3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

    4. Ás solicitudes xuntaráselles copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante (só en caso de denegar a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade). En caso de non dispor de DNI ou de NIE será preciso achegar o pasaporte ou un documento de identificación da Unión Europea.

    5. En caso de solicitar proba adaptada xustificarase de acordo co disposto no artigo 9 desta orde.

    6. En caso de solicitar exención dalgunha/s parte/s da proba, xustificarase de acordo co disposto nos artigos 35, 36 e 37 desta orde, segundo o caso.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL

SERVIZO DE XESTIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781 A CORUÑA
Teléfono: 881997408 / 881997407 Fax: 981546550
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Información web: http://www.edu.xunta.es/fp

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCION EDUCATIVA DE A CORUÑA
Vicente Ferrer, 2
15008 A CORUÑA
Teléfono: 981184731 Fax: 981184792

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCION EDUCATIVA DE LUGO
Ronda Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294212 Fax: 982294214

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCION EDUCATIVA DE OURENSE
Rúa do Concello, 11 - 6º
32003 OURENSE
Teléfono: 988386615 Fax: 988386788

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCION EDUCATIVA DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 986805918 Fax: 986805699

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2017.

Beneficiarios:

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Requisitos:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

AUTONÓMICA

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017 (DOG nº 4 do 5 de xaneiro de 2017).

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional