Galicia exterior
A Xunta de Galicia, en materia de emigración, establece como unha das súas áreas de actuación prioritaria a asistencia sociosanitaria digna para todas as persoas galegas residentes no exterior, mediante, entre outros, o "Programa de axudas económicas individuais", que ten como obxectivo contribuír a paliar a carencia de medios económicos para poder afrontar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Xunto a estas axudas, convócanse anualmente outras liñas de apoio dirixidas tanto a galegos e galegas residentes no exterior, como a persoas emigrantes galegas retornadas ou as entidades galegas no exterior. O obxecto destas é promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia, e dinamizar a acción cultural, social, económica... dos Centros Galegos na diáspora.
