Novidade | 18/05/2020 | 08:20

A alta en Chave365 pode realizarse de forma presencial solicitando cita previa

Durante a vixencia do estado de alarma pode realizar a alta en Chave365 presencialmente nos rexistros xerais localizados nos edificios administrativos da Xunta de Galicia nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol.

Para isto, debe solicitar cita previa en https://www.xunta.gal/solicitude-cita-previa 

A atención ao público nos devanditos rexistros será en horario de 9.00 a 14.00 horas e as citas previas deberán solicitarse cun mínimo de 24 horas de antelación.

Novidade