Apoio ao emprendemento
Entre as ferramentas de apoio á creación de novas empresas das que dispón a Xunta de Galicia, atópanse varias liñas de axuda para o fomento do emprendemento que procuran impulsar o nacemento de novos proxectos empresariais e a participación nesas iniciativas de persoas de colectivos prioritarios, como mulleres, xente nova e persoas emigrantes retornadas.
As medidas especificamente dirixidas a emprendedores e emprendedoras compleméntanse coas destinadas a pequenas e medianas empresas e a profesionais autónomos, para en conxunto ofrecer solucións a aspectos tan importantes como o acceso ao crédito, a conciliación laboral e familiar, a contratación, a innovación etc.
Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Bonos de Innovación).
Programa Ignicia proba de concepto.
Axudas ao emprendemento.
Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis.
Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Programa EMEGA
Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma
Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.
Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo FEAGA.
Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Bonos de Innovación).
Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
Axudas enmarcadas no programa iniciativa xove.