Apoio ás pemes
As pequenas e medianas empresas son parte fundamental do tecido empresarial galego. A administración autonómica dispón de diferentes programas que tratan de promover a implantación e o crecemento das pemes, así como a súa modernización e expansión.
Vehiculadas principalmente a través do Igape pero tamén doutros organismos autonómicos, existen varias liñas centradas en favorecer o acceso ao financiamento, mediante préstamos, avais, financiamento de circulante e investimentos etc. Xunto a estas, actívanse programas para favorecer a innovación mediante contratación de profesionais ou servizos especializados, liñas de fomento da contratación e outras destinadas a empresas de ámbitos concretos, como o rural e o marítimo.
