Requisitos técnicos
Para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións
Con carácter xeral, os requisitos técnicos dos procedementos para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións varían en función do sistema operativo utilizado:
S.O. Windows (probado con Windows 7/10)
- Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer (na súa versión 11), Firefox ou Chrome
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
- Chave365
- Certificado electrónico instalado no navegador ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta sempre que teña instalado Autofirma para Windows (32 bits ou 64 bits). Pode descargar aquí o manual de instalación
S.O. MAC (probado con OSX 10.11)
- Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
- Chave365
- Certificado electrónico instalado no navegador ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta (só con Firefox) sempre que teña instalado Autofirma para MAC. Pode descargar aquí o manual de instalación
S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)
- Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
- Chave365
- Certificado electrónico instalado no navegador ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta (só con Firefox) sempre que teña instalado Autofirma para Linux. Pode descargar aquí o manual de instalación
Outros requisitos
Algúns formularios teñen requisitos técnicos específicos que se mostrarán nunha xanela que se abrirá ao iniciar a presentación. Estes requisitos están a eliminarse progresivamente en todos os formularios para garantir o seu funcionamento cos navegadores e sistemas anteriormente indicados.
Se desexa coñecelos previamente, son os seguintes:
S.O. Windows (probado con Windows 7/10)
- Debe empregar o navegador Internet Explorer na súa versión 11
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica:
Debe ter instalado o visor Acrobat Reader (versión 8.0 ou superior) para poder visualizar e cubrir correctamente eses formularios. Para iniciar a tramitación dun procedemento na sede electrónica, o documento PDF debe abrirse integrado no propio navegador. Pode consultar na web de Adobe como abrir o PDF no navegador.
Requisitos comúns
- Con independencia do procedemento, se fose necesario xuntar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido para o conxunto de ficheiros, que será de 100 MB (xa sexan un ou máis ficheiros). Consulte "Como podo presentar documentos de gran tamaño ou noutros formatos?"
- Algúns antivirus non permiten a utilización do certificado electrónico por parte da aplicación de sinatura Autofirma. Se, despois de comprobar que o seu certificado electrónico é válido (pode facelo nesta ligazón), tivese problemas para realizar a sinatura electrónica, revise a configuración do seu antivirus e volva a intentalo.
Lembre que, para calquera procedemento que vaia realizar serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite, as que teñen validez legal.
Outros servizos da sede
O resto dos servizos da sede electrónica unicamente requiren da súa identificación utilizando a súa clave de acceso de Chave365 ou calquera dos certificados aceptados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.