Intervención programada | Thu Jun 14 12:10:00 CEST 2018

Programado un mantemento que afecta os días 16 e 23 de xuño á utilización de certificados emitidos por FNMT-Ceres

Con motivo dos próximos labores de mantemento que o provedor de servizos de certificación FNMT-Ceres realizará os días 16 e 23 de xuño entre as 9:00 e as 14:00 horas, pode verse afectado o acceso aos servizos desta sede empregando certificados dixitais emitidos polo devandito provedor.

Non se verá afectada a utilización de certificados emitidos por outros provedores de servizo de certificación nin tampouco a utilización de Chave365 para o acceso aos servizos dispoñibles nesta sede.

Desculpe as molestias que isto lle poida ocasionar.

Intervención programada Asociacións e ONGs Cidadáns Empresas e profesionais Entidades locais