Xacobeo 21-22 e Camiño de Santiago

Dentro do programa "O teu Xacobeo" a Xunta de Galicia abre unha convocatoria de subvencións destinadas a novos proxectos de dinamización do Xacobeo 21-22. Estas axudas están dirixidas a entidades locais, entidades privadas e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que presenten iniciativas no ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.

Esta nova liña vén a sumarse a outras axudas, servizos, premios ou procedementos que o goberno autonómico ten dispoñibles para a promoción dos Camiños de Santiago en ámbitos como a rehabilitación de vivendas, a renovación urbana ou a creación audiovisual e en actuacións de mellora de infraestruturas turísticas.

Xacobeo 21-22 e Camiño de Santiago

Tamén lle pode interesar...