Novidade | 05/08/2019 | 08:00

O 66% das persoas que participaron na enquisa de valoración da sede considera "bo" ou "moi bo" o proceso de presentación

As persoas que realizaron algunha presentación electrónica entre o 9 de marzo e o 9 de abril de 2019 tiveron a posibilidade de cubrir unha enquisa na que se lles solicitaba a súa colaboración para contribuír á mellora desta sede.

Así, ao rematar unha presentación, propúxoselles valorar o proceso nunha escala do 1 ao 5. O cuestionario incluía tamén a opción de engadir comentarios.

Das 73.714 presentacións electrónicas que se produciron neste período, rexistráronse un total de 41.653 respostas (o 57% do total). Destas últimas, 2.912 (un 4%) contiñan comentarios.

Os resultados obtidos (en base a unha valoración de 1 a 5 puntos na que 1 punto significaba "moi malo" e 5 "moi bo") foron os seguintes:

 

 

Xunto con estas valoracións, recibíronse tamén 2.912 comentarios (4% das enquisas) que permiten coñecer cales son as dúbidas ou problemas máis frecuentes cos que se atopan as persoas durante o proceso de presentación.

A información achegada a través destes comentarios ten un considerable valor informativo e será tomada en consideración para establecer un plan de mellora da sede electrónica, obxectivo final co que se elaborou esta enquisa.

Novidade