Novidade | 24/05/2020 | 08:20

Amplíase por 3 meses o período de validez de Chave365 e a posibilidade de rexenerar as claves de forma non presencial

Durante a vixencia do estado de alarma acordouse a aplicación a Chave365 dunha serie de medidas excepcionais que, polas circunstancias actuais, se considera necesario prorrogar.

Así, e través da Orde do 22 de xuño de 2020, acórdase adaptar o procedemento de xestión das claves concertadas á situación da nova normalidade derivada da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19.

Desta forma:

  • Amplíase o período de validez do mecanismo de claves concertadas para aquelas persoas ás que ese período de validez lles remate nos tres meses posteriores a finalización do estado de alarma e durante tres meses.
  • Habilítanse mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso en caso de que se produzan bloqueos ou a súa caducidade. A tal fin, e no caso de de ser necesario, aos/as cidadáns poderán empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente) ou do 012.
Novidade