Pódese verificar que unha presentación dunha solicitude finalizou correctamente?

Se o proceso finalizou correctamente poderá descargar, no seu espazo persoal "A miña sede", tanto a solicitude asinada polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia como o xustificante de presentación que incluirá: os datos do número de entrada no rexistro, a data e hora de presentación, o destino e un resumo electrónico da solicitude e a documentación electrónica que se achegou.

Pode atopar máis información en "Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?".