Fomento da igualdade
As entidades locais poden solicitar as axudas e subvencións dos distintos programas que a Administración autonómica ten dispoñibles para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural.
Tamén as entidades sen ánimo de lucro teñen dispoñibles liñas de axuda específicas en materia de igualdade para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero ou de proxectos de atención social integral a persoas en situación de explotación sexual.
Pola súa banda, as mulleres poden, entre outras, concorrer a axudas como a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Todas estas accións forman parte dos instrumentos que o goberno galego ten dispoñibles para a promoción da igualdade, a prevención da violencia de xénero e a consolidación dos servizos de atención integral de información e asesoramento a mulleres.
