Incidencia | Wed Feb 07 14:00:00 CET 2018

Problemas intermitentes na sinatura con Chave365

Algunhas persoas usuarias están tendo problemas para asinar solicitudes con Chave365, obtendo unha mensaxe de erro (Erro 354) despois de introducir a clave de sinatura.

Se é o seu caso, recomendámoslle que volva intentar a operación accedendo dende o menú “A miña sede” ou “A sede de…” á opción “Borradores”, e utilizando a opción “Presentar” ou “Continuar”.

Se o problema persiste, pregámoslle que se poña en contacto co soporte técnico eServizos para a súa revisión, indicando os datos relacionados dos que dispoña (procedemento, NIF).

Desculpen as molestias que isto lles poida ocasionar.

Incidencia