Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

BS303F - Prazas xuvenís, programa campaña de verán (Múltiple).

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 09/04/2016 - 23/04/2016.

15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

  • No caso das persoas que cumpran os requisitos e queiran presentar unha solicitude múltiple, deberán empregar o formulario que se incorpora como anexo III da orde (procedemento BS303F).

    Tanto no procedemento xeral como no de inclusión, a solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. Os/as menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación á dos/as irmáns/ás.

    Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.

    Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

    O incumprimento do disposto nesta alínea por unha das persoas participantes, suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude. Estas solicitudes teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera, pero no momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.
  • Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:
    • a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A, B e C, desta orde.
    • b) Os datos do/a solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos/as os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.
    • c) As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes.
    • d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.
    • e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas as dúas, quedando o/a solicitante fóra do sorteo.

      Transcorrido un mes desde a publicación da orde, a persoa interesada deberá comprobar, na páxina web: www.xuventude.net, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do/a pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ninguna.
  • Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, na xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no caso das actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte documentación:
    • Xustificación de pagamento.
    • Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante no caso de que o/a pai/nai ou representante legal do/a menor interesado/a non autorice expresamente, no formulario de solicitude, a comprobación de datos por medio do acceso electrónico ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Se o /a menor non dispuxera de DNI deberá achegarse a copia da folla correspondente do libro de familia.
    • Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
    • Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).
    • Declaración responsable de que sabe nadar.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

INSTITUTO DA XUVENTUDE DE GALICIA

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881999025 / 881999194

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 A CORUÑA
Teléfono: 881881240 / 881881241

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27001 LUGO
Teléfono: 982294224 / 982294251

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 OURENSE
Teléfono: 988386120 / 988386116

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
Concepción Arenal, 8, 1º andar
36201 VIGO
Teléfono: 986817078 / 986817781

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2016 que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web www.xuventude.net

Servizos ofertados.

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión do/a participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Beneficiarios:

Os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

Os/as adxudicatarios/as das prazas están obrigados/as:
1. A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
2. A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia dos/as pais/nais ou titores/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.2 desta orde.
3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia.
4. A praza é intransferible.

Requisitos:

En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2016, cómpre destacar o seguinte:
- Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
- Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade infecto contaxiosa en fase activa nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.

Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

AUTONÓMICA

Orde do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Orde do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 68 do 11 de abril de 2016).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (09/04/2016 - 23/04/2016)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional