Intervención programada | Mon Oct 01 09:30:00 CEST 2018

Programado un mantemento que afectará o 6 de outubro ao uso de certificados emitidos por FNMT-Ceres

Con motivo dos próximos labores de mantemento que o provedor de servizos de certificación FNMT-Ceres realizará o día 6 de outubro entre as 9:00 e as 14:00 horas, pode verse afectado o acceso aos servizos desta sede empregando certificados dixitais emitidos polo devandito provedor.

Non se verá afectada a utilización de certificados emitidos por outros provedores de servizo de certificación nin tampouco a utilización de Chave365 para o acceso aos servizos dispoñibles nesta sede.

Desculpe as molestias.

Intervención programada Asociacións e ONGs Cidadáns Empresas e profesionais Entidades locais